A parcialidade da mensaxe real

O Xefe do Estado escolleu este Nadal o Salón do Trono do Pazo Real de Madrid para lle transmitir á cidadanía española unha mensaxe na que tomou partido a prol dunha idea de España uninacional e esencialista, vencellada a unha suposta historia común de grandes éxitos. E vencellou a Monarquía, a Coroa, a esta idea esencialista, máis ancorada no pasado que proxectada no futuro.
A propia escolla do lugar afastou a El-Rei de transmitir proximidade e complicidade, para salientar a solemnidade e a vinculación da dinastía Borbón con ese pasado de supostas glorias comúns, no canto de conectala coa elección cidadá e co pacto social. Mágoa que Felipe de Borbón non lembrase que os seus devanceiros protagonizaron episodios tan pouco edificantes como a represión en Catalunya, Illes Balears ou País Valenciano (Felipe V, 1707-1715), a represión aos liberais e demócratas de Fernando VII ( 1814-20 e 1823-33) ou o apoio do seu bisavó Alfonso XIII á ditadura de Primo de Rivera (1923) e ao golpe do xeneral Franco (1936).
Porque, alén dos parabéns de Nadal en galego, catalán e euskera, El Rei non fixo aceno ningún a prol da España plurinacional e amosou ben ás claras as súas prioridades. O problema principal sería a unidade do Estado, non os déficits de xustiza social, equidade e falla de cohesión xeradas pola Gran Depresión. Velaí que todas as forzas políticas alleas ao trivote PP-PSOE-C´s sinalasen as súas graves diferenzas co eixo do relato de El-Rei.
Semella, pois, que a Coroa tende a se identificar cos valores do nacionalismo español e renuncia ao exercicio da súa función moderadora. Afastándose non só das periferias, senón dos sectores cívicos máis partidarios do cambio. Asumindo o relato da dereita española, reconciliándose cos sectores sociais máis específicamente monárquicos e renunciando á sedución dos sectores máis progresistas.
Felipe de Borbón manifestou un concepto de “Constitución” esencialista e pouco aberto a remudas ou reformas. Un concepto estático de legalidade constitucional que fai prognosticar unha actitude continuadamente refractaria da Coroa fronte ao encaixe plurinacional do Estado. Polas razóns que sexan, o Xefe do Estado semella que xa non acredita naquel lugar común da “Monarquía para todos”.

O grupo da Marea

Os mois bos resultados da coalición En Marea poñen no foco a adscrición dos seus deputados no Congreso, porque a coalición cumpre os dous primeiros requisitos do artigo 23 do Regulamento do Congreso: máis de 5 deputados (ten 6) e máis do 15% de votos en cada unha das catro circunscricións nas que se presentou.
Porén, a regulación parlamentaria prohíbe que os deputados dun mesmo partido se adscriban a máis dun grupo parlamentario. Polo que os deputados de Podemos non poderían -segundo algunhas interpretacións- integrarse máis que no grupo de Podemos, o que inviabilizaría o grupo da Marea Galega, reducido aos 4 deputados eleitos non pertencentes a Podemos. Mais o que prohíbe o Regulamento é que o PSOE, o PP ou Podemos formen varios grupos en fraude de lei. E, neste suposto, as candidaturas catalá, valenciana e galega non son candidaturas de Podemos, senón candidaturas pertencentes a coalicións que son suxeitos políticos de seu nas que participa (de xeito paritario, cando non minoritario) o partido Podemos. Coalicións que, polo menos na Galicia, non identifican a afiliación de cadanseu candidato, polo que o eleitor descoñece a pertenza de cada eleito a algún dos partidos coaligados ou a ningún deles, irrelevante a estes efectos.
A norma tamén prohíbe partillar no mesmo grupo a representantes de partidos que non se tivesen enfrontado nas pasadas eleccións. E algúns dín que Anova e Podemos non se enfrontaron en parte ningunha, polo que o grupo da Marea ficaría vetado. Mais o que tenta evitar esta prohibición é, xustamente, que deputados pertencentes á mesma coalición ou, quizais, a distintos ámbitos xeográficos, poidan formar grupos distintos e multiplicar os seus recursos materiais e mediáticos en fraude de lei. É dicir, os/as deputados/as de En Comú Podem (12) non poderán formar dous grupos, malia quitar escanos abondo. Neste caso, outravolta cómpre considerar En Marea como formación política de seu, o que lle outorga aos seus deputados o dereito a formar grupo en igualdade de condicións co PSOE ou co propio Podemos.
Mais, con ser moi importante materialmente a formación de grupo de seu, o relevante en termos políticos será a efectiva independencia do mesmo, como ferramenta dun suxeito político propio.

Máis ca nunca a clave é territorial

Co escrutinio case rematado, tanto no noso País como no conxunto do Estado, ningunha coalición a dous, agás a moi improbábel do bipartidismo dinástico (que suman uns 215 sobre 350 deputados, máis de 80 menos ca en 2011) acada números próximos aos 176 escanos da maioría absoluta.
PP e C´s fican moi lonxe da maioría absoluta que lle daban a meirande parte das enquisas. Suman en conxunto 162 deputados con cadanseus 28,6% e 13,8% dos votos. Fica ben claro, pois, quen segue a sobrancear na dereita española.
Máis complexo é o outro bloque posíbel: Podemos (41 escanos), PSOE (91, cun Sánchez que safa por pouco, pero safa), a catalá En Comú Podem (12), os valencianistas de Compromís-Podem (9) e En Marea (6) acadan 160 escanos. O resto van a IU e ás formacións ERC (9), Democràcia i llibertat, alicerzada en Convèrgencia e outros partidos (8), PNV (6), EH Bildu (2) e Coalición Canaria (1). A diferenza neste bloque é que a suma de votos de Podemos máis as forzas nacionais nas que partilla case empata cos votos socialistas, manifestando unha clara distorsión na representación por escanos por mor da regra D´Hondt.
Porén, semella que a clave territorial seguirá a ser importantisima nesta lexislatura, pois que só dende o apoio ou abstención das forzas nacionalistas (quer as presentadas por si, quer as que concorreron en coalición con Podemos) é posíbel unha maioría de goberno. E esta será imposíbel cun goberno de centro-dereita, alicerzado en dúas forzas inmobilistas no territorial. Porén, Pablo Iglesias xa entendeu a clave territorial, facendo unha chiscadela ao recoñecemento da plurinacionalidade como pao de palleiro dunha reformulación do Estado.
Na Galicia o grande trunfo é para a coalición En Marea. Non só por acadar o 25% do voto e o segundo posto detrás dun PP que cun 37% perde quince pontos, senón por gañar as eleccións en Vigo e empatalas n’A Coruña. O seu empuxe na Galicia urbana foi irreprochábel. E, en último de contas, sumiu Nós Candidatura Galega na irrelevancia, forzando ao BNG a unha urxente refundación.
Os resultados na Galicia non poden ser transladábeis ás autonómicas do 2016, mais sinalan unha tendencia. O PP camiña cara á oposición, sempre que os mareantes saiban seguer a acumular forzas administrando con prudencia e xenerosidade o seu resultado.

O duopolio televisivo

A garantía efectiva das liberdades de expresión e opinión require dunha oferta real de pluralidade informativa. Previrmos a concentración mediática, previrmos os oligopolios informativos, constitúe unha función esencial dos Gobernos nunha democracia avanzada. Porque esta concentración non só ameaza esta pluralidade cara á cidadanía, senón que deprime a actividade económica e o emprego no eido das industrias audiovisuais e culturais, ameazando tamén deste xeito a diversidade cultural. E tamén distorsiona o acceso ao mercado publicitario por parte dos outros operadores.
No Estado español os grupos audiovisuais Mediaset e Atresmedia abranguen once canles en aberto, con algo máis do 50% da audiencia. Porén, acadan o 88% do investimento publicitario, a medio do abuso da súa posición de dominio, como lles poderá contar calquera profesional da publicidade de medios, nomeadamente os que desenvolven as grandes campañas estatais. Como se chegou á situación actual de duopolio? Pois coa total colaboración dos gobernos do bipartidismo dinástico. De primeiras (1988) só se outorgaron dúas concesións para A3 e Tele5, refugando concesións autonómicas. Despois permitiuse emitir en aberto á Cuatro e outorgóuselle unha nova concesión, xa de TDT, a La Sexta. Logo, vulnerando a lexislación sobre libre concorrencia, aprobouse a adquisición da Cuatro e de La Sexta por Mediaset e Atresmedia. Nunca existiu un control efectivo sobre o respecto ao pluralismo cultural nestas concesións televisivas estatais, malia estar vencellados concesionalmente co seu respecto. Mesmo permitíuselles liquidar toda programación territorial para que gañasen máis. E, por mor da complicidade deste bipartidismo dinástico, velaquí as resultas do duopolio televisivo tanto no mercado publicitario e no eido das industrias culturais e audiovisuais como na oferta informativa. Unha opción política practicamente inexistente hai once meses fóra de Catalunya poderá acadar representación parlamentaria na Galicia, malia recoñecer a súa carencia de propostas para o noso País e manifestar o seu descoñecemento e falla de empatía a respecto dos problemas da nosa cidadanía.

O sector lácteo á intemperie

Algúns xa dixemos que o acordo lácteo asinado en setembro en Madrid non era quen de amañar a desfeita no sector lácteo galego. Case tres meses despois segue a existir unha diferenza media de até 10 cts/litro entre o leite vendido en Galicia (26-28 cts./litro) e o prezo de venda medio no Estado. Calcúlase en 32-34 cts./litro o prezo mínimo para cobrir gastos.
Velaí, pois, como moitos dos axentes sociais do sector veñen de reproducir as súas mobilizacións, con algunha excepción que preferiu non secundalas, como a Organización de Produtores do Leite, que sobranceou nas mobilizacións de agosto e setembro. Porén, o seu coordinador estatal, Anxo Escariz, afirma sen dúbidas que “Éste é un problema de país, tendo en conta a importancia social, económica e ambiental deste sector, que vertebra grande parte do noso medio rural. Deixar afundir o sector lácteo galego tería non só un grande impacto económico e social, senón tamén ambiental e demográfico, desertizando de vez amplas comarcas de Galicia.”
Nesta nova xeira, nas superficies comerciais, aproveitando a grande simpatía que as consumidoras galegas amosaron a respecto das reivindicacións do sector, o prezo de venda ao público medrou até 4 cts./litro, mais só en beneficio da industria láctea e do propio distribuidor. O produtor, causante teórico dunha suba aceptada polo consumidor responsábel, fica en último de contas á marxe dos seus gaños.
No ámbito da Administración galega, cómpre denunciar a absoluta tolerancia na actuación de primeiros compradores sen estrutura empresarial e produtiva, que se limitan a especular co leite en prexuízo do prezo recebido polo gandeiro (que ás veces baixa até 18 cts./litro). Esta actuación é claramente disturbatoria da libre concorrencia e como tal había ser reprimida. Mais aínda non lle escoitamos ren nin á Conselleira nin ao Presidente Feijóo a respecto desta cuestión.
Galicia é o único país entre os dez primeiros territorios lácteos da Europa que nos últimos cinco anos non coñeceu ningún proxecto investidor superior aos 20 M€, como nos deu a coñecer recentemente o profesor da USC Edelmiro López Iglesias. Expertos, produtores, cooperativas e axentes empresariais sinalan unanimemente o desleixo da Xunta como principal responsábel.

Gandeiros, cerqueiros e bateeiros

Determinadas actividades económicas que para o Estado no seu conxunto son secundarias, son para nós estratéxicas. Velaí a necesidade para Galicia, quer dunha grande influencia nas decisións estatais (que por poboación e PIB non podemos ter), quer dun moi amplo autogoberno que nos permita adoptar as decisións que nos interesen, sen que nos mediaticen outros co seu aceite, o seu turismo de sol e praia ou as súas laranxas.
Estes días gandeiros, cerqueiros e bateeiros están na rúa, enfrontados co Goberno galego pola súa falla de sensibilidade e interese na xestión de cadanseu sector.
O sector lácteo denuncia o absoluto fracaso do pacto asinado en setembro. E acerta cando pon o foco nos Gobernos. Permitir vender leite por baixo do custo é unha práctica ilegal que habería ser erradicada polas autoridades de Competencia da Xunta. E os Gobernos galego e estatal haberían, tamén, controlar axiña aos especuladores que controlan o 20% da produción galega e baixan o prezo na orixe, esixíndolles unha organización empresarial e técnica que demostre que son primeiros compradores reais e non especuladores. O Goberno galego non acredita no sector e amosa un desleixo e desinterese totais.
O sector cerqueiro enfronta o seu terceiro mes de mobilizacións polo arbitrario reparto da cota de capturas, que non ten en conta a capacidade produtiva (número de tripulantes) dos barcos, senón as súas capturas históricas, o que determina para á área Fisterra-golfo de Cádiz un absoluto predominio da frota andaluza. As baixísimas cotas ameazan levar por diante 12.000 postos de traballo, entre directos e indirectos.
Pola súa banda, os bateeiros de mexillón comezan a mobilizarse perante o proxecto de lei de Acuicultura aprobado pola Xunta, que vai beneficiar á acuicultura industrial fronte á miticultura bateeira, baseada en milleiros de pemes que fixeron do mexillón galego o primeiro do mundo.
En calquera País o Goberno estaría á fronte das reivindicacións destes sectores e traballando en solucións, tanto conxunturais como de futuro. Por que na Galicia non? É consciente Feijóo do dano que estes conflitos lle están a xerar á economía galega?

Todo apunta a que Artur Mas será investido presidente

Aunque la asamblea no vinculante de Manresa celebrada el 29 de noviembre evidenció que el apoyo a la investidura de Mas no es mayoritario en la CUP, todo apunta a que la asamblea decisoria que los cupaires celebrarán el 27-D podría posibilitar que Mas forme gobierno a principios de enero, evitando así las elecciones. La coincidencia temporal de este gobierno con el Gobierno de coalición PP-C’s que aparentemente saldrá de las elecciones del 20-D promete que no serán fáciles las soluciones de diálogo y consenso y sí serán muy posibles escenarios de tensión, confrontación e incluso choque de trenes una vez se constituyan los nuevos Gobiernos estatal y catalán.
En 1893 se reunió el catalanismo militante en la ciudad de Manresa, el centro geográfico de Catalunya. Esta reunión encumbró al joven Prat de la Riba al liderazgo de una nueva política: la de la recuperación de la catalanidad polítiica, manifestada con la aprobación del ideario catalanista expresado en “Las Bases de Manresa”. Antes, el patriota gallego Alfredo Brañas había escrito El Regionalismo Gallego, cuyas ideas constituyeron una importante aportación al debate manresano. Al año siguiente (1894) otro patriota, Sabino Arana, residente en Barcelona años atrás, fundaría el EAJ-PNV. Prat de la Riba, Arana y Brañas compartían un principio práctico: nadie mejor que nosotros para gobernar nuestros países; empobrecidos por la monarquía castellana, la absurda centralización funcionarial y el incipiente capitalismo de amiguetes de fines del siglo XIX.
La llamada Candidatura de Unidad Popular (10 diputados y casi el 9% en las elecciones nacionales de Catalunya del pasado 27-S) celebró el pasado día 29 una asamblea deliberante, no decisoria, en la misma ciudad del Bages. Su resultado visualizó que a la mayoría de la militancia del partido del independentismo socialmente irredento no le preocupa la construcción política, aunque exista una significativa minoría que apoya la investidura de Artur Mas. Pilar Rahola lo ha contado muy acertadamente: existe una minoría del independentismo que no entiende que de lo que se trata es de construir Estado, construir instituciones, construir convivencia.
Construir un Estado nuevo es complicadísimo. Las luchas armadas entre el Irish Free State y el Irish Republican Army (1922-1924) deberían ser un ejemplo permanente para todos los ciudadanos europeos que nos reconocemos pertenecientes a una nación distinta de la ciudadanía estampada en nuestro pasaporte. La mayoría de la CUP incurre en el infantilismo del: “Lo quiero todo y lo quiero ya”.
Se olvidan sin duda que, siendo apreciable la aportación de la CUP al procès, es ciertamente minoritaria. La conjunción de los partidos CDC y ERC -y sus aliados- y de las organizaciones patrióticas Òmnium y Assemblea Nacional Catalana (ANC) suponen más del 80% de la ciudadanía catalana comprometida con la independencia.
Pero la presión social y mediática ha comenzado a surtir su efecto. El antiguo portavoz parlamentario de la CUP, David Fernández, escribía hace pocos días en el periódico Ara Cat defendiendo la investidura del president por parte de dos de los diez diputados cupaires. Y David Fernández es, sin duda, una persona influyente en la CUP. De los más influyentes.
Ello no obstante, la CUP tiene una dependencia de sus bases muy superior a las otras fuerzas políticas, más atentas quizás a su electorado. La CUP ha convocado una Asamblea decisoria para el 27 de este mes, una semana después de las elecciones. Allí se decidirá el apoyo a la investidura de Mas. El rechazo a la investidura determinará que el 9 de enero se convoquen automáticamente nuevas elecciones para marzo de 2016. Pero ello no ocurrirá, previsiblemente. La CUP ha manifestado por activa y por pasiva que no quiere nuevas elecciones y Junts pel Sí también ha dejado claro que no será posible otro candidato a la presidencia que no sea Artur Mas.
Es muy probable que el Gobierno del estado que salga de las elecciones del 20-D, a tenor de las últimas encuestas, sea un gobierno PP-C´s, el cual se cerraría en banda tanto a un referéndum no vinculante en Catalunya como a una reforma constitucional que reconozca el derecho a decidir. Incluso cabe pensar que, de existir esta reforma, no será precisamente para incrementar el autogobierno de las nacionalidades.
Este Gobierno confrontará, desde luego, con el nuevo Gobierno Mas, que comenzará su ejecutoria a primeros de 2016. Un Gobierno inmovilista en Madrid alimentará sin duda el procès y acercará al independentismo a miles de catalanes votantes de las opciones de tercera vía el 27-S, como Unió y Catalunya sí que es pot (más de un 12% de votos), mientras la vinculación del nuevo Gobierno catalán a la resolución parlamentaria del 9-N (ya anulada por el Constitucional) generará escenarios de gran tensión política.
En estas circunstancias, la hoja de ruta de 2016 de Junts pel Sí y del Gobierno que eventualmente forme Mas en enero priorizará la búsqueda de soluciones negociadas en el ámbito de la Unión Europea. Y es que, aunque las manifestaciones de los políticos europeos hayan sido en muchos casos poco estimulantes para el independentismo, en diversos grupos del Parlamento europeo y en diversos departamentos de la Comisión Europea preocupan -y mucho- las consecuencias del choque de trenes que se acerca.

Unha fórmula caducada

Este día 6 cumpríronse 37 anos dende a aprobación da vixente Constitución en referéndum, polos cidadáns que tiñan 18 anos naquel intre. Velaí unha das razóns da distancia de millóns a respecto do marco constitucional actual: todos os que nacemos despois do outono do 1960 non puidemos votar esta Norma Fundamental.
Mais o problema dase, tamén, a respecto da cidadanía que si puido votar. Porque a pregunta que se lle presentou á cidadanía aquel lonxincuo día de Nadal do 1978 incluía, dentro do paquete e sen posibilidade ningunha de desbotalas, opcións políticas tan importantes como a Monarquía borbónica ou a proscrición do dereito a decidir das diversas nacións do Estado (impúxose na redacción unha expresión tan rechamante e reiterativa como que a Constitución se baseaba “na indisolúbel unidade da Nación española, patria común e indivisíbel de todos os españois…” ).
Para máis, a evolución lexislativa posterior do sistema constitucional anulou na práctica o recoñecemento do dereito ao autogoberno singular e paccionado de Galicia, Euskadi, Catalunya e Navarra (da que se prevía constitucionalmente en plena igualdade de opción a súa incorporación a Euskadi ou a súa continuidade como comunidade foral independente). Primeiro diluíndo e xeralizando ese dereito ao outorgarlle “café para todos” aos outros territorios, aos que ademais se lles dotou por vía de transferencia de todas as competencias que compuñan o nível autonómico previsto só para as nacionalidades. Segundo recentralizando, quer co pretexto da garantía do cumprimento do Dereito e decisións singulares da Unión Europea, quer co continuo baleiramento do autogoberno a medio de leis de bases ou mecanismos de tutela estatal (normativa, executiva e financeira) impropios dun Estado composto.
Velaí por que, independentemente de que a propia evolución da tecnoloxía, dos valores, da economía e da sociedade requiran dunha fonda revisión constituínte, sexa esta inaprazábel para o encaixe normativo da España plurinacional, recoñecendo o dereito a decidir das súas diversas nacións (entre elas Galicia) e garantíndolles un financiamento automático e xusto e un autogoberno blindado de inmisións dende o Poder Central. Se non se enfronta axiña dificultarase ou mesmo imposibilitarase este encaixe.

O tetrapartidismo

A meirande parte das análises a respecto da recente enquisa electoral do CIS reflicten a substitución do bipartidismo imperfecto (e dinástico) do 2004, 2008 ou 2011 por un tetrapartidismo no que a vella política do PP e PSOE cede espazos á nova política de C´s e Podemos, sen por iso desaparecer de todo e mesmo retendo os primeiros postos, polo menos (no caso do PSOE) en escanos.
Porén, poucas análises limos ou escoitamos a respecto doutros dados evidentes na enquisa do CIS: millóns de cidadáns cataláns, vascos, galegos, navarros, valencianos ou mallorquíns votarán forzas propias. Canda os devanditos catro grupos parlamentarios, a enquisa do CIS anuncia grupos de seu para a coalición na que sobrancea CDC e máis para ERC, Compromis-Podems, PNV, EH-Bildu, En Comú Podem e para a coalición galega En Marea. Estes sete grupos nacionalistas ou, cando menos, de marcada compoñente territorial, obterían máis de 50 deputados.
E estes dados refírense a unhas eleccións xerais estatais que os grandes media estatais (nomeadamente as catro canles do duopolio televisivo de Atresmedia-Mediaset, que representan máis do 80% do investimento publicitario con pouco máis do 40% de audiencia) reconducen ao devandito esquema tetrapartito, agachando esta realidade plurinacional. Nas eleccións autonómicas e municipais, onde este esquema é menos abafante, as forzas territoriais obteñen moitos mellores resultados.
Ou sexa, que dun xeito cada vez máis evidente as grandes canles privadas (a TVE segue a xogar aso bipartidismo dinástico dende a casa de Bertín Osborne) proxectan a idea errónea de que España se resolve a catro, dende formulacións estritamente estatais. Dende visións centrípetas, por certo incompatíbeis coa moderna gobernanza europea que confía en estruturas en rede e non en cerebros únicos que todo o pensan e todo o saben.
Para Galicia o efecto letal desta conxuntura é a súa ausencia do debate estatal, fóra dos esforzos meritorios de Nós Candidatura Galega e da propia En Marea para que emerxa nalgunhas ocasións illadas. Malia que, no caso dos mareantes, a pertenza de Podemos á coalición reconduza de feito boa parte da súa mensaxe á frecuencia estatal na que emite Pablo Iglesias.