Reformarmos a Constitución

A Galicia e a España do 1978 non son as mesmas que as do 2015. A evolución social, tecnolóxica e económica, mais sobre todo a superación das circunstancias da transición (as resistencias dun franquismo sociolóxico que aínda dominaba naquel ano os resortes burocráticos e militares do Estado) xustificarían unha modificación real das regras do xogo, deturpadas hoxe en día, tamén, pola ocupación das estruturas de poder polas elites do bipartidismo dinástico PP-PSOE.
No nível estatal é urxente a independencia real do Poder Xudicial, anulada pola política de provisión de prazas que rexe na Audiencia Nacional e nos Tribunais Supremo, de Contas e Constitucional. E pola axenda temporal destes Tribunais. Tamén son urxentes marcos regulatorios que garantan a transparencia e a participación cidadá e a efectividade dos dereitos sociais á saúde, á vivenda e ao ambiente, entre moitos outros que a Constitución vixente enunciou como obxectivos sociais, mais que nunca garantiu.
Pero, se falamos de Galicia, resulta evidente que o sistema estatutario deseñado no 1978 crebou, á vista do continuo proceso de recentralización que non respectou a distribución do Poder que se deseñou naqueles anos do 1978 ao 1981. Galicia hoxe non pode decidir o seu sistema educativo, o seu financiamento nin as políticas sociais e económicas que poden resolver os seus problemas. O nível real do autogoberno carece da virtualidade precisa para xestionar as nosas infraestruturas viarias, portuarias e aeroportuarias e tamén para deseñar os instrumentos que muden a nosa demografía, ordenen o noso territorio e administración e lle dean pulo ás nosas empresas.
A Constitución vixente deseña un sistema de reforma agravado que non tería porque ser preciso para a implantación dun Estado verdadeiramente descentralizado. É dicir, un Estado en rede, que recoñeza a plurinacionalidade e o carácter plurilingüístico e pluricultural do que chamamos España. Que substitúa ese cerebro que todo o pensa e todo o entende (sempre vencellado ás elites beneficiarias do capitalismo castizo do BOE) por unha descentralización real na regulación social, económica e política.
O avance social e cidadán na España vai vinculado intimamente ao avance do recoñemento xurídico-político da plurinacionalidade. E xa non se pode mirar cara outro lado.

A penalización da enerxía galega

A tarifa eléctrica única para todo o Estado é un despropósito. Territorios de alto consumo doméstico non produtores de enerxía, como Madrid, pagan menos ca Galicia, pois que aquí temos que aboar para máis un suplemento polo tributo autonómico que grava a enerxía eólica que producimos.
O sistema centralizado, en xeral, beneficia ás illas Canarias e Baleares, Ceuta, Melilla, ao carbón asturpalentinoleonés e ao grande consumo doméstico dos territorios non produtores, como Madrid, penalizando ás grandes empresas industriais e aos consumidores domésticos, nomeadamente aos máis pobres e aos que tentan producir parte da enerxía que consumen. A tarifa única, por outra banda, aproveita a falla dunha política europea da enerxía para impor un trato de favor (nomeadamente apreciábel cos últimos ministros Sebastián-PSOE e Soria-PP) ao oligopolio das tres grandes distribuidoras-comercializadoras: Gas Natural-Fenosa, Iberdrola e Endesa. As tres adoitan ser refuxio de antigos dirixentes socialistas e populares.
As sucesivas reformas da lexislación do sector eléctrico e do marco tarifario, canda o desestimento do concurso eólico do goberno de coalición BNG-PSOE imposto por Feijóo, liquidaron o eólico como sector estratéxico da economía galega e impediron que o noso capital autóctono adoptase posicións sólidas no ámbito da produción enerxética, mentres se reforzaba o predominio da distribución e do transporte. Para máis, a supresión das primas á ininterrumpibilidade puxo en perigo a continuidade empresarial de grandes consumidores industriais galegos, como Alcoa, mentres en Galicia a pobreza enerxética xa afecta milleiros.
Pagamos máis por producir enerxía, malia sufrirmos importantes custos ambientais. Galicia é a grande prexudicada da regulación enerxética. Porque, ademais de pagar máis caro, impedíusenos beneficiarmos do desenvolvemento empresarial do sector das renovábeis.
Velaí que a iniciativa lexislativa popular que vén de promover a CIG, a respecto da necesidade dunha tarifa eléctrica de noso, abra un dos principais debates do futuro económico de Galicia. Falemos, pois, de balanzas enerxéticas e sexamos conscientes dos nosos intereses, que só nós podemos visibilizar.

O valor da unidade

A iniciativa dunha cumprida representación do noso mundo profesional e cultural para a celebración cidadá do Día da Nación galega o vindeiro 25 de xullo ten un valor evidente, porque convoca unha celebración que transcende partidos e vertebra a nosa sociedade. Tendendo a unha reivindicación baseada na nación como acto de cidadanía, como acto de civismo e vontade.
Esta iniciativa opera nun plano que só atinxe ao mundo -máis ou menos amplo, máis ou menos limitado- do nacionalismo, do galeguismo e mesmo dos que ven Galicia en clave de país e como tal, suxeito político por si proprio. Neste contexto, non deixa de ser verdade que o outro debate que está riba da mesa, o de xuntar cidadanía nunha grande marea galega, que sobarde estes límites e atinxa, apelándoos, a outros sectores da sociedade galega, partilla noutra liga. Cómpre, pois, non confundirmos os conceptos nin confundirmos os debates, mais sen sermos tan inxenuos como para ignorar que un e outro están certamente relacionados.
Na Galicia e na Europa do 2015 cada vez son menos comprensíbeis as liortas partidarias en clave propria da “Vida de Brian”. Importan, xa, ben pouco os purismos, os resistencialismos e os adanismos. Son tempos de tecer complicidades e de construír pontes. E de escoitar a esas ducias de milleiros de galegos e galegas que non entenden as artificiais diferenzas entre os fas e os nefas, entre a fronte xudía de liberación e a fronte de liberación dos xudeus. De escoitar ao común.
Porque, precisamente dende o plano cidadán (dende o plano veciñal) non hai risco de que o mato non nos deixe ver as figueiras. Non hai risco de que os ideoloxismos non nos deixen albiscar as solucións.

A ARRINCADEIRA: EUROPA, EUROPA
Outravolta a Europa da incompetencia pariu unha (non) solución á crise grega. Mais as disensións na Syriza e na CDU alemá ilustran que os grandes problemas da nosa convivencia só se resolverán con máis Europa. Cunha gobernanza común que mutualice todas as débedas públicas, unifique a defensa militar, a coordinación fiscal, a unión monetaria e máis a diplomacia. Doutro xeito hanos comer polos pés. A falla de visión dos austericidas e de determinados “campións nacionais” afasta a única solución posíbel. A solución global europea.

Voltarmos ao consenso lingüístico

O acordo a prol da promoción da lingua asinado por todos os partidos, a medio dos bos oficios da Mesa (para a Normalización Lingúística), ten unha trascendencia indubidábel. Por unha banda vencella á nova esquerda de Podemos coa nidia liña de discriminación positiva que debulla o acordo. Por outra, visualiza a ruptura aparente do PP coa utilización partidista que leva facendo do galego dende fins do 2008. Utilización que xerou graves danos, non só ao uso da lingua, nomeadamente no ensino, senón á mesma cohesión social.
Semella que o PP dá por amortizada a adscrición electoral a Ciudadanos (C´s) da minoría galegófoba, pouco significativa en cantidade, mais de certo e minguante predicamento en determinados sectores urbanos. E tenta achegarse ao centro e a un discurso de integración que o PP tiña moi claro antes do 2006.
Cómpre, tamén, salientar a remuda na estratexia da Mesa. Independízase de -oficiosos- vencellos partidarios para asumir un rol transversal de organización social de referencia no eido lingüístico, contribuíndo a lle dar músculo á nosa sociedade civil. Un acerto.
Mais este acordo chega en tempos moi difíciles para a lingua e de pouco ha servir se os actores políticos e sociais non son quen a levalo ao eido práctico. Derrogando máis cedo ca tarde o Decreto de plurilingüismo e facendo social este grande consenso político, nomeadamente para avanzar na normalización dos mundos empresarial, xudicial e sanitario. E afondando na estratexia da Iniciativa Lexislativa Popular “Paz Andrade” para fomentar a integración cultural, comunicacional e empresarial de Galicia nunha vizosa lusofonía presente nos cinco continentes. Co obxectivo de facer Galicia visíbel no mundo, mais tamén facerlle visíbel aos galegos que a nosa lingua e o portugués son ponlas da mesma árbore. E que os galegos non precisamos de tradución para lermos Borges, mais tampouco Nélida Piñón.
E deixemos, mentres, as leas normativas. Porque, de seguirmos esta folla de ruta, as decisións neste eido tamén chegarán ao seu tempo. Dende o consenso social e político, como han chegar as grandes decisións de País.

La lista de unidad catalana demuestra que el soberanismo sigue dominando los tiempos

El líder de CDC, Artur Mas, y el de ERC, Oriol Junqueras, han sabido aparcar sus importantes diferencias (y su indiscutible rivalidad personal) para integrar juntos una candidatura de claro predominio ciudadano, con la mente puesta en ganar las próximas elecciones autonómicas del 27 de septiembre, que ambos plantean como plebiscitarias. Todo el soberanismo concurrirá unido, salvo los antisistema de la CUP que aportarán votos incompatibles con los planteamientos centristas de Convergència. Recientes encuestas dan a este tipo de formulación electoral posibilidades de mayoría absoluta, que no aparecían en las encuestas del pasado otoño.
Fuera de Catalunya e incluso fuera de Europa cada quien tendrá su opinión sobre la posibilidad objetiva de que aquel país mediterráneo se independice del Estado español. Pero haría bien cualquier observador foráneo en evitar los medios madrileños como fuente de información sobre la evolución política catalana. Porque son de una descarada parcialidad y, además, no dan una.
Madrid (y alguna discutida política catalana como la líder territorial del PP Alicia Sánchez Camacho) habían ya sentenciado al president Mas y, en general, al soberanismo. El llamado “soufflé independentista” bajaba -supuestamente- y las disensiones en el soberanismo eran ya irreconciliables.
Pero Artur Mas y el líder de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Oriol Junqueras, llegaron al acuerdo que no había sido posible en noviembre pasado para presentarse juntos a las elecciones autonómicas que Mas convocará, disolviendo el Parlament, el próximo 3 de agosto. Unas elecciones que ambos califican de plebiscitarias.

Unidad ciudadana desde la sociedad civil
Pero el acuerdo fue posible porque los dos partidos CDC y ERC (a los que se han unido las escisiones de los democristianos de Uniò Democrática de Catalunya -Demòcrates de Catalunya- y de los socialistas catalanes del PSC -Moviment d’Esquerres-) fueron conscientes de que ha sido el liderazgo de las organizaciones que vertebran la sociedad civil el que ha permitido este acuerdo ciudadano. Fundamentalmente el liderazgo de la Assemblea Nacional Catalana (ANC), organizadora de las demostraciones callejeras más importantes cuantitativamente de la reciente historia europea, con ocasión de las últimas Diadas del Onze de Setembre, en 2012, 2013 y 2014.
Por ello se ha procurado manifestar ante la ciudadanía catalana este predominio social, ciudadano, respecto de los partidos. La lingüista y ex presidenta de la ANC, Carme Forcadell será la nº 2 por Barcelona, mientras que la economista y presidenta de Òmnium Cultural será la nº 3. Artur Mas será el nº 4 y Oriol Junqueras el nº 5, aunque nominados respectivamente para la presidencia y la vicepresidencia de la Generalitat. El nº 6 será el presidente de la organización de castellanohablantes por la independencia Súmate.
Cuidadosamente calculada parece la elección del nº 1 de la candidatura, el ex eurodiputado de Iniciativa Els Verds (ICV) Raül Romeva, de nítido perfil ecologista, pacifista y de izquierdas. Sin duda un perfil para disputar los votos a la coalición de ICV con Podem, Guanyem y otras fuerzas que pretende situarse por encima de la disputa soberanismo vs constitucionalismo, a través de un genérico y descafeinado reconocimiento abstracto de un derecho a decidir de Catalunya sin traducción práctica en la agenda politica.

Expectativas favorables al soberanismo
Los anticapitalistas asamblearios de la Candidatura d’Unitat Popular (CUP) han quedado, sin embargo, al margen del acuerdo, toda vez sólo estaban dispuestos a integrarlo si la lista unitaria integrarse sólo personas vinculadas a la sociedad civil y nunca políticos (CdC y ERC se reparten al 60-40% los puestos de la lista no reservados para representantes ciudadanos o a Demòcrates de Catalunya y al Moviment d’Esquerres). Pero hasta esta circunstancia parece aliarse a favor de los eventuales buenos resultados del soberanismo, ya que la CUP va a atraer el independentismo de extrema izquierda e incluso sectores próximos a la tradición libertaria catalana que dificilmente apoyarían una candidatura que integre a Mas.
El propio periódico barcelonés La Vanguardia, ciertamente alejado de los postulados soberanistas desde que Màrius Carol (hombre íntimamente vinculado a su editor, el Conde de Godó) accedió a su dirección, ha modificado su línea para situarse más próximo al soberanismo que a lo que denomina “inmovilismo” de Rajoy y del PP, quizás consciente de que una clara derrota del soberanismo bloquearía cualquier mejora del autogobierno catalán.

No existen bloques en Catalunya
Y es que aunque sólo un 44% de catalanes apoyarían la independencia frente a un 48,4% que la rechaza (según la misma encuesta de la pasada semana de La Vanguardia que daba a una lista unitaria soberanista la eventual mayoría absoluta), casi el 80% está a favor de que la ciudadanía catalana decida su nivel de autogobierno y el 74% están a favor de incrementarlo sustancialmente. Es decir, son amplísima mayoría los que están a favor de un autogobierno más amplio y del derecho a decidir de los catalanes.
Al tiempo, parece generalizada la idea de que los partidos constitucionalistas, singularmente el PP y Ciudadanos (C`s) carecen de proyecto para Catalunya distinto al del inmovilismo, incluso acogiendo tesis abiertamente recentralizadoras, que parecen del agrado de un Albert Rivera mucho más pendiente de la acogida a sus propuestas en el resto del Estado.

Elecciones plebiscitarias
Lo que ya parece garantizado es el carácter eminentemente plebiscitario de la decisión catalana del próximo 27 de setembre, como han defendido Mas y Junqueras desde noviembre de 2014. Sin duda la participación será elevada y es poco probable que no se sientan convocados a votar muchos, quizás casi todos, como ya ocurrió el pasado 18 de septiembre en Escocia.

A pinza PP-PSOE

PP e PSOE seica monopolizaron a representación política dende 1982, despois da desfeita da UCD. O chamado “sistema da transición” é, basicamente, a do bipartidismo dinástico, abeirado na lei D´Hondt e nunha retroalimentación que abrolla con descaro cando é cuestionada seriamente. Se no 1979 a UCD, Coalición Democrática (antecedentes principais do actual PP) e PSOE deron cabo á experiencia do goberno de coalición n’A Coruña de Domingos Merino, hoxendía voltamos á pinza amosada nos recentes Plenos de organización da mesma cidade e de Lugo. O mesmo Feijóo vén de declarar nunha entrevista que quere “un PSOE forte que lle diga non aos nacionalistas e a Podemos”.
En realidade, un dos principais motivos polos que o PSOE, neste contexto, é un problema e non unha solución está no seu carácter de franquicia institucional, que lle merca ao PP ideas como a blindaxe da priorización do pagamento da débeda a respecto do mantemento dos servizos públicos (reforma “express” do artigo 135 da Constitución en outubro do 2011) ou unha idea monolítica de España que tende á continua recentralización e á negación da plurinacionalidade do Estado. E, á vista da iconografía de Pedro Sánchez na súa recente Conferencia Política e da limitada visión territorial de Carme Chacón, semella que o problema ha continuar.
Vivimos un tempo de fondas remudas institucionais, sociais e políticas. Xa que logo, máis cedo ca tarde, o PSOE terá que decidir se quere partillar dun outro relato, axustado a unha idea plurinacional do Estado a unha socialdemocracia renovada e participativa, ou tenciona defender unha democracia de baixa calidade, que despreza os valores da participación cidadá e asume como dogma as estreitas lindes do austericidio.

A arrincadeira: Manuel María, poeta cívico.
Ninguén pode negar o acerto da escolla este ano da Academia a respecto do protagonista do Día das Letras Galegas. Manuel María é o noso máis senlleiro poeta cívico dende Curros. Coherente coa súa ideoloxia, sempre foi persoa atenta e aberta, quen a sumar e tender pontes coas persoas que non pensaban coma ela. Ogallá o 2016, ademais de conmemoralo -canda ás Irmandades da Fala, que cumpren o seu Centenario-, afonde na cultura que preferiu tender pontes a excluír ninguén, como adoitaba facer Manuel María.

SOS Sector lácteo

O complexo alimentario supón o 10% do emprego galego, case duplicando os números do Estado e da UE. Galicia achega case o 45% do leite producido no Estado, malia que só transforme industrialmente o 10%. Xa que logo, a produción de leite é un sector económico esencial na Galicia, porque tamén xera outras actividades no territorio e fixa poboación no medio rural. Mais para España a produción láctea é moi pouco importante. O que lle importa é que a grande distribución merque barato. O Estado –e isto non ten a ver con gobernos de dereitas ou de esquerdas– quere que Mercadona venda o máis barato posíbel o leite Hacendado.
É verdade que a reducida dimensión territorial das explotacións lácteas galegas fíxoas depender moito duns insumos cada vez máis caros e que os gandeiros con meirande base territorial, que dependen dos seus proprios pastos e forraxes, non o están a pasar tan mal. Velaí unha das claves principais do sector cara ao futuro, xunto coa diversificación produtiva e de marcas e a potenciación industrial, segundo o profesor da USC, Edelmiro López Iglesias.
Mais arestora vivimos uns intres absolutamente de crise, que requiren medidas a curto prazo. Porque a grande distribución, nomeadamente Mercadona, está a lle mercar cada vez máis leite a produtores de ampla base territorial máis próximos aos grandes centros de consumo. E porque Leite Río está a vulnerar centos de contratos con produtores, deixando de lles recoller o leite ao prezo fixado contractualmente, como vén de denunciar o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña. O leite é perecedoiro e o gandeiro terá que vender moito máis barato para non perder o seu produto.
Nesta situación urxente, a Xunta habería abandonar a súa inactividade para perseguir calquera violación do dereito de libre competencia que sucede cada vez que se merca leite a un prezo inferior ao de custo. E facilitar un sistema arbitral (o que adoita consignarse nos contratos non funciona nalgunhas Cámaras de Comercio) que permita resolver rapidamente os incumprimentos dos contratos entre gandeiros e industrias.
E non confiemos no Goberno central. Non vai facer nada. Unións Agrarias (UUAA) e Xóvenes Agricultores (XXAA) haberían sabelo xa nesta altura.

Pararmos os desafiuzamentos

A Constitución non recoñeceu un dereito subxectivo á vivenda, senón que converteu a provisión de vivenda digna nun dos principios reitores das políticas sociais e económicas, só reclamábel en función das leis que regulasen estas políticas. A recesión multiplicou os casos de desafiuzamentos de vivendas, quer por execucións hipotecarias, quer pola falla de pagamento dos alugueiros. E o PP, gobernante na altura na Xunta, no Estado e en moitos concellos, amosouse absolutamente desleixado cara estes problemas.
No que atinxe ás execucións hipotecarias, a lei procesual civil impedía cuestionar dentro do procedemento executivo a legalidade da débeda, nomeadamente as cláusulas abusivas dos xuros convencionais ou de demora e da taxación unilateralmente imposta pola entidade bancaria. E a solución chegou do Tribunal da Unión Europea, malia que Rajoy traspuxo a norma ao seu xeito canto a prazos.
Nesta caste de desafiuzamentos imponse a tutela xudicial. Mais compre distinguirmos, neste ámbito, estes desaloxos dos xerados pola falla de pagamento dos alugueiros. No último caso (agás algunhas excepcións) semella que non se lle pode facer apandar indefinidamente aos propietarios coas consecuencias desta falla de pagamento. Mais tamén cómpre derrogar a normativa que impide parar o despexo pagando a débeda pendente ás persoas que xa o fixeran no pasado. E cómpre que os Xulgados dean conta ás Oficinas Municipais de Servizos Sociais da admisión de toda demanda desta caste tan logo como se produza.
O que si precisa unha resposta unificada a ambos os dous tipos de desafiuzamento é a garantía do dereito a unha vivenda digna. Garantía que requirirá da intensa coordinación entre os concellos, competentes na asistencia social primaria, e a Xunta, competente na política de vivenda. Da Xunta habían vir solucións como un parque de vivendas para alugueiros sociais que merecese este nome e todas as medidas posíbeis para pór o meirande número de vivendas baleiras ao dispor das persoas en risco de perda da súa vivenda.
É indubidábel que as novas maiorías gobernantes nos principais concellos galegos asumen esta prioridade. Mais, que dicir da Xunta? Será quen de traballar man a man cos gobernos municipais doutra cor política? Coñecendo ao PP e a Feijóo cómpre dubidalo, máis aló de quitar a foto.

Iglesias non pode dirixir Galicia

Podemos foi a primeira forza política que levou con éxito a unhas eleccións as prioridades da axenda social que abrollaron no 15-M. De feito, hai só un ano, Podemos constituía o cerne da nova política. A intelixencia estratéxica dos Iglesias, Errejón et alter soubo, despois, darlle ao novo partido unha mensaxe substancialmente rexeneracionista e socialdemócrata, na idea de confrontar co PP polo liderado político e substituír ao PSOE como alternativa.
Mais dende aquela as cousas mudaron moito, como adoita ser cotián nestes tempos. Podemos inhibiuse en xeral da loita electoral municipal, mais nos concellos nos que partillou -non sempre demasiado activamente- candidaturas de unidade cidadá (Marea Atlántica da Coruña, Compostela Aberta, …) os resultados foron o dobre de mellores ca nas eleccións autonómicas nas que Podemos presentaba a súa marca. Para alén, a experiencia da Marea Atlántica demostrou que tan importante é o resultado como o proceso. A maioría da xente ilusionada nesta andaina non quere só votar un partido e líder, senón participar democraticamente.
Moitas persoas queren xa trascender das decisións dun señor e dun reducido comité que todo o dirixen e todo o saben para participar na adopción das decisións do común.
Para máis, esta pluralidade cidadá semella moito máis convencida da necesidade dunha solución galega (chámese maré ou como cumpra) que de transladar o espazo de decisión ao Estado. O que non quita para que no futuro esta solución galega colaborase estreitamente coas forzas estatais que partillasen a súa sensibilidade. E non só dende a perspectiva defensiva de garantir os intereses da Galicia ou ampliar moi substancialmente o seu autogoberno, senón tamén para enfrontar reformas transformadoras a prol das maiorías sociais nos ámbitos da economía, da política social ou da transparencia e participación na gobernanza.
Esta realidade renxe con esa estrutura centralizada que adoptou Podemos e máis cun regulamento de primarias que permitiría presentar candidatos de Murcia pola circunscrición de Pontevedra. Velaí que Iglesias habería renunciar á presentación das súas siglas, como seica van facer os demais partidos que apoian este espazo.

Grecia necesita el apoyo del BCE, inversiones y crecimiento para pagar una deuda reestructurada

Los griegos han rechazado la persistencia de unas fracasadas políticas de austeridad y han votado en clave de dignidad democrática. El no griego al ultimátum de las Instituciones (FMI, BCE y Eurogrupo) abre un escenario complejo, pero apto para la construcción de consensos en favor del euro y de la Unión Europea. Las razones económicas empujan a reestructurar la deuda, garantizar la liquidez y estimular el crecimiento que haga posible pagar aquella, aunque fuerzas poderosas anteponen una clave política que pasaría por demostrar a toda Europa que quien desafía el dogma de la austeridad no sale vivo del intento.
La ciudadanía griega habló de modo contundente. Con el 98% de los votos escrutados, el ‘no’ se imponía por más de 22 puntos de diferencia (61,29% frente a 38,71%). Es evidente que la ciudadanía respaldó el órdago del gobierno Tsipras en una dimensión muy superior a la propia base electoral de Syriza.

Las claves de un voto negativo
Esta transversalidad del voto negativo (quizás con la excepción de las clases privilegiadas, claras partidarias del voto afirmativo y de la gente mayor, donde los números parece que han estado mucho más equilibrados) explica que hubo un consenso generalizado entre el electorado griego en la idea de “hasta aquí hemos llegado”, como bien señalaba hoy mismo en las páginas de Mundiario el periodista y analista económico Sergio Barbeira. Y es que una de las claves de este resultado (no previsto en su contundencia por la desmoscopia) reside en que sólo el NO abría caminos para los griegos: el SÍ hubiera supuesto la rendición de Grecia ante unas políticas de austeridad fracasadas en toda Europa, pero cuyo grado de lesividad ha sido excepcional en Grecia, con tres trimestres consecutivos de crecimiento negativo y un proceso de depauperación acelerado de sus clases medias y trabajadoras. Además de servir para darle el finiquito al único Gobierno que planteó una alternativa (tampoco muy elaborada ni especialmente coherente) a la estéril austeridad de frau Merkel et alter.
Otra clave ha sido política. La ciudadanía griega ha actuado reactivamente al miedo que intentaron sembrar casi todos los dirigentes de la UE, desde Merkel o Paul Schultz, presidente del Europarlamento, hasta el presidente de la Comisión Europea, Jean Claude Juncker. El elector griego ha reaccionado en clave de dignidad nacional y reivindicado el valor del voto en la democracia. Frente a ministros como Isabel García Tejerina, que dudan de las virtudes democráticas de los plebiscitos, Grecia ha apelado a los valores democráticos, que son realmente el acervo común a todos los europeos.
Y también ha existido, pero quizás en mucha menor proporción, una expresión de confianza en Tsipras y su equipo, incluído el controvertido ministro de Finanzas Yanis Varoufakis.

¿Qué pasará ahora? ¿Política o economía?
Las reacciones a los resultados, incluso a mitad de escrutinio, no se han hecho esperar. El vicecancilller alemán Sygmar Gabriel (SPD) ha sido durísimo al anunciar que el resultado había sido “el peor” y que los griegos debían asumir las consecuencias de su decisión. Pero dicha reacción parece que no cuenta con la anuencia de otros líderes socialdemócratas, como el presidente francés François Hollande o el gobierno italiano de Renzi, dos de cuyos ministros se han mostrado contemporizadores y abiertos a un pacto que ven “factible y necesario”.
Si se atiende al reto del euro y de la unidad europea, la solución habría de ser de colaboración y construcción de consensos. La primera clave pasa por Draghi y por el Banco Central Europeo, único financiador de la banca griega y que tiene este lunes la clave para permitir que Grecia levante el martes su “corralito”. Pero las medidas habrían de continuar con la reestructuración de la deuda (tanto en lo que respecta a los plazos como a una cierta quita), que debería acomodarse a la capacidad de pago griega, como han defendido desde Stiglitz hasta Obama, pasando por los técnicos del FMI. Una capacidad de pago que sólo puede restaurarse por un crecimiento prolongado y sostenido, para lo que se precisa un amplio plan de inversiones impulsado desde Europa. Crecimiento que, desde luego, debería apoyarse por reformas estructurales griegas que Tsipras no puede seguir retrasando, como la reforma administrativa o fiscal, la mejora de la productividad o el sustancial recorte de un inasumible gasto militar.
Pero gran parte de la derecha europea, comenzando por frau Merkel y Mariano Rajoy, pasando por eslovacos, bálticos o finlandeses, entienden la tragedia griega no desde el punto de vista cooperativo del win to win, sino en clave de imposición de medidas inasumibles de austeridad para que no se cuestione en serio que la conducción de las políticas europeas desde el comienzo de la crisis ha sido una catástrofe. Y para que no cunda el ejemplo de que quien cuestione el dogma de la austeridad pueda salir vivo del intento.

Un epílogo lleno de dudas
Claro es que ahora, a pesar de la confusión, parece que son significativas las fuerzas dentro y fuera de la Unión Europea que apelan por una solución en clave cooperativa, única que puede salvar el euro y la Unión.
De todos modos no está garantizado que las decisiones que de ahora en adelante se adopten sean las correctas. La historia europea de los últimos quince años es un ejemplo de persistencia en el error y perseverancia en las políticas que dañan la economía, limitan la producción y generan sufrimiento. Pero faltan estadistas que crean en Europa y entiendan cual es el camino que lleva al bienestar y al crecimiento.
Porque -como ha apuntado certeramente el politólogo gallego Antón Losada- si la Unión Europea no garantiza la democracia y el bienestar, perderá su razón de ser.