Podemos y C´s asumen con mucha dificultad la autonomía local de sus organizaciones

En efecto, parecen llegar tiempos en los que a las propuestas de la llamada Nueva Política se les exigirán no solo valores de transparencia, regeneración democrática y participación cívica, sino un relato basado en la pluralidad nacional del Estado y en la autonomía local, al tiempo que formulaciones socialmente integradoras, realistas y basadas en el sentido común, que huyan de propuestas poco maduradas o inviables.
La Gran Recesión golpeó duramente la sociedad mediante políticas de austeridad inmisericorde pensadas en los intereses de una pequeña élite financiera, que liquidaron o limitaron muchas de las conquistas del Estado del Bienestar, perjudicando gravemente los tejidos empresariales locales y a las clases medias y trabajadoras. Al mismo tempo, el bipartidismo dinástico (PSOE-PP), apoyado en la Corona y en la estructura institucional de la transición, mantuvo los privilegios de la llamada de modo gráfico, aunque excesivamente genérico “casta”, mientras intentaba tapar las corrupciones que emanaban del sistema de 1978 e intentaba tapar las corrupciones varias del sistema de 1978. En el ámbito de los servicios públicos de los municipios, se adoptaron decisiones tan lesivas como la de la ley de racionalización y modernización de los gobiernos locales de 2013, que potenció las Diputaciones, apostando por las grandes empresas multinacionales y estatales, en lugar de por la calidad en la prestación de los servicios públicos y por las empresas locales.

Traslaciones tardías
El 15-M modificó la agenda política y sensibilizó amplios sectores de las clases medias respecto a la necesidad de un cambio de paradigma, de una profundísima renovación de un sistema institucional acabado. Sin embargo, las traslaciones políticas de este espíritu del 15-M tardaron en llegar. En Galicia surgió en 2012 con fuerza la opción de la Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), fundada a partir de la Anova de Beiras y de Esquerda Unida, filial gallega de IU. AGE se convirtió en la tercera fuerza política en las elecciones al Parlamento gallego del otoño de 2012, pero desaprovechó su posición de privilegiada fuerza emergente por disputas estratégicas sobre su mayor o menor vinculación al proyecto estatal de IU y, en un segundo momento, respecto a la conformación de una nueva alternativa estatal de izquierdas, más o menos vinculada a Podemos.
Después de las elecciones al Parlamento Europeo de 2014 surgió con fuerza la alternativa de Podemos, que ha llegado a superar a PP y PSOE en la intención directa de voto. Por su parte, Ciudadanos (C´s) se convirtió en un nuevo referente al ser cuarta fuerza en las elecciones de marzo al Parlamento andaluz, multiplicando por diez los votos obtenidos por UPD y finiquitando, de hecho, la corta historia de este partido.
Ahora bien, la novedad de estas formaciones y su compromiso teórico con la regeneración política no ha garantizado siempre su ruptura con las formas de la vieja política de PP y PSOE. C´s ha desconcertado a sus simpatizantes en Galicia pasando en 48 horas de no presentar candidatura propia en A Coruña y Ferrol a formalizarla, después de supuestas presiones sobre su dirección estatal para que los alcaldes populares de A Coruña y Ferrol contaran con el bastón de los de Albert Rivera, único que podía garantizarles su continuidad en las respectivas alcaldías. Por otra parte, aunque Marea Atlántica de A Coruña y Lugo Novo han demostrado independencia, pluralismo y capacidad de integración, otras candidaturas cívicas han dado lamentables espectáculos, como su división en Vigo y Ferrol, el veto de EU a Lugo Novo o la anulación de las legítimas primarias de Ourense en Común para evitar que fuese candidato Xosé Mosquera, candidato propuesto desde la formación galleguista -fundada en 2012- Compromiso por Galicia.

¿Hay madurez política?
En general, tanto Podemos como C´s parecen asumir con mucha dificultad la autonomía local de sus organizaciones y minusvaloran claramente la importancia de estas elecciones municipales, lo que resulta poco compatible con el impulso regeneracionista de la nueva política. Por otra parte, se echa en falta un discurso que aúne los valores de transparencia, regeneración y participación ciudadana con un ejercicio realista de la política, basado en el sentido común, que huya de “postureos” y ocurrencias propositivas.
Porque aquí radica el gran dilema de la llamada Nueva Política. Aunar esos valores de regeneración, transparencia y participación cívica con el reconocimiento de la autonomía local y de la pluralidad nacional del Estado, ya que poco regeneracionismo y poca participación se pueden impulsar desde el ejercicio del “centralismo dedocrático”. Y, por otra parte, dotar a los proyectos políticos de esta nueva política de grandes dosis de realismo y sentido común, buscando amplios acuerdos e integración social en la búsqueda de un mínimo común denominador alejado de formulaciones extremistas o teorizantes.

A política do sentido común

A Grande Recesión mancou á sociedade cunha política galega, estatal e europea pensada nos intereses dunha pequena elite financeira, que crebou bastantes das conquistas do Estado do Benestar, amais de prexudicar aos tecidos empresariais locais, ás clases medias e aos sectores traballadores. Ao tempo, o bipartidismo dinástico (PSOE-PP), apoiado na estrutura institucional da transición, mantiña os privilexios da chamada casta e tentaba agachar as corrupcións varias xeradas polo sistema do 1978. No ámbito dos servizos públicos dos concellos é paradigmático como recentemente se potenciaron as Deputacións, apostando polas grandes empresas multinacionais e estatais no canto da calidade no servizo e das empresas locais.
Velaí a resposta das opcións da chamada “Nova Política”, coa fin de encher o baleiro que as forzas dinásticas deixaran. Mais algunhas das súas actuacións decepcionan. Velaí o espectáculo de “Ciudadanos” (C´s) n’A Coruña, Ferrol e Compostela. Nos dous primeiros casos decidiron “dedocraticamente” a súa presentación electoral por intereses alleos ás organizacións galega, coruñesa e ferrolá, nunha medida “in extremis” que tenta blindar a derradeira oportunidade de saír alcaldes dos rexedores da Coruña e Ferrol. No terceiro impuxeron un meritorio candidato, mais pasando por riba da decisión democrática da organización compostelá. O que demostrou que C´s non acredita na autonomía local e na substantividade das eleccións locais. Albert Rivera só mira polo seu proxecto estatal que moitos ollan, non sen razón, a xeito da lista branca do PP.
Canto ás novas alternativas cidadás, fronte á base cívica, pluralidade e independencia da Marea Atlántica e de Lugo Novo, confronta o espectáculo de división de Ferrol e Vigo e máis o mal perder dos actuais xestores de Ourense en Común, ao desbotar o candidato pertencente a Compromiso por Galicia que gañara lexitimamente as súas primarias.
Ninguén dubida que arrincarmos a corrupción e construirmos dende a transparencia e a participación cívica han ser os eixos da nova política. Mais, esta nova política ha ser, tamén, a política do sentido común. Da inclusión maioritaria e do mínimo común denominador. Porque á nosa sociedade abóndanlle os profetas e salvadores e cúmprelle xente comprometida, prudente e que saiba traballar en equipa.

A vella política de “Ciudadanos”

O proceso de selección de candidatos levado adiante polo novo partido “Ciudadanos”(C´s) en Galicia demostrounos de vez como se repiten os vicios e esquemas da vella política nunha nova alternativa. Dous días antes de rematar o prazo de presentación de candidaturas, a dirección estatal do Partido desbotaba a súa presentación n’A Coruña ao considerar que non existía abonda madurez organizativa, malia contar cunha dirección local nomeada democraticamente, incluída a farmacéutica Lola Plata para o cargo de voceira local. O mesmo consideraba a respecto de Ferrol. A Albert Rivera preocupáballe daquela dar unha imaxe de dar as medras de xeito improvisado e sen as bases axeitadas.
Mais a fin de semana anterior viviu unha intensa actividade para pechar estas candidaturas, que moitos vencellan ás propias necesidades dos alcaldes populares da Coruña e Ferrol. Porque, conscientes do lonxe que estarían da maioría absoluta, cifrarían na presentación de C´s a derradeira oportunidade de manter cadansúas alcaldías. Esta lectura motivou unha enxurrada de presións para concretar as candidaturas de C´s. Hai quen mesmo afirma que algúns dos mentores financeiros e mediáticos de Albert Rivera posicionáronse de xeito significativo para que se presentasen estas candidaturas.
Deste xeito, designáronse dende a dirección estatal e á marxe da vontade dos afiliados locais aos candidatos da Coruña e Compostela. Decisión propia do peor “centralismo dedocrático” que non se salva nin polos evidentes méritos profesionais e políticos do candidato compostelán, único dos que presenta o partido na Galicia con certa dimensión e experiencia social.
Do ocorrido tíranse dúas conclusións claras: C´s non respecta ás súas bases locais para elixir candidatos e acredita só no “ordeno y mando” da súa dirección estatal e C´s non acredita nas eleccións locais como procesos substantivos e autónomos, supeditándoos ao proceso das vindeiras eleccións xerais.
Canto ao contido das súas escollas, C´s non se poderá sorprender que moitos digan que semellan a marca branca do PP. Porque, polo menos nos casos da Coruña e Ferrol, semella que seguiron máis o interese deste partido ca o seu propio.

A necesidade do emprendemento

É unha realidade doadamente constatábel, malia que quizais non xeralmente coñecida, que o emprendemento empresarial nunca tivo boa acollida no Estado español. A aristocracia castelá e a Igrexa da Contrarreforma nunca ollaron positivamente cara o emprendemento. Xa na época contemporánea, as grandes elites económico-financeiras do Estado sempre pularon polo proteccionismo alfandegario e polos negocios regulados dende o Poder, priorizando o cultivo das influencias políticas a respecto da inovación. Neste contexto, o emprendedor que non acreditaba na mera busca de rendas dende as súas relacións privilexiadas percébese con desinterese, cando non con aberta desconfianza. “Al amigo el c…, al enemigo por el c… y al indiferente, la legislación vigente”, contan as lendas urbanas que dicía o conde de Romanones, resumindo o sentir das elites político-financeiras, da casta, naquela España de primeiros do século XX.
Contrasta este clima español co desenvolvido noutros territorios da Europa, acolledores a respecto de quen arriscaba os seus medios e posición por un proxecto empresarial. Foron estas, pois, as sociedades, como nos aprendeu Schumpeter, que progresaron dende a avaliación do risco, da seguranza xurídica e do cumprimento das regras do xogo. Porque o aprezo polo emprendedor vai na Europa sempre unido á legalidade reguladora da libre concorrencia e ao sentimento de pertenza á comunidade.
Na Galicia dos últimos corenta anos e a níveis locais tense dado moito, tamén, a desconfianza cara ás persoas, máis ou menos novas, que tentaban mellorar a súa contorna con proxectos empresariais que seica non eran do gosto das elites territoriais correspondentes, sempre atentas a que non se movese nada que non puidesen controlar. ”Que vides facer aquí?”, “Como non avisastes que queríades comprar iso?”… son expresións anecdóticas que todos temos escoitado.
Velaí a realidade actual, na que se confunden os emprendedores cos falsos autónomos (realidade que xorde da desregulación laboral) e cos buscadores de rendas a carón do Poder. Cando a cultura emprendedora tería de ser coidadosamente cultivada na Galicia, que habería ser (dende o rigoroso respecto á legalidade fiscal, laboral e ambiental) o país europeo onde máis doado fose crearmos unha empresa.

Gobernarmos nós o noso

O Ministerio de Economía vén de recoñecer, respostando unha pregunta parlamentaria, que adiantou catro anos a poxa de NCG Banco (agora Abanca) por mor dun informe dunha consultora internacional que lle advertía da posibilidade dunha grave deterioración dos activos do banco público. Das resultas dese informe, o Goberno do Estado vendeulle o banco a Banesco en 1003 M€, un 10% do diñeiro gastado no seu saneamento, perdendo 9000 M€ (nove veces o orzamento galego en Educación). No seu primeiro ano integrado en Banesco Abanca gañou xa máis do que custara.
Cómpre lembrar que o memorándum aprobado pola UE lle daba ao Estado español tempo ate a fin de 2017 para vender NCG. O adianto da súa poxa e, xa que logo, os 9000 M€ de perdas, son decisións proprias de Guindos e Rajoy. A eventual deterioración do valor dos activos de Novagalicia Banco era tan probábel como a de Bankia ou calquera outra entidade. NCG Banco enfrontaba o dano reputacional da débeda subordinada, mais mantiña a principal rede de Galicia, o mellor cadro de persoal, unha cota próxima ao 35-40% en préstamos e depósitos en Galicia e un presidente executivo, José María Castellano, cun proxecto claro para manter a singularidade e galeguidade da marca. Un presidente continuamente cuestionado polo FROB que chegou a boicotear decisións por el adoptadas no estricto ámbito das súas competencias corporativas.
Quere isto dicir que as ruinosas resultas da poxa de NCG Banco para a Facenda pública poden ser froito da incompetencia e da trapallada. Mais cómpre non desbotar ningunha hipótese. Lembran vostedes aquelas presións para que NCG Banco fose engulido a baixo prezo por un grupo estatal, quer o Santander, quer Caixabank? Puido ser este informe unha xustificación para lle entregar a meirande parte do mercado bancario galego a un grupo estatal? Porque foron excluídos os Fondos internacionais da posibilidade de se beneficiar dos créditos fiscais do banco?
Canto á Xunta, semella que Alberto Núñez Feijóo tentou evitar esta poxa e non puido, pola falla de poder político abondo fronte a Madrid. Porque isto non vai de Gobernos amigos. Vai de poder gobernarmos nós o noso, xa que os de fóra andan sempre ao seu. E as razóns de Estado de Madrid nunca coinciden cos intereses galegos.

O audiovisual galego reinvéntase

É o terceiro ano no que analiso, o día despois dos “Mestre Mateo”, a situación deste sector estratéxico da nosa economía, malia que a Xunta do PP non acredite nesta cualidade. No 2013 e 2014 falei do “afogo do audiovisual galego” e agora fágoo da reinvención deste sector. Que pasou de novo?
O audiovisual galego perdeu máis de dous mil empregos durante a Grande Recesión e chegou a níveis do 60% do desemprego. O IVE cultural e a neglixente actitude dun Feijóo ancorado nunha suicida austeridade case liquidan o sector. Mais a grande capacidade técnica e profesional da industria audiovisual galega seguiu a xerar novos produtos e novas linguaxes. Ben era verdade que con grandes atrancos canto á distribución, malia a grande afección do público galego ás súas producións.
Mais o sector está a adoptar unha potente estratexia de internacionalización que permite mellorar esta distribución e que as nosas historias e produtos audiovisuais sexan coñecidas alén do noso País. E mira cada vez máis cara ao que escolle e paga: o público. Velaí A Esmorga de Ignacio Vilar: 80.000 espectadores na Galicia, das resultas non só de 15 semanas nas salas de proxección das grandes vilas, senón dunha agresiva distribución nos centros socioculturais e outros pontos análogos. O 8 de maio estréase fóra de Galicia, en Barcelona, Madrid, Euskadi e Navarra. E axiña estará no Reino Unido e noutros países da Europa. A industria audiovisual galega precisa do motor da nosa TVG. Esa TVG que definiu Marga Pazos, “Mestre Mateo” á mellor comunicadora televisiva, como as canles que “teñen como propietarios aos cidadáns”. Unha TV pública que ten como misións sobranceiras a normalización lingüística e cultural e a dinamización da industria audiovisual do País.

A ARRINCADEIRA
Os grandes trunfadores dos premios “Mestre Mateo” foron A Esmorga e Os Fenómenos (que acadou os premios á mellor longametraxe, dirección e guión). Dous grandes produtos, mais chocou que A Esmorga, récord de público, non gañase o agasallo á mellor longametraxe. Outravolta semella que en determinados ámbitos profesionais opínase distinto ao público. E, sendo iso normal en Hollywood, non estou tan certo que sexa bo para unha industria convalecente como é a audiovisual galega.

Administración local á galega

A mentalidade política que manda en Madrid tende a ver a uniformización e a centralización como elementos positivos. As estradas e os camiños de ferro deseñáronse dende e para Madrid, desprezando os eixos sinalados polos vellos camiños xacobeos e vías romanas. No que atinxe á administración territorial a Constitución de Cádiz impuxo o “ayuntamiento” castelán de vilas e pobos grandes a “todos los pueblos de la Monarquía”, malia que o poboamento de Galicia non fose o típico castelán e andaluz concentrado, senón espallado en moitos núcleos de poboación.
Esta mentalidade mantívose despois do franquismo. A Constitución só lle garantiu o Estado as “bases do réxime local” e Galicia asumiu no seu Estatuto todas as competencias de desenvolvemento deste réxime. Mais o poder estatal ditou unha Lei básica de réxime local que de básica só ten o nome, porque deixou unha marxe practicamente nula a Galicia para poder axeitar este marco ás nosas realidades. E, de paso, comprimiu os nosos concellos nunhas estruturas uniformes que impiden o real exercicio da autonomía local para a mellor prestación dos servizos.
E o Tribunal Constitucional, coma sempre, fixo de árbitro caseiro e consagrou o actual estado lexislativo, totalmente alleo ás tradicións federais (Alemaña, Suíza, USA) que recoñecen a autonomía local e lle outorgan plenas competencias na administración local aos gobernos territoriais.
As recentes leis de estabilidade orzamentaria e de racionalización dos gobernos locais agravaron esta recentralización uniformadora, tendendo a recortar a calidade dos servizos. Os concellos galegos de menos de 20.000 habitantes viven abafados por toda caste de restricións normativas e orzamentarias impostas dende Madrid. E a Xunta non ten competencias para lles restaurar a súa autonomía local, única garantía de boa gobernanza nos concellos.
Velaí a urxencia da atribución ao poder galego das competencias todas canto ao réxime local, incluídas as facendas locais. Porque en Galicia, a boa prestación de servizos só é posíbel dende unha autonomía local real que só pode garantir o autogoberno galego.

Tecermos consensos

Os inquéritos amosan con claridade que o tempo das maiorías absolutas están xa para pasar á historia. Aquelas xogadas electorais onde un 27% do censo (43-45% dos votantes) acadaba nas institucións o poder da maioría absoluta semella que van ser cousa do pasado. E teño para mín que a sociedade non vai sentir mágoa ningunha por esta evolución dos tempos.
As maiorías reforzadas (absoluta, tres quintos…) deseñáronse na Constitución e no Estatuto de Galicia para chegarmos a acordos, para tecer consensos. Non, de certo, para que chegase Rajoy e modulase ao seu xeito os Tribunais Constitucional e de Contas e, por vía indirecta, o Tribunal Supremo. Nin tampouco para que Feijoo puidese recortar a sanidade ou modificar o “status” do Consello de Contas dende a lexitimidade de orixe duns votos que son aptos para gobernar o día a día, mais non para modificar as regras da convivencia.
Velaí o tempo apaixonante da verdadeira política. Aquela que obriga ás distintas forzas políticas e sociais a renunciar parte do seu ideario e aquelar axendas transversais con outras forzas e sensibilidades. A que obriga a construír espazos de diálogo e participación, a que proscribe o “ordeno y mando”. A que ve na gobernanza unha ferramenta de inclusión e cohesión social e non de división e enfrontamento, coma fixeron os últimos Gobernos conservadores e varios dos autonomeados “progresistas”.
Esteamos ou non dacordo, un destes exemplos é o do pacto asinado este día en Catalunya polos partidos CDC e ERC, que quixeron abranguese ás CUP e outras forzas non nacionalistas e, tamén, a organizacións sociais coma a ANC e Òmnium Cultural. Porque outra das características do paradigma que vén é o protagonismo das forzas sociais e cidadás, canda as forzas políticas.
Cómpre tecermos consensos. E, na nosa Galicia, son urxentes o do pacto galego polo crecemento, o consenso a respecto do réxime local, o pacto polo territorio, o medio rural e o ambiente e o pacto pola lingua e pola educación. Sabermos tecer eses acordos, voltarmos á idea de que para gañar uns temos que gañar todos, é a chave do noso futuro económico e institucional.

Crecemos moi cativamente

No 2014 Galicia foi o territorio do estado no que menos medrou o Produto Interior Bruto (PIB). Só un 0,5 por cento fronte ao 1,4% estatal, o 2,5% rioxano ou o 2,2 % estremeño ou canario. Para máis, a nosa desindustralización é evidente, cun peso dos servizos que acada xa o 60 por cento. E tamén é nidia a atonía no crédito.
Como vén de informar El Correo Gallego, Madrid, cun 18% do PIB estatal, supón o 26,5% de crédito, fronte ao noso país, que ten que financiar un 5,4% do PIB estatal con só o 3,16% do seu crédito, mentres os avais do IGAPE ás empresas, que terían de compensar parcialmente esta insuficiencia, se recortaron no 2014 un 60% a respecto do 2013.
O presidente Núñez Feijóo vén de dicir que esta cativeza no crecemento galego é allea á súa responsabilidade por depender de circunstancias esóxenas propias dos sectores naval, enerxético e da automoción. Mais esta suposta falla de responsabilidades non atura unha análise obxectiva. A atonía do sector enerxético atopa boa parte da súa razón de ser na derrogación da adxudicación eólica de 2008, que xa estaba en fase de implementación no verán do 2009. Perdéronse dous anos nun novo reparto eólico que foi xa imposíbel de instrumentar, por mor das novas restricións crediticias e de retribución. Galicia perdeu o liderado nun sector de futuro, non só no que atinxe á produción enerxética, senón ao mantemento dun sector industrial puxante que botamos a perder no novo escenario.
Canto ao naval, o Goberno galego non foi quen de facer realidade os seus insistentes anuncios de novas contratatacións e non explicou aínda o futuro dos supostos investimentos de PEMEX. Mentres tampouco foi quen de defender a xeito a capacidade técnica e produtiva do naval ferrolán fronte á xestión catastrófica dunha ineficiente e centralizada Navantia. De pouco valen os supostos Gobernos amigos se non somos quen de influír nas súas decisións.
As responsabilidades por omisión da Xunta na liquidación parcial do subsistema financeiro galego e na ausencia dunha política de reindustrialización tampouco son alleas a esta atonía económica. O crecemento esixe de proxectos e de financiamento e non casa coa perpetuación da austeridade.