A desaparición das clases medias

As políticas de restrición orzamentaria actúan como multiplicadoras da caída da actividade empresarial e, xa que logo, do emprego e da recadación fiscal. Das resultas desta queda recadatoria o déficit non mellora, agrávase. No entanto se desenvolven estas políticas restritivas, os parados esgotan a prestación e camiñan cara a exclusión social, sen que o sistema público de benestar lles dea abeiro, porque a (i)lóxica da restrición orzamentaria recurta os servizos sociais (mesmo a axuda alimentaria e para a vivenda) xusto cando máis compren.
No eido da economía produtiva, cancélanse (case) todos os programas de investimento en infraestruturas e de pulo á actividade empresarial. Das resultas desta contracción, as pemes ven caer os seus mercados sen que se adopten medidas fiscais compensatorias, como o criterio de caixa, para só declarar o IVE cobrado, unha simplificación normativa do Imposto de Sociedades -máis progresividade, menos exencións e bonificacións- que faga pagar ás grandes Corporacións no canto dos grupos empresariais de mediana fasquía ou unha redución substancial das cotizacións sociais para o emprego creado e mantido por pemes. Mentres, o euro artificialmente aprezado lastra o turismo e as exportacións, que poderían ser pancas de recuperación nesta (i)lóxica da deflación interna (salarios e rendementos máis baixos).
Unha parte importante do aforro das familias (colleito en preferentes subordinadas) financiará o saneamento bancario, no canto de poder ser empregado na tesourería das familias, cobrindo onde o minguante Estado do Benestar non chega. Un saneamento bancario que, até agora, non foi quen de achegar os recursos que precisan as nosas pemes, nomeadamente para financiar o seu circulante.
A política da restrición agrava o ciclo recesivo. Detrae recursos públicos e privados para atender a débeda e sanear a banca e liquida o benestar social, a economía produtiva e ás clases medias, mentres instaura a exclusión social. A política da restrición pon en grave risco a convivencia democrática.

Don´t you want me, baby

Nunca fun persoa extremista nas cuestións lingüísticas e mesmo teño sido criticado por-seica- ser morno de máis neste asunto. Sempre confiei -e sigo a confiar- no que atinxe a promoción do galego nas ferramentas da convicción e respecto ás persoas e na obriga a respecto das Institucións. Ás persoas háselles tentar convencer e ás Institucións hai que lles esixir o máximo compromiso coa Lingua.
Coñecemos hai días a nova, malia que ocorrese no 2010, de que un Secretario de Xulgado non galego que leva varios anos vivindo en Galicia pedira a nulidade dunha multa de aparcamento do concello pontevedrés pretextando que non entendía un sinal que dicía “prohibido estacionar, agás de x a y”. E este feito sobarda todas as convencións da boa convivencia. Porque, como defende a maxistrada vasca Garbiñe Biurrun, esta caste de comportamentos son merecentes de reproche por falla de civismo e de cidadanía democrática. Porque xa non é defender o “non me interesa deprender a vosa lingua” senón que o que se nos di é “non vos quero” e “a vosa lingua é un dialectiño no que non se pode escribir nada que sexa científico nin normativo”. E iso, amigos e amigas, élles moi perigoso se o di un Secretario de Xulgado ou, en xeral, calquera funcionario público con certo mando.
Velaí que sexa urxente unha modificación normativa que acade a plena igualdade entre galego e castelán no que atinxe ao deber de coñecemento e, sobre todo, para que ningún residente poida pretextar descoñecemento do galego. E para isto abondaría con levar a Lei de Normalización do 1983 até o límite de constitucionalidade que determinou o TC canda o Estatut. Tampouco viría mal unha meirande comprensión da xurisprudencia a respecto da necesidade de normalizarmos o uso da lingua.

O Dépor si pode
Fernando Vázquez ten un plan. Semella que as vindeiras xornadas do calendario poderían traernos esa arelada redución da marxe de puntos precisos para chegarmos aos niveis da supervivencia. Mais o obxectivo da Lei Concursal é a sobrevivencia das empresas. As posibilidades de sobrevivencia do Dépor dependen nomeadamente de mantermos a categoría. E isto, dende logo, de que os empregados e xogadores cobren e de que os embargos todos fiquen sen efecto.

Saneamento a costa dos aforradores

Rajoy e Guindos definiron a contribución dos aforradores galegos, titulares de preferentes e subordinadas perpetuas de Caixa Galicia e Caixanova (hoxendía NCG Banco), á conta do saneamento bancario. Pagarán unha media do 43% do seu valor, pero o resto recibirano en accións, que non serán líquidas até xuño, cando o Fondo de Garantía de Depósitos llelas poida mercar cun desconto adicional. A festa sairá aló polo 50% do valor dos aforros cautivos nestes produtos híbridos, fronte ao 36-38% da perda de valor que sofrirán os titulares da mesma caste de produtos de Bankia.
Nesta altura, todos os axentes financeiros, políticos e institucionais saben xa que a comercialización das preferentes e subordinadas por Caixa Galicia e Caixanova tentou trasladar os depósitos a prazo dos aforradores (vencellados ás nosas Caixas por unha antiga relación de confianza) a esta caste de produtos, considerados recursos propios dunhas entidades que non podían vender capital por non seren sociedades mercantís. Entón, foi un proceso consciente para que os clientes minoristas das Caixas pasasen da cualidade de depositantes a prazo a unha caste de quaseaccionistas, sen dereitos políticos, pero sometidos aos riscos derivados do devir das entidades. E, agás moi contadas excepcións, foi un proceso sinalado pola falla de transparencia e a desinformación. Os aforradores galegos descoñecían que estaban a perder a plena liquidez e seguranza dos seus cartos. Velaí a potencial nulidade por vicios do consentimento de case todas as adquisicións desta caste de produtos.
Entón, é a hora dos xuíces.
Da formalización individual e colectiva das accións xudiciais de nulidade que restablezan a estes aforradores nos seus dereitos. E, tamén, segue ser a hora da política, para acadarmos a solución do maior número posíbel dos trinta mil casos de arbitraxes pendentes.
Porque transladarlle aos aforradores galegos o custo dun saneamento bancario que, até de agora, se ten revelado inútil para restablecer a billa do crédito ás empresas e familias vulnera as normas básicas da convivencia democrática. E amosa a absoluta falla de alicerces éticos da política desenvolvida polo Goberno Rajoy.

Máis democracia

A democracia esixe moito máis ca votar polos representantes -quer locais ou autonómicos, quer estatais ou europeos- cada catro anos. Esixe da liberdade, é dicir dun marco xurídico estábel e operativo que garanta os dereitos fundamentais e liberdades públicas. Mais tamén esixe da cohesión e da inclusión social, coordinando os dereitos de propiedade e libre empresa cun sistema mixto de prestacións e servizos públicos que eviten a pobreza e a exclusión e garantan o dereito de todos á vivenda, á saúde e á educación. Esixe, tamén, da participación cidadá nos asuntos públicos, da información e transparencia e dun réxime fiscal progresivo e xusto.
Esencial á democracia é, pois, o dereito a decidir, que vai moito máis aló ca o dereito a votar unhas candidaturas pechadas cada determinado tempo. Mais semella que non todo o mundo partilla esta idea evidente, porque nos últimos tempos adoitamos ler e escoitar un feixe de opinións contra as expresións deste dereito a decidir, sexa a convocatoria dunhas primarias no seo dun partido político, for a promulgación dunha lei catalá de consultas para que a Generalitat poida convocar referendos non vencellantes. Diríase que algúns ven con medo que a cidadanía poida opinar sobre as moitas cuestións que lle afectan, fose o xeito de se relacionar Catalunya (ou, se for o caso de Galicia) co Estado, as fusións de concellos ou, de ser o caso, as eventuais esixencias da nosa lexislación ambiental galega.
Non é novo. Estes mesmos sectores xa desconfiaban de institucións como a do xurado, que funciona con normalidade dende 1995 e ollan atravesadamente os pobos avanzados que adoitan consultar a cadansúas cidadanías, como os suízos ou os californianos.
Para saimos da fonda crise político-institucional cómpre máis e mellor democracia. E isto inclúe introducir fondas reformas, como unha ampla lexislación de consultas a todos os níveis, as candidaturas abertas, a participación cidadá na elaboración dos Orzamentos e na definición das prioridades de gasto ou mesmo a posibilidade do referendo revogatorio á metade do mandato dos representantes políticos.

O sitio do galeguismo

Fun ver o derby galego a Riazor na compaña de dous bos deportivistas e amigos de meu: Fuco, artista e intelectual e Maceiras, correspondente económico para Galicia e Portugal dun xornal británico. No descanso deulles en falar do país e do galeguismo.
Fuco- Ferrín vai, dimite, sae da Academia na compaña de toda a súa Comisión Executiva e advírtenos de todos os males que lle agardan á Casa despois da súa marcha. Volven os académicos e xunto co resto aproban as contas e abren unha nova etapa por unanimidade. Que sentido tiña toda esa posta en escena?
Maceiras- O que me chamou a atención é o apoio total que lle prestaron nesta xeira a Ferrín algúns dos sectores máis á dereita e menos galeguistas.
F.- É o de sempre. Para estes, o mesmo que para o PP, o lugar do galeguismo é o rebumbio e os “shows” parlamentarios. Pero cando o galeguismo fai un plan eólico ou de vivenda, xestiona os concellos con modernidade e eficacia ou presenta unha proposta lexislativa para previr a corrupción entón faise perigoso e cómpre ir por el.
M.- Pois xa me contarás, Fuco. A este país o que lle compren son políticos honrados e eficaces, que saiban xestionar, si, pero que teñan un proxecto e unha ilusión para transformar a sociedade. Como Obama.
F.- Curioso que cando o galeguismo extrema o seu discurso e prefire a trincheira a construír unha alternativa de goberno a dereita española pode gobernar con máis comodidade.
M.-Pois agora a ver se se poñen as pilas, porque o bipartidismo estase a afundir, pero se o galeguismo segue nos biosbardos, os seus herdeiros poden ser Rosa Díez e Cayo Lara.
F.- Do que cómpre falar é de como saírmos desta. Hai que crecer, reformar a fiscalidade e repartir máis xustamente o custo da crise. Ese había ser o discurso do galeguismo. Pragmático, pero ilusionante.
O comezo da segunda parte veu rematar esta conversa, que os meus amigos deixaron pendente de rematar, como tantas outras veces. Unha cuarta persoa que nos acompañaba rematou a parola coa sentenza: “a ver se falades menos e facedes máis. Aprendede de Fernando Vázquez”.

A Europa dos cidadáns

Até hai relativamente pouco tempo, a construción europea amosábase aqueixada de importantes chatas que orientaban o proceso cara ao beneficio das grandes corporacións, ao tempo que desenvolvía unha folla de rota pouco transparente, moi burocratizada e orfa de lexitimación democrática. Malia estes graves defectos, a Unión Europea constituía o máis exitoso proceso de cohesión europea da Historia e mesmo dos outros procesos de unidade rexional desenvoltos no mundo todo.
Porén, desde que abrollou esta depresión económica, as institucións comúns non foron quen de defender unha axenda para os cidadáns e pasaron a ser voceiros da política de recortes orzamentarios e desmontaxe do Estado do Benestar propugnada polo xigante alemán. Unha política que matará de vez o soño europeo, se os propios alemáns e o resto dos europeos non somos quen a enxergar a magnitude do fracaso que se nos vén enriba.
Mais estes días soubemos da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que declarou contraria ao Dereito Europeo e, xa que logo, inaplicábel a normativa procesual española que regula a execución das hipotecas e que, até de agora, non permitía unha defensa real e plena dos consumidores.
O Alto Tribunal considera que todo executado ten dereito de alegar no proceso que algunha ou algunhas das condicións pactadas son abusivas ou ilegais, o que determinaría a posibilidade de que o xuíz analice esas reclamacións e poida -mesmo- suspender a subasta do ben hipotecado mentres acorda se o banco reclama xuros abusivos ou impuxo unha taxación desaquelada do inmoble.
Esta decisión xudicial europea reflicte que Europa pode ser un espazo útil para a ampliación dos dereitos dos cidadáns, esixindo o respecto dos mesmos aló onde o bipartidismo dinástico nunca quixo lexislar por preferir a salvagarda dos dereitos dos bancos á dos dereitos das empresas e cidadáns.
O Tribunal de Luxemburgo impuxo unha nova normativa que Madrid non quixo regular nestes trinta e cinco anos de democracia. Por unha vez, polo menos, das institucións europeas chegounos a renovación que o noso caduco sistema político-institucional nin sabe, nin quere, nin pode atopar.

Deus nos libre dun xa foi

Hugo Chávez é desa caste de personaxes que non deixa ninguén indiferente, pois que as opinións adoitan ser de absoluta condena ou de adhesión haxiográfica inquebrantábel. Mais dende Galicia haberíamos tentar unha visión desapaixonada e obxectiva, no canto de nos aliñar na ringleira dos  “vivas” e “mueras”.
Non é certo que Chávez fose un ditador, porque o réxime venezolano segue a respectar as regras democráticas. Chávez perdeu claramente un referendo constitucional e gañou limpamente as últimas eleccións fronte ao candidato opositor e renovador Capriles (55% vs 44%), como recoñeceu o prestixioso Centro Carter. A liberdade de expresión, sobre todo a antichavista, está plenamente garantida: máis do 90% da audiencia televisiva pertence a grupos privados hostís ao Goberno.
Chávez mellorou substancialmente as condicións da cidadanía venezolana menos favorecida. Dende 1998 até o 2011 a pobreza baixou do 50% ao 31,5% e Venezuela constitúe xa a sociedade latinoamericana con menos diferenzas de renda entre ricos e pobres. Tamén é verdade que este labor foi extraordinariamente favorecido pola elevadísima suba do prezo do barril de petróleo (hoxe de 100 USD fronte aos 7 de 1998, cando asumiu Chávez por primeira vez) até o extremo de poder concluír que foi a burbulla petroleira a que financiou as melloras sociais, que corren grave risco de desaparecer cando se pinche esta burbulla.
Este maná petroleiro determinou tamén altos niveis de corrupción, nomeadamente residenciados nos altos cargos do Exército, nova elite venezolana. Por outra banda, a industria e a distribución comercial sufriron unha contracción importante que determinou o empobrecemento de milleiros de galegos emprendedores.
O chavismo tampouco foi quen de amañar os altísimos niveis de inseguridade cidadá de Caracas, semellantes aos das megalópoles de São Paulo ou México DF.
Sen a conxuntura favorábel do petróleo os éxitos sanitarios, educativos e sociais do chavismo non serían os que son. Mais hai que lle recoñecer a Chávez que foi quen de manter en democracia a adhesión popular ao seu proxecto. Un proxecto de construción dun socialismo á hispana, populista e caudillista, que é referente para moitos millóns de cidadáns iberoamericanos. Malia que a moitos de nós non nos seduza para o noso País.

La elección papal será esencial para el futuro de la Iglesia y del mundo

El reducido Colegio cardenalicio (118 electores que sustituyen a miles de millones de católicos en el mundo) tiene ante si la misión de elegir en Cónclave al sucesor de Benedictus XVI en un momento verdaderamente crucial en la historia de la Iglesia. El papa Ratzinger ha reconocido, con su dimisión y con sus últimas manifestaciones públicas, su impotencia humana e institucional para resolver la corrupción y desgobierno de la Iglesia romana. Una corrupción y desgobierno que no son de ahora y que crecieron significativamente durante el largo pontificado de Ioannis Paulus II, mientras éste desarrollaba su cruzada de presencia mediática y cancelaba el diálogo ecuménico y con la increencia que habían abierto sus antecesores Ioaniis XXIII y Paulus VI.
Sin embargo, Ratzinger consiguió en los últimos años éxitos parciales, como la sustitución del “quórum” de votación en cónclave de la mayoría absoluta (impuesta por Wojtywa) por la de dos tercios para elegir Papa, lo que obligará significativamente a alcanzar mayores consensos. También por la reforma financiera que impulsó contra las presiones de la Curia y que permitirá al IOR adherirse a la lista de bancos comprometidos con la prevención del blanqueo. Por otra parte, se enfrentó con la secta ultraconservadora “Legionarios de Cristo”, desenmascarando a su fundador, Marcial Maciel, a pesar de la influencia que había ganado dicha secta en Roma por su capacidad económica y, por tanto, de influencia y corrupción.

Todos los Cardenales-Electores son conservadores, “ma non troppo”
La necesidad de una mayoría de dos tercios (79 sobre 118, al menos) y las graves divisiones en la Curia (patentes con ocasión de las filtraciones del caso Vatileaks) pronosticarían un cónclave no demasiado corto si no fuese por la esencial homogeneidad entre todos los cardenales en cuanto a su extracción ideológica. Porque, a diferencia de los cónclaves de 1978, en la Capilla Sixtina entrarán cardenales elegidos por los dos últimos papas entre personas que inequívocamente comparten un proyecto esencialmente continuista, bien alejado de los valores que propugnan la comunión real con los más desfavorecidos o el efectivo “aggiornamento” y democratización de las estructuras eclesiales. No hay partidarios inmediatos de decisiones tan evidentes como abrir las órdenes sacerdotal y episcopal a las mujeres (como ya ha hecho la Iglesia Anglicana), impulsar la colegialidad de los obispos y la integración ecuménica y, por tanto, limitar el poder de Roma (tanto de su Obispo-Papa como de su Curia) en beneficio de las Iglesias locales.
El Cónclave está compuesto por personas esencialmente conservadoras y continuistas. ¿Qué cambia, pues, respecto del Conclave de 2005? Varias cuestiones que pueden influir en la opinión y voluntad de los Cardenales-Electores.
Cambia la percepción de la Iglesia como centro del “eje del bien”. En los tiempos de Bush y Wojtyla el mundo libre había vencido al sistema soviético y la economía internacional crecía de modo significativo. Hoy, Europa y USA viven aquejadas por una severa crisis, cuando no grave depresión, mientras que América Latina (que aporta el 48% de los católicos en el mundo) ensaya exitosamente fórmulas de crecimiento y mayor cohesión e integración social, mirando mucho menos a USA, Europa y Roma que a los países y mercados emergentes.
Al tiempo, la “tolerancia cero” propugnada por Ratzinger frente a los abusos sexuales cometidos por eclesiásticos o la gestión oscurantista del IOR (el Banco Vaticano) difícilmente va a ser reversible, porque afecta de modo esencial a la propia credibilidad eclesial en USA y Europa. Como ejemplo, en Irlanda los escándalos por abusos sexuales determinaron la reducción de los que se confiesan creyentes y practicantes de niveles del 80% a menos del 40%., entre 1995 y 2005.

Los “preferiti” y los signos de los tiempos
¿Cuáles de los llamados “preferiti” son candidatos a presidir esta etapa? Esta respuesta, requeriría antes definir cuál va a ser el “road map” que la mayoría electora va a proponer al nuevo Pontífice. Y atendiendo a la homogeneidad continuista del Colegio pero, también, a las exigencias de incrementar la gestión transparente y eficiente de las organizaciones eclesiales y de recuperar el diálogo ecuménico y secular, me atrevería a pronosticar que los “preferiti” latinoamericanos y africanos (a pesar de representar, respectivamente, el 48% y el 16% de los católicos) no tiene posibilidades reales de ganar la elección papal. A Madariaga, arzobispo de Tegucigalpa, le juega en contra su militancia ultraconservadora. Algunas posibilidades más tendría Odilo Pedro Scherer, que regenta una de las diócesis con más católicos (São Paulo) en el país (Brasil) con más católicos del mundo.
Pero los 28 cardenales italianos cuentan con varias ventajas para que uno de ellos pueda acceder a la Silla de Pedro. Se alinean en varios partidos aparentemente irreconciliables que dialogan y pactan con todos, conocen mucho más los entresijos de la diplomacia que los de la pastoral y manejan como nadie el juego de relaciones de influencia y poder. Por eso, coincido con Eric Frattini en que el arzobispo de Milán, Angelo Scola tiene muchas posibilidades. Y que el quebequense Marc Ouelet y el ghanés Peter Turkson son también candidatos con posibilidades, pero mucho más por su amplio conocimiento de las Instituciones romanas que por su concreto origen nacional o étnico.
En cualquier caso, el nuevo Pontífice tendrá que plantear, en un horizonte temporal no demasiado dilatado, el reto de la adecuación de la Iglesia a las exigencias del mundo actual. Poco futuro puede tener en el largo plazo una Institución patriarcal, que veta la participación de más del 50% de la humanidad que representan las mujeres. Poco futuro puede tener la reunificación de las Iglesias cristianas si los católicos defienden una primacía papal que vaya más allá de ser “primus inter pares” donde el protagonismo y las decisiones las asuman las Iglesias cristianas locales. Y poco futuro tendrá una Iglesia donde las decisiones sigan siendo adoptadas por 115 cardenales en lugar de por los miles de millones de católicos o, cuando menos, por los miles de consagrados con el orden episcopal.

Petrus Romanus y San Malaquías
Los que interpretan la profecía del arzobispo irlandés san Malaquías (s. XII) nos dicen que el Papa que se elegirá estas semanas es el llamado Petrus Romanus. Un papá que alimentará a su Pueblo en medio de la persecución y las muchas tribulaciones. Después vendría el Anticristo, Roma, la Ciudad de las Siete Colinas, sería destruída y acaecería el Fin de los Tiempos.
Sin caer en tales catastrofismos milenaristas, la elección papal de este marzo de 2013 será esencial para el futuro, no sólo de la Iglesia, sino de la propia evolución del mundo, donde los católicos siguen representando la sexta parte de sus habitantes. Por ello nos atañe a todos, creyentes y no creyentes.

Unha política exterior galega

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) vén de denunciar, no seu Informe anual, a falla dunha política exterior galega. Quizais medoñenda diante do intervencionismo do Goberno central, a Xunta semella non ter unha estratexia exterior de seu.
Os servizos diplomático e consular españois son malos e caros. Ben o saben os nosos paisanos e as nosas pemes. Para alén disto, a diplomacia española é carísima. Velaí os 6,5 M€ malbaratados nunha residencia!! para o embaixador español en Marrocos. Cando o que cómpre é unha única diplomacia europea que integrase os distintos servizos exteriores. Moito falan en Madrid das oficinas exteriores de Galicia ou Catalunya en países fulcrais da Europa, Asia ou América Latina, mais ben que calan co dispendio das embaixadas españolas abertas nos destinos máis afastados do mundo.
Todas as Institucións (cidades, Universidades, mesmo equipas futbolísticas) precisan dunha acción exterior. Xa que logo, Galicia precisa dunha política exterior de seu. De ser posíbel coordinada coa española e europea. Mais Galicia non pode agardar polos demais para ser -e venderse- no mundo.
Grandes reptos actuais desta política exterior serían a presenza activa no xigante brasileiro e a participación política económica e cultural na lusofonía. Ou a promoción turística directa do País (sempre esquecido nas campañas estatais) e o acompañamento ás nosas pemes na súa internacionalización.
O que no mundo non se ve, non existe para o mundo.

A ARRINCADEIRA: Corrupción en Vimianzo?
O avó de quen isto escrebe foi alcalde de Vimianzo. Velaí o meu desacougo diante da moción de censura que PP, PSOE e Independentes do exalcalde Rodríguez Lema presentaron contra o goberno nacionalista de Manuel Antelo. Unha moción artellada dende a nostalxia por prácticas tan pouco democráticas como que case todas as obras durante trinta anos fosen para dúas empresas ou que persoas relevantes non pagaran IBI nin o gasto real de auga co consentimento dos antigos xestores do Concello.
Hoxe mesmo PP e PSdeG seica van expulsar aos concelleiros asinantes. Sería un bo aceno e certificaría que o novo Goberno local nace morto.