Transparencia e obxectividade

Pois resulta que algúns deses medios, escritos ou audiovisuais de Madrid -si, os que chegaron tarde- non tiñan abondo con rachar a lei non escrita do respecto pola intimidade das vítimas, que si cumpriron canda o 11-S e 11-M, para agora encetar un sistemático linchamento do maquinista Garzón. Claro é que o Goberno do Estado traballa man con man con eles para proxectar a idea: “temos un culpábel”. Aínda non escoitamos explicacións oficiais (probabelmente sexa cedo de máis) de RENFE e de ADIF, pero xa ouvimos a súa acusación ao maquinista. Sospeitas que ratificou “urbi et orbe” un Ministro do Interior que tamén chegou tres días tarde, probabelmente incómodo polo mando político e operativo da Xunta sobre a actuación derivada da catástrofe. Mando que é unha esixencia ineludíbel da Lei de Emerxencias de Galicia aprobada no 2007, canda o bipartito.
Á hora que isto escrebo o maquinista declara perante o Xuiz natural predeterminado pola Lei, que é o que manda a Constitución, sen intromisións de enxendros xurisdiccionais como a Audiencia Nacional ou os Xulgados Centrais de Instrución. Será, pois, misión xudicial escoitar os rexistros de chamadas e troco de dados da ruta e do comboio e determinar o complexo causal que deu na catástrofe. O mínimo que lle podemos esixir ao Goberno do Estado, á súa axencia ADIF e á súa operadora RENFE é que calen e colaboren coas pescudas xudiciais.
O que si xa sabemos nesta altura é que a curva do sinistro non desfrutaba do moderno sistema ERTMS, senón do antigo ASFA, dos anos 70 do século XX. E nos trens ALVIA este é o único sistema operativo arestora en todo o treito Ourense-Compostela. O ASFA só advirte doutros comboios ou corpos na rota, sen lle achegar ao maquinista nin un só dado sobre a rota en si. Non por acaso o comisario europeo de Transportes xa advertiu que este accidente non tería ocorrido se o ERTMS estivese operativo.
De calquera xeito, hora é xa de pecharmos as especulacións, sobre todo as que veñen do Goberno Rajoy e da operadora RENFE. A solidariedade da cidadanía galega e o seu civismo ante a catástrofe chaman por unha pescuda xudicial rigorosa e obxectiva. Mais, tamén, transparente. Porque a xente xa non acredita en andrómenas, por moi Ministro que sexa quen as conte.

Unha lección de solidariedade e profesionalidade

A peor catástrofe ferroviaria da historia de Galicia afundiunos na dor e no loito. Pero, malia o “shock” emocional que acadou toda a cidadanía galega, cómpre ir aboiando e tentando comprender. Os veciños de Angrois botáronse desesperadamente a loitar pola vida dos viaxeiros, lembrando a xesta das rías canda o “Prestige”. Mais o mesmo espirito de civismo e cidadanía viuse nos veciños coruñeses, composteláns e vigueses que encheron o Nicolás Peña, a Condesa ou o Hospital Universitario das Xubias para doar o sangue preciso para a complexísima cirurxía das ducias de feridos gravísimos. Demostrouse que os servidores públicos galegos teñen un alto nível de compromiso, profesionalidade e eficiencia. Velaí o exemplo do noso persoal sanitario, policial, de protección civil e de bombeiros e dos nosos xornalistas galegos, tanto nos media públicos, coma nos privados. Que diferenza cunha TVE e privadas estatais que trataron de primeiras a catástrofe como se ocorrese na China. Demostrouse, tamén, que precisamos de medios informativos de noso e dun amplo autogoberno que sexa quen a abordar as catástrofes. O Presidente Feijóo cumpriu coa súa misión con dignidade, malia que teña que explicar, canda a conselleira de Sanidade, porque razóns non se usaron a UCI e as instalacións do Hospital de Conxo, o máis próximo á catástrofe, a pesares de estar dotado a xeito e ter os recursos humanos a punto e concentrados nos intres posteriores á catástrofe. Mais, en xeral, o autogoberno demostrou ser garantía de eficacia e proximidade. Serían inimaxinábeis os atrancos que terían xurdido se houbese que agardar por Madrid para tomar as decisións. Esta mesma madureza da resposta cidadá, do comportamento cívico, esixe unha pescuda xudicial transparente. Semella que os últimos quilómetros do percorrido foron excluídos do sistema europeo de control do tránsito ERTMS. Os cidadáns han coñecer porque os últimos tres Gobernos estatais non o instalaron entre a anterior curva e a estación compostelá e se é certo que este sistema tería evitado o accidente.

Lexitimidade de orixe e de exercicio

Adoitan dicir Rajoy e Feijóo que, na democracia, son as eleccións as que determinan maiorías e gobernos. E teñen razón, malia que iso non prexudique o debate sobre a reforma que precisa un sistema tan desaquelado coma este, onde un partido co 45% dos votos e menos do 28% do corpo electoral pode acadar o 55% dos escanos. Porén, seguen ser as regras de xogo. E estas hai que cumprilas mentres dure o partido.
Agora ben, probada esta lexitimidade de orixe, a perda da lexitimidade do seu exercicio terá efectos moi sobranceiros sobre a capacidade do Goberno (neste caso dos dous Gobernos, estatal e galego) para desenvolver a súa axenda. E velaí o grave problema de Rajoy. Como pode convencer das súas medidas? Pódese blindar tras da súa maioría absoluta e -suposto- control da orde pública? Cada semana que continúe o PP ten máis risco de asociar a súa supervivencia á do Presidente do Goberno do Estado. E este de ir perdendo mesmo os importantes apoios dos que desfruta na contorna que votou por el no 2011.
Mais desta volta Monte Pío non pode ollar coa suficiencia que adoitaba cara Xénova. Porque o mito do Feijóo que “mandó a parar” logo do Congreso do PPdeG do 2006 xa non se ten de pé. E abrolla na opinión cidadá a convicción de que nada substancial mudou na xestion das finanzas do PPdeG entre 1990 e 2012. As fotos con Dorado e a falla de explicacións cumpridas a respecto das informacións que elevaban en 2,2 M€ as doazóns supostamente percebidas polo PPdeG no 2006 a respecto das reflectidas oficialmente comprometen tamén a lexitimidade de exercicio da Xunta. Probabelmente Feijóo nin suceda a Rajoy nin sexa candidato á Xunta no 2015-16.
Malia estas feblezas, a oposición parlamentaria galega non é quen de desenvolver unha liña de oposición coherente a Feijóo. Mesmo AGE impútalle ao PPdeG unha conexión financeira co narcotráfico, “boutade” indemostrábel que só serve para reforzar as fileiras gobernamentais e a imparábel polarización do País.
Porque, mentres falamos disto, non falamos da necesidade de pular polo crecemento económico, nin das fondas reformas institucionais precisas, nin da solución das preferentes nin da continuidade de NovaGalicia Banco. Seguimos a perder o tempo diante dun dos reptos máis sobranceiros da nosa historia.

As ideas de Galicia

O sistema institucional español e a propia “Marca España” estanse a esfarelar aceleradamente, consciente xa a cidadanía de que o emperador paseaba espido. A falla de creto acada acedamente ao PP e ao Goberno do Estado, mais tamén ao PSOE, ao Rei e ao proprio Tribunal Constitucional, sometido á rapacidade do bipartidismo para “ocupar” as institucións todas. Quen pense que isto é asunto para medidas de reforma cosmética ou de chapa e pintura, co que chove, non vive xa neste mundo.
E, claro, se estamos ás portas dunha catarse, dun probábel proceso constituínte, cómpre que miremos cara a el como cidadáns galegos responsábeis. Convenlle a Galicia máis recentralización? Da falla de políticas propias e de autogoberno naceu o noso atraso histórico e xurdiron moitos dos nosos problemas actuais, como a falla de peso nas políticas estatais e europeas e, xa que logo, o abandono da construción naval e dos complexos empresariais agrogandeiro, monte-industria e mar-industria, a falla de posta en valor dos nosos portos e aeroportos ou non ter desenvolvido unha Marca Galicia de noso, así como unha activa política de promoción cara á Europa e Latinoamérica, á lusofonía e aos países celtas. Xunto a unha progresiva recentralización empresarial a prol dun centro madrileño artificialmente cebado, e que prexudica o noso tecido financeiro e empresarial.
Mais a realidade é que hai unha maioría de españois (non de cataláns e vascos e quizais tampouco de galegos ou canarios) que cre que o futuro pasa por reforzar máis o carácter unitarizante do Estado, o que vai servir só aos intereses desa pequena e poderosísima elite madrileña que compón a rede do capitalismo castizo do Boletín Oficial do Estado. O que quere dicir que este País terá unha oportunidade (quizais a derradeira) para demostrar se quere escribir a súa propia historia e reivindicar o seu protagonismo empresarial e cultural na nova escena que suceda á catarse que vai vir.
Claro é que unha tarefa coma esta precisa do pulo dunha cidadanía e dunha sociedade civil autoesixentes e decididas. E duns novos políticos que aprendan a pór o País e á xente por riba dos seus mesquiños intereses electoralistas.

Corrupción e recentralización

A presunción de inocencia segue a abeirar a todos os afectados no “caso Bárcenas-PP”, mais a información ao dispor reflicte xa pegadas moi consistentes da responsabilidade política do PP como organización. Velaí os 400.000 € supostamente aboados polo PP aos avogados de Bárcenas, o mantemento deste no seu soldo, chaffeur, escritorio e secretaria na sede popular estatal até o último día deste xaneiro, a relación cotiá entre Rajoy e Bárcenas, mantida cando aquel sabía xa da titularidade por parte deste de 28 M€ de probábel ilícita procedencia, as instrucións (¨Luis, lo entiendo, sé fuerte…”) que recibe o tesoureiro a primeiros deste ano para negar a súa autoría a respecto dos papeis. E a teimuda realidade de 47 M€ que, polo menos nunha grande parte, saíron, si ou si, da corrupción sistematizada dende a dirección das finanzas do primeiro partido do Estado.
Mais a dimensión económica da corrupción chámanos a atención sobre a centralización da xestión económica dos Partidos estatais e a súa colusión co “capitalismo castizo do BOE”, nomeadamente o mundo das grandes construtoras e sectores regulados. Porque os números do saqueo de Bárcenas nun Estado descentralizado só se explica pola imposición dende Madrid aos gobernos autonómicos e locais dos contratistas amigos, da (i)lóxica radial da Alta Velocidade, do novo aeroporto de Madrid que consumiu máis dun billón -con b, de burro- das vellas pesetas.
Claro que hai corrupción nos níveis autonómicos e locais. A moreas. Mais só na cimeira é observábel como unen as súas liñas os intereses do cemento sen coñecemento e da prevención dese capitalismo castizo de BOE a respecto da existencia, por exemplo en Galicia, de empresas non dependentes da megaconcentración de poder económico e financeiro dun Madrid que paga as súas custosas infraestruturas e liftings cos cartos de todos os cidadáns do Estado.
Limpar razoablemente este grao inaturábel de corrupción vai precisar de cirurxía xudicial e de prevención a medio dunha lexislación electoral e da transparencia alicerzada en sólidos valores de cidadanía, horizontalidade e responsabilidade. Mais será eixo fundamental destas políticas a loita contra as grandes concentracións de poder político, económico e financeiro. Porque non hai mellor amigo da corrupción que a recentralización e a concentración.

O Camiño e a marca Galicia

Conta ben o profesor Núñez Seixas que as grandes epopeias galegas son o Camiño e a emigración. Porque non se pode entender o País sen a achega deste primeiro itinerario europeo, que construiu a identidade nacional da Galicia e a da Europa como espazo cultural común. Porque os galegos levamos acollendo outras xentes toda a vida: vai para 900 anos que o bispo Xelmírez e a raíña Urraca rifaron coa Cidade e esta impuxo un novo rei para Galicia: Afonso VII. Daquela, xa ingleses, escoceses e escandinavos chegaban á Coruña por mar e os francos (que logo porían tendas no burgo compostelán), italianos e tedescos pola terra. Compostela naceu da Galicia, pero tamén da Europa toda.
Velaí que a política de promoción turística deste País ha integrar o Camiño e a Compostela como principais referentes e haxa que contextualizar o desenvolvemento desta industria dende parámetros moi afastados do turismo de sol e praia de Turespaña.
O visitante europeo e internacional (hoxendía o que máis consome) ven a Compostela e a Galicia polos seus atractivos espirituais, culturais, paisaxísticos, ecolóxicos e gastronómicos; non para que lle repeniquen a Feira de Abril ou as horteradas de Marbella ou Benidorm. E constitúe unha fonte de ingresos fulcral neste contexto recesivo que, por outra banda, non quere colonizar ninguén. Apenas desfrutar dunhas vacacións sen que lle enganen nin estafen, nun País distinto, singular e orguloso de si propio.
O que obriga a todos os operadores turísticos a revisar lugares comúns, mellorar a prestación dos seus servizos e aquelar a oferta ás demandas dos visitantes internacionais. E á Xunta a desenvolver a súa política de fomento turístico de xeito totalmente autónomo, mais coordinado cos concellos, deseñando unha promoción cos atractivos da Galicia toda salientando o carácter central de Compostela e o Camiño.
Cómpre, pois, mirar menos cara Madrid, Levante ou Andalucía e máis cara Londres, Amsterdam ou Antwerpen. Cómpre pechar os ollos e imaxinar que faría o asisado bispo Xelmírez coas enormes potencialidades que o Camiño de hoxe lle abre á marca Galicia, xusto cando o deterioro da marca España semella ser irreversíbel.

O afundimento do PP e PSOE

Non é só que unha enquisa recente lles dese xuntos ao PP e ao PSOE 225 deputados no canto dos máis de 320 obtidos no 2008. É que as revelacións dos últimos días a respecto dos casos Bárcenas e ERES andaluces son abraiantes. Porque todo vai apuntando a que o sistema de financiamento do PP estatal era substancialmente ilegal e que esta ilegalidade foi coñecida por Aznar e Rajoy. No caso andaluz dos ERES, as revelacións chegaron ao cerne do Goberno autonómico, mentres IU segue a lexitimar coa súa presenza no Goberno andaluz unha situación insostíbel.
O fenómeno xa o ten debuxado o sociólogo electoral Jaime Miquel: o bipartidismo, hexemónico no Estado e na Galicia dos últimos trinta anos, vai caer de xeito grave e continuado. Porque son dous partidos que constitúen o problema e non a solución e porque a carga da corrupción non deixa xa respirar a ambas as dúas organizacións. Veremos, iso si, certas manobras de entendemento entre os dous, que mesmo poderían rematar nun pacto á grega -como o do PASOK e Nova Democracia-, agás que os cadros medios socialistas adopten a decisión de rematar con esta agunía e darlle o relevo á pésima dirección de Rubalcaba.
Nesta circunstancia, o oco a deixar polos dous partidos estatais na Galicia ben podería ser coberto polo galeguismo e mesmo por unha entente entre os distintos proxectos galeguistas. Unha entente priorizada nas políticas de crecemento, o mantemento dos servizos públicos e do Estado do Benestar, a transparencia e mellora cualitativa da democracia e máis a ampliación e afortalamento do autogoberno. Mais semella que BNG e Anova asumiron unha competición para lle amosar á cidadanía quen é máis radical e antisistema, pretendendo pór o foco sobre cuestións como a independencia, o xuízo de Madrid aos independentistas ou a quimera dunha Novagalicia pública, proposta que só vai enfeblecer unha posición de País que tentaría evitar a súa absorción por un grande Banco estatal.
Nesta conxuntura, o sentido da realidade amosado por 18 alcaldes galegos do BNG, Anova, CXG e independentes fundadores da Irmandade Municipal Galeguista confronta coas teorizacións de determinados dirixentes que non se queren decatar da necesidade de lle ofrecer á cidadanía novas ferramentas políticas, modernas, transparentes, horizontais e pragmáticas. De que hai que lle ofrecer solucións e non quimeras.

A venda de Novagalicia

Aínda que os termos impostos pola Unión Europea no Memorandum of Understanding permitiría atrasar o proceso dous anos máis, o Goberno do Estado, propietario único de NCG Banco, S.A., decidiu allealo axiña a medio dun procedemento de concorrencia competitiva, no que han participar os xigantes estatais e outros grupos financeiros internacionais. Porque, malia o gravísimo dano reputacional sofrido pola xestión das preferentes e subordinadas, NovaGalicia retén unha cota de mercado neste País de arredor do 40%, tanto en pasivo como en crédito.
A continuidade de NCG como entidade pública está fóra da axenda. Trátase de elixirmos entre anexala a unha entidade financeira estatal ou permitir a súa supervivencia como Banco minorista con domicilio social e centro de actuación no País. A opción, pois, está clara, tanto en termos de mantemento de emprego como de dispoñibilidade futura de crédito para familias e empresas, porque a absorción de Novagalicia polo BBVA ou Santander restrinxiría dramáticamente este crédito, potenciando o oligopolio bancario e, xa que logo, a exclusión financeira de milleiros de galegos.
Mais é evidente que esta mesma opción é a máis vantaxosa en termos dunha meirande recuperación dos fondos públicos investidos no saneamento do Banco. Porque o BBVA ten xa unha rede importante neste País e o Santander está a integrar Banesto, a despedir persoal e a relativizar a súa vocación minorista. Xa que logo, as ofertas da Banca estatal serán, de seguro, moito máis cativas, fronte a uns operadores internacionais que non teñen rede en Galicia e han valorar moito máis a oportunidade de negocio que se lles ofrece.
Está todo feito? Non, porque a influencia no PP e no PSOE estatais e no Goberno Rajoy da grande Banca estatal vai tentar unha interpretación do devandito Memorandum excluínte a respecto de grupos financeiros non bancarios, como tendenciosamente interpretaba Almunia en novembro pasado. Velaí que a Xunta e as forzas políticas e sociais galegas haxan amosar unha fronte unida na esixencia dun proceso transparente que permita manter a marca, o cadro de persoal, a rede e máis a vocación galega e minorista.

Europa deberá valorar si admite una Escocia independiente como miembro de la UE

La victoria por mayoría absoluta -69/135 escaños- de los nacionalistas escoceses del SNP (Scottish National Party) en las elecciones al Parlamento autónomo de Hollyrood en 2011 hizo inevitable plantear el proceso para que  la ciudadanía escocesa decidiese su continuidad en el Reino Unido o su independencia. Por una parte, el first minister Alex Salmond estaba obligado a cumplir una promesa central de su programa electoral. Por otra, el sector más independentista  del SNP consideraba agotado el proceso autonómico iniciado con la Devolution de 1997, agotamiento que se hizo más evidente al vetar el premier inglés David Cameron -con la débil oposición de los liberal demócratas del deputy prime minister Nick Clegg- una tercera vía, la de la sustancial ampliación de la autonomía en materias como fiscalidad y acción exterior, que parecía la vía  susceptible de obtener más consenso en el pueblo escocés y no desagradaba a los sectores del SNP más implicados con su gestión gubernamental en Edinburgh.
Salmond y Cameron, finalmente, llegaron al compromiso de celebrar un plebiscito a fines del verano de 2014 en el que la opción se reducirá a escoger entre el mantenimiento del régimen autonómico de la devolution actual y la independencia.
Al tiempo de alcanzar ese acuerdo, los conservadores de Cameron (como los conservadores españoles de Rajoy respecto de Catalunya) iniciaron un proceso de extrema agitación e intoxicación informativa: Escocia quedaría fuera de la Unión Europea, el Reino Unido excluiría de la secesión a las islas Orkney y Shetland para mantener el control de la mayor parte del petróleo del Mar del Norte y otras perlas semejantes.

La Unión de 1707
El Reino de los escoceses nació en el siglo IX con la fusión de los reinos de pictos y escotos y pervivió hasta la Act of Union  de 1707, si bien desde 1603 Inglaterra y Escocia compartieron, plenamente independientes, el mismo Rey, de la dinastía de los Stuarts. Durante la dictadura de Cromwell, el numerosísimo ejército de éste, dirigido por el sangriento general Monck, sometió el país a ocupación militar.
La Unión fue votada favorablemente por el Parlamento escocés, pero en gran medida esta decisión fue provocada por el grave fracaso de la aventura colonial de Darén, en el istmo de Panamá. La Unión se le antojó a las élites escocesas como  medio para poder enjuagar parte de las pérdidas de esta aventura y de hacer carrera en Londres. Por otra parte, los agentes de la reina Ann, hija del estatúder holandés Wilhem Orange y de la reina Mary, repartieron grandes cantidades de dinero entre los miembros del Parlamento escocés para garantizar una Unión definida para beneficiar  los intereses de Inglaterra y de una pequeña élite escocesa.
No obstante, la Union mantuvo incólume la independencia de la Iglesia Presbiteriana escocesa y  la pervivencia de su Derecho y sistema judicial nacional, que continuó hasta la fecha. El Parlamento fue suprimido y las funciones ejecutivas transferidas al Secretary of State for Scotland, pero incluso esta autonomía administrativa fue suprimida después de la revolución de 1745 hasta 1889. Desde entonces, dicho Secretario para Escocia y su Scottish Office se ocuparon de dirigir, con amplia autonomía administrativa, la policía, educación, salud y régimen local, lo que permitió una muy importante fluidez en la transmisión de poderes y consolidación del autogobierno cuando la Devolution de 1997 reinstauró el Parlamento de Hollyrood y creó el Scottish Executive (hoy Scottish Government), que integró los servicios de la antigua Scottish Office.
La Unión despobló Escocia. Si en 1707 los escoceses eran un millón y los ingleses 4,5 millones, hoy los escoceses son 5 millones frente a 52 millones los ingleses. El Imperio Británico, sin embargo, dio una oportunidad de carrera profesional a muchos escoceses, que junto a irlandeses y galeses dieron su sangre por el mismo Imperio que empobrecía sus respectivos países.
La segunda guerra mundial y la ola descolonizadora cortaron de raíz las posibilidades de promoción exterior de los jóvenes escoceses y enfrentaron Escocia a la realidad de su menor nivel de desarrollo y mayores niveles de paro y emigración.

Los nacionalistas del SNP
El nacionalismo escocés se había organizado en 1934 en el Scottish National Party, fusión del National Party of Scotland y del Scottish Party. Éste sufriría no pocas tensiones entre un ala fundamentalista que no creía demasiado en ir conquistando posiciones de autogobierno e institucionales y un ala gradualista que apostaba por el autogobierno de la Devolution como etapa de transición hasta la independencia. Justamente fueron los gradualistas los que entre los años 70 y 80 consolidaron un SNP de amplio espectro, con eje en el centro-izquierda, por entender, entre otras cosas, que el competidor era el partido más votado hasta entonces, el Labour Party of Scotland, propiciado por el laborismo británico. Las tensiones provocadas por los elementos más izquierdistas del Partido, más propicios a una definición socialista que a una socialdemócrata, fueron importantes y contribuyen no poco a explicar el declive electoral después del resonante éxito de las elecciones británicas de 1974.
El SNP no obtuvo representación en Westminister (salvo un brevísimo periodo en 1945) hasta 1967. En 1974 el Partido obtuvo su mayor éxito electoral (hasta las elecciones escocesas de 2011) al  obtener la tercera parte de los votos en Escocia en las elecciones al Parlamento de Westminster  y 11 de los 59 MPs que representaban al País (hoy día el SNP, desde 2010, retiene 6). Esta marca no ha sido superada hasta la fecha, a pesar de la hegemonía nacionalista de la última elección escocesa.

El petróleo del Mar del Norte y el “McCrone report”
El descubrimiento de petróleo en el Mar del Norte empujó con fuerza las velas del barco del SNP. Pero el Gobierno de Westminster desarrolló una política de guerra sucia contra el nacionalismo escocés. El Informe Mc Crone reconocía que, con los ingresos del petróleo, una Escocia que sólo alcanzaba entonces un 70% de la renta disponible por persona de la CEE podría convertirse en uno de los países más avanzados de Europa en pocos años. Pero el report fue clasificado como secreto y los escoceses fueron engañados sobre el río de recursos económicos que el petróleo aportaba al Reino Unido. Incluso en términos de contabilidad nacional, se inventó el territorio “continental shelf” para tapar el hecho evidente de que fuese Escocia quien aportaba dichos ingresos a la Corona británica. Las verdades del Informe Mc Crone no fueron conocidas por la ciudadanía escocesa hasta la desclasificación de este documento secreto, a instancias del SNP, en 2005. Y la desclasificación no hubiese sido posible sin la previa aprobación, en 2000, de la Freedom of Information Act  de 2000, primera ley de transparencia en el Reino Unido.
Pero la guerra sucia de Westminster no quedó ahí. El gobierno laborista de Harold Wilson impulsó la creación del Labour Party of Scotland para disputar los votos escoceses de centro-izquierda desde una pátina de falsa territorialidad. La influencia del nacionalismo en las Unions fue limitada desde los servicios de información policiales. El SNP denunció la guerra sucia que sufría y el electorado le volvió parcialmente la espalda. El referéndum de la devolution en 1979 fue un fracaso para los partidarios del autogobierno escocés, a pesar de ganarlo (33% a favor, 31% en contra y 36% de abstención en un referéndum que abusivamente requería un mínimo del 40% del censo favorable). La campaña de desinformación británica había dado sus frutos.

“Devolution” y referéndum de independencia
El fracaso del referéndum de 1979 y la larga hegemonía del conservadurismo unionista de Thatcher y Major impidieron reintroducir la devolution como reconocimiento del autogobierno escocés hasta el primer impulso de la cool Britannia de Tony Blair, que propició la reinstauración de los autogobiernos escocés, galés y norirlandés. Esta apertura laborista al autogobierno y los vientos favorables de Londres le permitieron dirigir el Scottish Executive en coalición con los liberal demócratas durante las dos primeras legislaturas del nuevo Holyrrod Parlament. El SNP, dirigido por Alex Salmond,  fue el partido más votado en 2007 y consiguió incrementar su mayoría, haciéndola absoluta con más del 45% de los votos en 2011.
El SNP ha sabido desarrollar una política progresista de amplio espectro, que ha incrementado el bienestar y convertido Escocia en el país británcio que disfruta de los niveles más altos de cohesión e inclusión social. Ahora bien, el referéndum del 18 de septiembre de 2014 se presenta como una prueba muy difícil. Más de 300 años de vida en común (en detrimento del desarrollo y nivel de vida escocés) y, sobre todo, cierta sobreactuación informativa (“es mejor ser un país grande que uno pequeño”, “si os hacéis independientes Europa no os admitirá”, “si os hacéis independientes no podréis seguir teniendo la libra por moneda ni a la Reina como Jefe de Estado”) moviliza muchos resortes unionistas,  no pocos de ellos morales y/o pasionales (antiguos miembros de las Fuerzas Armadas británicas, etc.). Porque los argumentos sociales y económicos a favor de la independencia son de una nitidez palmaria.
En cualquier caso, algunas verdades son evidentes. El petróleo del Mar del Norte benefició mucho más a Londres que a Escocia. El Gobierno británico (laborista y conservador) demostró no ser fiable, al engañar a los escoceses sobre las enormes posibilidades que la riqueza del petróleo les abría. Europa tendrá que admitir una Escocia independiente como miembro de la UE, como tendría que hacerlo con Flandes o Catalunya el día de mañana (en cualquier caso se subrogarían en la condición de Estado miembro del antiguo Reino Unido). Escocia vivirá mejor administrando su riqueza sola sin socios poco fiables que les drenen sus recursos.
Sin embargo, a más de 14 meses del referéndum la decisión es muy dudosa. Ahora bien, nadie conoce mejor su propio pueblo como el SNP. Y Alex Salmond es, de lejos, el líder más popular de Escocia. La campaña Yes Scotland  está teniendo la virtud de plantear los debates en tono propositivo, presentando pros y contras e intentando ampliarla base social del nacionalismo a sectores mucho más fríos a su mensaje, históricamente, sobre todo en las grandes ciudades. 2014 promete ser apasionante.
Porque en 2014 será Escocia, pero pronto podría ser Flandes, Catalunya o Euskadi. Incluso,  en un futuro bastante más lejano, Gales o Galicia. Y la UE tendría que digerir cualquiera de dichas decisiones.

España non representa os intereses galegos

A eventual declaración de incompatibilidade co Dereito da UE do chamado “tax lease”, canda a prohibición para construir barcos a Navantia-Fene, que Aznar pactou coa UE para salvar Navantia das perdas xeradas pola ineficiencia andaluza e cartaxeneira, reflicten que España nunca entendeu a importancia da construción naval galega. Tampouco entendeu nunca a importancia da nosa industria conserveira, da nosa pesca e, en xeral, do carácter fulcral e estratéxico do noso sistema produtivo mar-industria.
Do mesmo xeito, a axenda española cara a negociación da Política Agraria Común (PAC) centrouse só nas producións mediterráneas (olivas, laranxas) e nos intereses das rexións latifundistas, arrumbando os intereses das nosas producións cárnicas e lácteas. Outro tanto cómpre dicir dos nosos intereses do sistema monte-madeira-industria. Mentres, tentouse impoñer dende Madrid un sistema aeroportuario dependente dese xigante que é Madrid-T4, retendo as competencias sobre uns portos que remanecen desconexos e pequenos. Cando estes, xestionados a xeito, haberían ser o grande “hub” europeo cara América no horizonte da nova canle panameña, no 2015.
Certo é que a nosa produción por habitante chega só a pouco máis do 90% da nosa renda dispoñíbel. Mais, de existirmos con voz propia na Europa, ao xeito de Estados da nosa fasquía poboacional (Irlanda, Eslovenia, os países bálticos) semella que o noso PIB tería medrado substancialmente, pois que case todos os nosos sectores empresariais nos que presentamos vantaxes comparativas foron e son sometidos a acoso e soidade. E non precisaríamos daquela ningunha caste de subsidio.
O mapa complétase co desprezo da esquerda e dereita española polas nosas Institucións de autogoberno. Velaí o rexeitamento de Fernández Ordóñez e da montorista Marta Fernández Currás a compareceren diante do Parlamento deste País. Quizais tamén para non ter que recoñecer que, canda a mala xestión dos seus dirixentes galegos, a inviabilidade da fusión das Caixas tivo algo a ver coa proa do PP e PSOE estatais a respecto da pervivencia de toda entidade financeira galega.
O peor de todo é que, cun 5% do PIB e cun 6% da poboación estatal, isto non vai mellorar. Velaí que sexan o autogoberno e o dereito á diferenza as mellores armas para sermos economicamente viábeis.

A ARRINCADEIRA: Yes Scotland
Escocia camiña cara ao seu referendo de autodeterminación de 2014. Moitos escoceses levan gravado a lume que o Goberno de Westminster informara de que Escocia era un país pobre e subsidiado, contabilizando os ingresos do petróleo do Mar do Norte como xerados por un novo territorio chamado “plataforma continental” e distinto de Escocia. Até a lei de transparencia os escoceses non puideron saber do engano do Goberno británico.