NCG e a exclusión financeira

The Economist vén de nos advertir da intensidade do proceso de concentración financeira na Europa periférica. Dende finais do 2009 as 53 bancos e caixas españolas ficaron reducidas a 12 entidades e Italia enfronta un proceso semellante. Os pequenos e medianos sofren graves problemas de capitalización a respecto do BBVA e Santander que, ao tempo, medran en depósitos repregándose do negocio minorista e, xa que logo, restrinxindo aínda máis o crédito ás pequenas e medianas empresas.
O oligopolio financeiro leva indefectibelmente á exclusión financeira das familias e das empresas. No 2011 o tipo de xuro medio na banca española para operacións de crédito superiores a 1M€ acadou o 2,8%, fronte ao case 6% das operacións de contías inferiores. A concentración financeira atende só os intereses da grande empresa e afoga ás pemes.
Velaí que a salvación da marca, rede e xestión autónoma de NCG sexa un asunto fulcral, tendo en conta o carácter sistémico de Nova Galicia no noso País, cun 40% dos créditos e depósitos. E, co proceso de venda encetado, só hai dúas alternativas. A primeira, que conlevaría a desaparición da entidade e a supresión de centos de empregos, é a venda ao BBVA, Santander ou “La Caixa”. A segunda, o chamado “Plan Castellano” que permitiría estabilizar a entidade como Banco minorista xestionado dende Galicia, é a venda aos Fondos internacionais dirixidos polo Guggenheim. Esta opción sería, tamén, a que achegase máis recursos, devolvendo unha parte do investido no saneamento. E a que facilitaría unha oferta de crédito centrada só nas pemes e fornecida por persoas coñecedoras do País e da súa estrutura empresarial.
Galicia non é unánime apoiando esta única opción viábel. Por mor do dano reputacional xerado pola comercialización de preferentes e subordinadas e agravado pola novidosa e insólita decisión de NCG de recorrer xudicialmente todas as sentenzas desfavorábeis, pola incapacidade da Xunta para construir un consenso neste asunto esencial, pola cativeza de miras dos socialistas e polo exceso de dogmatismo e falla de realismo de AGE e BNG.
Nun proceso transparente e obxectivo BBVA, Santander e La Caixa non terían, na altura, posibilidades reais. Mais os inimigos da subsistencia de Nova Galicia son fortes no Ministerio de Economía e no Banco de España.

A responsabilidade de ADIF

Hai ben poucos días, neste mesmo lugar, falábamos de distinguirmos o pecado e o delicto da culpa e da responsabilidade. O artigo ía a conto da unanimidade dos comparecentes da Comisión ad hoc do Congreso dos Deputados (ministra Pastor e presidentes de ADIF e RENFE) no seu sinalamento como responsábel único da catástrofe de Angrois ao maquinista Garzón. E de moitas máis cousas que arrepían a conciencia de tantos galegos e galegas que fomos educados na ética das responsabilidades, que obriga a asumir as culpas daqueles aos que educamos, eliximos ou diriximos.
Pois ben, o xuíz Aláez rachou esta teoría, espallada a eito por un Goberno central desprazado do seu protagonismo pola responsabilidade que á Xunta lle outorgaba a Lei de Emerxencias que o Bipartito aprobara no 2007. E rachouna cun auto que imputa polos delictos de homicidios e lesións imprudentes ao responsábel de seguranza de ADIF e á propia Axencia, pois que dende primeiros do 2011 as persoas xurídicas poden ser responsábeis, tamén, dos delictos.
Xa que logo, os ministros Rafael Arias-Salgado, Xosé Blanco e Ana Pastor (e, canda eles, os presidentes Aznar, Zapatero e Rajoy que os nomearon) haberán responder politicamente, pois que o proprio auto do xuíz Aláez considera que esta caste de responsabilidade (e máis a responsabilidade ética) ha ser resolvida no ámbito mediático e social. Responsabilidade que cómpre esixir de xeito democrático, do mesmo xeito afastado do simbólico aforcamento na praza que da inxustificada indulxencia que nestes últimos anos se reserva para todos os dirixentes, mentres adoitan sancionar duramente aos peóns.
De calquera xeito, o xuíz ordinario predeterminado pola lei, o xuíz compostelán, imputou xa á Axencia estatal das infraestruturas ferroviarias. Sería quen de chegar tan aló un xuíz da Audiencia Nacional que depende no seu nomeamento das institucións ocupadas polo bipartidismo de quenda?

Quo vadis, Galicia?

Enchoupados nesta Grande Recesión e enleados na gravísima crise institucional do Estado, ao noso País non lle queda moito tempo para enfrontar os reptos fundamentais do seu futuro, que poden ser as únicas oportunidades reais de atoparmos un lugar na especialización internacional do traballo e abrir unha vía a un crecemento equilibrado e sostíbel. Reptos todos eles onde a dependencia política e social de Galicia a respecto do Estado se amosou inconveniente ao longo dos nosos máis de trinta anos de limitada autonomía política.
Esencial para o noso futuro é pór en valor o noso sistema portuario. Porque, a dous anos da apertura da nova Canle de Panamá, Galicia pode ser un grande hub para as mercadorías europeas. Cómpre asumirmos plenas competencias normativas, tarifarias e de xestión. O mesmo que nos aeroportos, onde precisamos rachar a ineficiencia de AENA e construirmos un sistema aeroportuario galego autónomo e descentralizado, que atenda basicamente á promoción dun turismo intenso, mais de calidade contrastada.
Na promoción dos nosos principais sectores económicos, cómpre unha fonda reforma da ordenación territorial e a potenciación do crédito e das políticas de inovación para reestruturar e relanzar os nosos sectores estratéxicos: enerxético, mar-industria e construción naval, monte-industria, producións agroalimentaria de calidade, tecnoloxías da información e comunicación, industrias audiovisuais… A reapertura do crédito empresarial pasaría, dende logo, pola subsistencia como marca e estrutura propia de Nova Galicia Banco, mais esixirá, asemade, unha potente Axencia financeira pública. E a aposta do I máis D máis i é fulcral: Galicia non pode permitir que os recortes anulen a capacidade de xeración de coñecemento e riqueza da súa Universidade e da súa industria.
É evidente que estes reptos precisan da operatividade dun autogoberno moito máis amplo. No proceso constituínte que, máis cedo que tarde, se vai abrir no Estado, Galicia ha decidir ser moito máis autónoma e gobernar o seu propio futuro. Non hai outro xeito para enfrontarmos estes reptos e sobrevivir neste mundo tan complexo, porque a dependencia demostrou abondo onde nos leva.

O compromiso de Rosalía Mera

Dicía Bertolt Brecht que hai persoas que loitan un día e son boas. Mellores -dicía- son os que loitan un ano e excelentes os que loitan varios anos. Mais as verdadeiramente imprescindíbeis -remataba- son as que loitan toda a vida.
Rosalía Mera era das imprescindíbeis, porque a súa vida foi continuo traballo e continua creación. Naceu en fogar humilde do carismático bairro coruñés de Monte Alto e deixou axiña os estudos, canda tantas outras galegas da postguerra. Na súa xuventude fundou, cos irmáns Amancio e Antonio Ortega e Primitiva, a dona deste, GOA, o xermolo do que logo sería Inditex.
Rosalía desenvolvería un papel sobranceiro na primeira década de vida do Grupo Empresarial e, xa que logo, na estruturación de dous dos seus máis sólidos alicerces: a integración vertical (dende o deseño até a comercialización, pasando pola fabricación e distribución) e o método just in time, que evitaba os “stocks” aquelando os ritmos de fabricación aos requerimentos expresados pola clientela nos pontos de venda.
Mais as circunstancias da vida afastaron a Rosalía da primeira liña de dirección executiva de Inditex para destinala ao seu compromiso social. Porque na creación da Fundación Paideia Galiza influiu, claro é, a súa circunstancia de nai, mais tamén unha cosmovisión afastada do asistencialismo e baseada na inclusión social. Esa cosmovisión que lle levou a fundar o viveiro empresarial Mans para apostar, como industrias estratéxicas para Galicia, polas da información e comunicación, as audiovisuais e as musicais, xusto das que están resultando máis mancadas pola cegueira política do austericidio.
É certo que, en último de contas, Rosalía podía desfrutar da liberdade de criterio que lle daba a súa posición abastada, mais son ducias no Estado os que partillan semellantes circunstancias e non é, nin moito menos, cotián escoitar ningún dos titulares destas grandes fortunas defender a sanidade e a educación públicas e denunciar os seus recortes.
Como decote facía Rosalía, que acreditaba na cohesión social e non na beneficencia.

Rosalía Mera: Ha muerto una mujer gallega, emprendedora y comprometida

Rosalía Mera fue en vida una gran desconocida, muy probablemente por haber priorizado unos valores muy distintos a los imperantes en el mundo frívolo de la prensa rosa e, incluso, a los imperantes en el mundo de las grandes fortunas. Quizás, desde la ingenuidad, se podría haber descrito la trayectoria vital de Rosalía Mera como la demostración de que con duro trabajo se puede llegar arriba y de que el que llega arriba desde abajo tiende a devolver a la sociedad parte de lo que recibió de ella. Tuve la suerte de conversar con Rosalía Mera en muy pocas ocasiones, pero esa mínima experiencia me basta para saber que no compartiría en absoluto una definición así.
Rosalía nació en 1944 cerca del antiguo Matadero coruñés y en las extremas del barrio coruñés de Monte Alto, una de las patrias (la otra es Castro) coruñesas del escritor Manuel Rivas. El barrio popular por excelencia de A Coruña, y, además, el de más personalidad. Un barrio siempre de izquierdas, con gran actividad cultural y donde el nacionalismo gallego siempre ha tenido una presencia importante desde 1977. Un distrito de trabajadores, donde, sin embargo, han surgido no pocas vocaciones empresariales de esta ciudadanía activa, solidaria y luchadora.
Rosalía, siempre tan alejada de tópicos, cumple, sin embargo, el de la mujer gallega trabajadora de posguerra, sufriendo la interrupción no deseada de sus estudios para ayudar en casa trabajando en “La Maja”, una tienda de moda -entonces puntera-, del centro de la ciudad. Un centro al que los  vecinos de Monte Alto se refieren, conscientes de su personalidad, como una realidad separada, cuando dicen Baixo á Coruña.

La emprendedora
La historiografía empresarial gallega tiende a simplificar cuando atribuye a Amancio Ortega la exclusividad en la construcción del imperio Inditex. Porque los cimientos de este Imperio los echaron, si, los hermanos Antonio y Amancio Ortega Gaona, a los que Rosalía conoció trabajando en “La Maja”, pero siempre en unión de sus respectivas parejas: Primitiva, en el caso de Antonio, y Rosalía, en el caso de Amancio. Su primera iniciativa fue una fábrica de batas (“Goa”, acrónimo formado por el inverso de las iniciales de Amancio Ortega) que precisó un importante endeudamiento bancario. Rosalía siempre ha manifestado que su implicación excedió con mucho de la mera colaboración y tendió a ser ciertamente protagónica. De hecho, como nos recuerda el periodista gallego (“Amancio Ortega, de cero a Zara”) Xabier R. Blanco, el proyecto GOA lo inició la propia Rosalía en 1963, antes de que se incorporará Amancio “full time” y antes incluso de que ambos contrajeran matrimonio, del que se cumplieron hace días 47 años y que se rompería definitivamente veinte años después, en 1986.
La primera década, que sentó las bases del modelo de negocio de Zara (cuyas primeras tiendas se abrieron en 1975), marca comercial de Goasam (el grupo Inditex como estructura general no se creó hasta 1979) conoció del trabajo extenuante y de la aportación esencial de Rosalía Mera a la Empresa, muy particularmente en la concepción central del diseño y en la convicción de que la Empresa debería integrarse verticalmente. Es decir, diseñar, fabricar lo diseñado, distribuir lo fabricado y comercializar lo distribuído. A partir de esta integración vertical (el primero de los secretos de la Casa) surgió el estudio día a día de las ventas de las propias tiendas como la mejor detección de mercado para reducir “stocks” y producir lo que el cliente demandaba (“just in time”, segundo de los secretos del Grupo) para seguir con la internacionalización del Grupo (tercero de los secretos de la Casa), iniciada en 1988.

La comprometida
Pero en 1988 hacía ya varios años que Rosalía había modificado sus prioridades y, por tanto, su dedicación. Porque en 1971 nació, con una grave discapacidad, Marcos, el segundo hijo de Rosalía y Amancio (la primera, Sandra, había nacido en 1968). En los años siguientes Rosalía disminuye su dedicación empresarial. Y transforma su circunstancia familiar en piedra angular de su compromiso social. Nace la Fundación Paideia Galiza, primigeniamente ocupada en la integración sociolaboral de las personas discapacitadas, pero que muy pronto rompió los moldes a los que se ajustaban las Fundaciones y proyectos filantrópicos o solidarios en Galicia. Porque Paideia Galiza supo romper con una concepción asistencialista y de beneficencia para colaborar con otros agentes privados y con las Administraciones Públicas en el diseño y desarrollo de grandes líneas de actuación favorecedora de la inclusión social.
De este modo, la Fundación de Rosalía Mera crea, con la ayuda del IGAPE (la Agencia financiera del Gobierno gallego) el Centro empresarial “Mans”, vivero de empresas destinado a sectores considerados estratégicos para Galicia por Rosalía Mera: las TIC, la industria audiovisual y la industria musical. Consideración estratégica que contrasta con el abandono de estos sectores por parte del Gobierno gallego de Feijóo. Asimismo construye otras iniciativas empresariales de economía social, el “Servizo de asesoramento xurídico e social” destinado a la discapacidad y una gran actividad editorial y de difusión “on line” y presencial en los 12000 m2 que la Fundación ocupa frente a las Casas do Concello coruñesa, en la Praza de María Pita.
La actividad de la Fundación, hoy día, excede con mucho el ámbito primario de la discapacidad y atiende, desde una perspectiva humanista y democrática, muy alejada del asistencialismo, gran número de cuestiones sociales actuales: igualdad de género, exclusión social, perfeccionamiento directivo, economía social…
La otra gran apuesta de Rosalía Mera durante los últimos años ha sido la adqusición de un paquete importante de acciones de la biomédica gallega Zeltia, apostando por una actividad que precisa de muy cuantiosas inversiones para obtener resultados no siempre trasladables fácilmente a la cuenta de resultados. En concreto, Rosalía Mera inspiró toda la línea de investigación de Zeltia orientada a las llamadas “enfermedades raras”. Aquellas respecto de las cuales el conjunto de los laboratorios no prioriza esfuerzos por su falta de rentabilidad, pero que suponen el origen de la discapacidad y muerte de miles de personas.

La persona
Rosalía Mera siempre ha rechazado todo protagonismo y mantenido su intimidad. Pero ha sido inevitable que, sobre todo, gallegos y coruñeses conociéramos algunos de sus intereses y opiniones. A destacar su compromiso con el conocimiento: aquella niña que tuvo que dejar los estudios a los 13 años cursó con aprovechamiento, una vez llegada la treintena, Magisterio y Psicología y adquirió una vasta cultura al alcance sólo de las personas creativas, curiosas y no dogmáticas.
Más repercusión mediática han tenido sus tomas de postura políticas y sociales. La primera y más impactante de ellas fue su adhesión a la plataforma “Nunca Máis”, cuya bandera gallega teñida de negro luto ondeó en la fachada de su Fundación entre noviembre de 2002 y marzo 2003. Una fachada que mira directamente a las coruñesas Casas do Concello, cedidas en enero de 2003 por el alcalde socialista Francisco Vázquez al presidente del Gobierno del Estado, José María Aznar, para celebrar el Consejo de Ministros que aprobaría un retórico y falto de compromisos presupuestarios Plan Galicia, que intentaba acallar la protesta social por la gestión de la crisis del petrolero “Prestige”. En aquel viernes, las banderas de “Nunca Máis” que ondeaban en la Fundación Paideia Galiza eran testimonio del rechazo mudo de Rosalía Mera a la gestión gubernamental y a la complacencia del alcalde coruñés con dicha política, mientras dicho rechazo se hacía perfectamente audible para Aznar desde las miles de gargantas que tronaban “Nunca Máis” desde el exterior del perímetro del primer espacio cívico coruñés, en aquella fecha desalojado de ciudadanos por la Policía.
Pero Rosalía ha opinado alto y claro también durante esta crisis, denunciando los recortes en sanidad, educación y servicios sociales como auténtico suicidio colectivo y defendiendo, no sólo la igualdad de la mujer, sino un enfoque transversal, de género, para todas las actuaciones e intervenciones sociales en materia de empleo, inclusión y empresa. En este sentido, creo que la Rosalía de los últimos 15 años se sentiría cómoda con la definición de ”feminista”, con todos los matices que una persona tan singular y poliédrica confiere a esta clase de definiciones. Por otra parte, su hija Sandra y sus nietos han acudido siempre a colegios públicos, por convicción personal y familiar.

La continuidad
La ley sucesoria gallega confiere muy amplia libertad de testar a sus naturales, que disponen libremente de todos sus bienes, salvo de una cuarta parte que se reparte igualitariamente entre sus hijos. Sin embargo, la fortuna personal de Rosalía Mera (la tercera del Estado español, valorada en unos 4600 M€) parece bien estructurada para la continuidad en su gestión, detentando la titularidad de un 6,99% de la cotizada Inditex (participación valorada en 2400 M€) a través de su patrimonial “Rosp Corunna”, que coadministraba su hija Sandra Ortega Mera. Esta patrimonial detenta también un 5% de Zeltia.
Sandra Ortega Mera parece llamada a continuar el trabajo social, comunitario y empresarial de su madre. Y todo indica que esa continuidad es más que probable, ya que parecen compartir esa sensibilidad humana y social. Sensibilidad que no es tan fácil de encontrar, desgraciadamente, en personas de su fortuna.

Precisamos dunha nova política

A recesión económica e a corrupción sistémica descobriron a gravísima crise institucional que estamos a vivir, que abrangue tanto ao bipartidismo dinástico como as principais Institucións (Consello do Poder Xudicial, Tribunais Supremo, Constitucional e de Contas) xurdidas do pacto constitucional do 1978. A propia Coroa está a ser abertamente cuestionada, xa que non soubo cumprir co seu rol constitucional de arbitrar e moderar o funcionamento institucional, converténdose de feito nunha peza esencial no proceso de “ocupación” das Institucións polas burocracias do bipartidismo. Tampouco cumpriu as súas funcións de integrar a pluralidade nacional española nin a de propor valores para previr unha corrupción que semella nunca lle preocupou substancialmente.
Son tempos, pois, dun novo paradigma, pero xa se sabe que nesta caste de situacións o vello tarda en morrer e o novo tarda en nacer. E o novo pode nacer despois dun proceso de xeración a xeito ou empeorar de xeito moi notábel a xa difícil situación que vivimos arestora. Porque o problema das desafeccións da Cidadanía coa Política é que son bo terreo para as experiencias autoritarias, sexan de fas, fosen de nefás.
Para previr esta caste de experiencias ou tendencias, que están a definir o sistema político ruso e avanzan noutros países da Europa, cómpre construír unha nova Política. Unha Política inspirada nos valores democráticos e de cohesión e inclusión social que fixeron posíbel o equilibrio europeo entre liberdade, igualdade, iniciativa privada e benestar social. Mais, tamén, alicerzada en novos valores de transparencia internacional, participación, hexemonía da sociedade civil, cooperación e responsabilidade.
Galicia é un país dabondo cohesionado para enfrontar con posibilidades de éxito este proceso cívico e republicano de rexeneración cídadá. Mais o troco de paradigma será un proceso indubidabelmente complexo. Porque a nova Política non só vai precisar de novos valores e actitudes, senón dun novo concepto de acción política, moito menos baseado nas estruturas partitocráticas e máis no traballo horizontal cos axentes da sociedade civil e no dereito a decidir dos diversos níveis, evitando, por exemplo, impór unha única política de pactos locais a nivel xeral.

Delicto, culpa e responsabilidade

Nunha democracia occidental, xusto ao inverso ca nos Estados musulmáns, comprendíamos a diferenza entre Relixión e “Res Publica”. Mais semella que, hoxendía e máis na España que na Galicia, moitos responsábeis do Público amosan que esa diferenza non é tan nidia.
Centos de anos de monarquías castelás, austriacas, borbónicas e do falso Estado moderno e contemporáneo (o do capitalismo castizo do BOE) non foron quen de lle aprender á cidadanía a diferenza entre o delicto e o pecado, a culpa e a responsabilidade. Mais, moi de certo, esa incapacidade tivo a súa orixe na identificación, primeiro, do delicto co pecado e, despois, do pecado coa culpa e coa responsabilidade.
Delicto supón incorrermos nunha das máis graves condutas sociais e ser condenado nun xuízo xusto onde o delincuente conta con medios abondos, en democracia, para preservar a presunción da súa inocencia. Pecado é a falta relixiosa e/ ou moral na que incorremos cando transgredimos un código de conduta antropolóxico-moral que aceptamos, sexa por herdanza, for por escolla persoal.
Mais culpa e responsabilidade son conceptos colectivos e non individuais. E velaí o erro dos opinadores españois de arestora: confundirmos o delicto (concepto xurídico do Dereito Penal) e o pecado (concepto antropolóxico e ético vencellado a unha confesión relixiosa) coa culpa e coa responsabilidade. Porque culpa é un concepto individual que abrangue ao colectivo. E responsabilidade supón a vinculación dos nosos actos voluntarios cun determinado efecto ou resultado. Podemos estar libres, si, de delicto e pecado, mais sermos gravísimos culpabéis pola elección ou vixilancia dos infractores ou incumpridores, que serán xente da nosa equipa ou responsabilidade (o que chamamos “culpa in vigilando”, “culpa in eligendo”).
Velaí a túrpida realidade do Presidente de ADIF, do da Renfe, do ministro José Blanco, dos ministros Ana Pastor ou Álvarez Cascos e de todos aqueles que berran aos ceos a súa·inocencia. Porque nas democracias axuizamos (como nos ven de ensinar, nestas mesmas páxinas de El Correo Gallego, o maxistrado Villagómez) culpas e responsabilidades. Nunca delictos nin pecados.

A corresponsabilidade do accidente

É cedo de máis para calquera conclusión definitiva a respecto do complexo causal que xerou a catástrofe da curva d’A Grandeira. Mais as decisións adoptadas nos últimos días por ADIF e RENFE e as caixas negras son ben elocuentes. Semella que existiu, si, un erro humano, mais este erro humano nunca xeraría por si só o accidente se a seguranza do comboio e do camiño de ferro fose a axeitada. En último de contas, co moderno sistema europeo ERTMS o accidente non sería posíbel porque o sistema frearía o tren. Como explicarmos, se non é así, a decisión de ADIF de activar axiña un complexo sistema, recomendado polos expertos que conforman a Comisión ministerial que pescuda o accidente, de freado automático na curva cando a velocidade sobarde os 60 kms/h e o maquinista non actúe?
A decisión é asisada. Mais chega tarde. Cando abrollou xa a convicción de que os Gobernos de Aznar-Cascos, ZP-Blanco e Rajoy-Ana Pastor aforraron en seguridade. Como se Galicia non precisase, por algunha estraña causa, da seguranza integral que gozan os AVE’s a Valladolid, Valencia, Sevilla ou Málaga.
Velaí a razón do nerviosismo dos presidentes de ADIF e RENFE ao acusar en exclusiva o maquinista Garzón. Este enfrontará un proceso penal no que, sen prexuízo da súa presunción de inocencia, aparecen pegadas dun comportamento irregular que podería ser constitutivo de delito. Mais o dos Presidentes de ADIF e RENFE é de puro cinismo político. Non poden seguir un día máis en cadanseus postos.
Os Gobernos do PP e PSOE toleraron unha seguridade desaquelada no traxecto. E un erro humano puido facer o resto, cando o sistema estaba pensado para que a vida dos pasaxeiros non estivese exclusivamente nas mans do maquinista Garzón.

A ARRINCADEIRA: Lástima de bois.
A Coruña coñeceu unha feira taurina absolutamente orfa de seareiros e unha demostración cidadá a prol da súa cancelación que sobardou os límites de determinados colectivos animalistas ou partidos da esquerda nacionalista para acadar unha transversalidade social, xeracional e interclasista. Pódese admitir a subvención encuberta de 90.000 € do Concello a este espectáculo? É admisíbel manter na Lei de protección aos animais de Galicia a taurina licenza para matar?

O grave erro da reforma

O grave erro de concepto de Cristóbal Montoro e Mariano Rajoy no 2013, como o de Felipe González e Tomás de la Quadra no 1985, é crer nunha España única, cunha única problemática local e un único cerebro en Madrid que pretende saber, controlar e gobernar todo. Porque o réxime local pertence, por lóxica, ao ámbito interno do autogoberno galego e a confusión de competencias concorrentes entre Estado e Comunidade Autónoma neste eido, o mesmo que a garantía institucional da supervivencia das Deputacións son dúas das orixes da duplicidade e ineficiencia administrativas e do desbalde de cartos públicos.
Velaí que o que cumpriría, no marco dun federalismo asimétrico -único marco que pode posibilitar a gobernanza desta España plurinacional- sería outorgarlle plenas competencias a Galicia a respecto das súas entidades locais, fóra de dúas regras federais que garantisen o funcionamento democrático e a autonomía financeira dos concellos. Que Galicia regulase o marco competencial e financeiro dos concellos, mesmo propoñendo normativas específicas para fomentar fusións ou, moito mellor, o consorciamento dos seus servizos. E suprimise as deputacións provinciais aforrando 22 millóns de euros/ano.
O Goberno central ven de aprobar un proxecto de lei de reforma local que limitará gravemente a autonomía dos concellos ao forzar a subrogación das deputacións a respecto de moitas competencias municipais. Das resultas desta reforma, uns concellos democráticos cederán grande parte da súa xestión a prol dunhas deputacións provinciais non democráticas e obsoletas, por pertencer á Galicia e España de 1833 e non encaixar na estrutura autonómica do Estado.
Esta reforma, tamén, limitará o Estado do benestar ao igualar por abaixo a prestación de servizos públicos ao abeiro do concepto do chamado “custo efectivo”, desatendendo a advertencia de inconstitucionalidade do seu propio Consello de Estado. Agardemos, xa que logo, que o Parlamento de Galicia e a Xunta defendan a integridade das competencias autonómicas recorrendo esta norma, se chegar a lei, e inaplicando a mesma, dacordo coas competencias exclusivas do artigo 27.2 do Estatuto.