Cultura de coalición

Os sistemas parlamentarios baseados nalgunha caste de proporcionalidade non coñecen as maiorías absolutas. A Europa máis adiantada (Escandinavia, Holanda, Bélxica, Alemaña, Austria) é un bo exemplo disto. Nestes sistemas xurídico-políticos (os máis avanzados e inclusivos) o voto produce unha gobernanza plural, a medio de coalicións poselectorais de goberno. Afastan, deste xeito, o risco dos abusos propios das maiorías absolutas (que tan ben coñecemos na Galicia con Fraga, Feijóo e Paco Vázquez ou no Estado español con Felipe González, Aznar ou Rajoy) e obrigan aos seus axentes políticos a negociar, renunciando e pactando todos, na procura de programas de goberno de ampla base e aceptación cidadá.
O PP (en si mesmo unha coalición de intereses non sempre ben compatíbeis) leva mallando moitos anos nas inconveniencias das coalicións. O PP, que ás veces semella que asumiu só algunhas formas da cultura democrática e non a súa substancia, defende “un só que mande fronte aos bipartitos, tripartitos e cuadripartitos”. Velaí o caso actual do bloqueo institucional que vive o Estado; disque Rajoy quitou sete millóns de votos, mais esquécense que outros catorce millóns votaron outras forzas. Nos sistemas parlamentarios, cando ningúen quita maioría absoluta e a candidatura máis votada non sabe ou non pode pactar, outros constrúen a coalición de goberno, porque por xunto representan máis votos, máis deputados e máis país que a forza máis votada.
No caso das eleccións nacionais galegas do 25-S non corremos o risco de bloqueo institucional, porque calquera representación obtida por forzas distintas do PP e de Ciudadanos apoiará un goberno alternativo se esas dúas forzas non acadan maioría abonda xuntas. E cómpre considerarmos que, fronte aos votantes de Caballero ou Lores nas municipais, os electores do PSdeG, BNG, En Marea ou Compromiso coñecen perfectamente desta volta que os votos de cadanseu partido non dan por si e teñen que se entender xuntos. Velaí a oportunidade, mesmo en termos de pedagoxía política.
Nas coalicións de goberno multiplícase a transparencia e a rendición de contas e todos teñen que renunciar ás súas pretensións e pensar nun goberno para as maiorías sociais. As decisións son máis medidas e consensuadas e, xa que logo, máis efectivas.
A quen lle interesan as maiorías absolutas?

Máis autogoberno, máis benestar

Aínda hailles xente que non se decata da importancia que ten o autogoberno para o benestar da cidadanía galega. Aínda hailles xentiña enganada que pensa que o importante é “que se xestione ben, sexa o concello, a Xunta ou Madrid”, como se existise a xestión neutral. Como se non fose certo que Sevilla ten AVE dende 1992 ou que os aeroportos xestionados estatalmente adxudican os seus servizos a grandes empresas estatais.
Para máis, Galicia precisa o autogoberno en moi superior medida ca Euskadi ou Catalunya, porque os sectores económicos que para nós son fulcrais para o Estado son prescindíbeis. E porque só achegamos o 5% PIB e o 5,5% da poboación estatais. Xa que logo, falando do programa de goberno dunha eventual coalición progresista, a defensa e ampliación do autogoberno é esencial para poder promover o crecemento económico e aplicar unha axenda social. Os problemas do noso País non veñen da loita de clases, senón do noso carácter periférico e subordinado no contexto do Estado español.
Quere isto dicir que o futuro Goberno haberá desenvolver todas as vías que melloren o autogoberno e o seu financiamento, así como que restauren o autogoberno local e garantan un financiamento xusto (Galicia só recebe o 3% dos recursos locais cedidos polo Estado, malia ter o 5% da poboación). A conxuntura dirá se é posíbel (sería o desexábel) modificar o marco xurídico-político constitucional e estatutario. Mais, de non selo, cumpriría explorar todas as demais vías: reforma das leis orgánicas recentralizadoras, leis de transferencia ou delegación, reforma urxente do financiamento… Nomeadamente urxentes son as competencias que garantan unha autonomía real na xestión do territorio e medio rural, na promoción do tecido empresarial e na completa internalización do noso réxime local, suprimindo ou, polo menos, minimizando as Deputacións e a estrutura provincial.
Para as persoas deste País, o autogoberno pertence ao mundo das cousas de comer. Porque só cunha ampla e ben financiada autonomía o Goberno galego pode xerar benestar social e crecemento económico.

O xogo de Podemos

Os bos resultados dos candidatos de Podemos Galicia nas primarias do partido En Marea nas circunscricións coruñesa e pontevedresa non poden agachar o curtopracismo e esterilidade da reacción podemita, motivada pola incomodidade xerada en amplos sectores de Podemos Galicia pola renuncia de Pablo Iglesias á coalición (aceptando diluirse na Maré) e coordinada por un Echenique que demostra día a día a súa incapacidade para tender pontes e suturar feridas.
Podemos Galicia incorporouse cun censo amplo, dos que votaron case 4.000 dos 10.143 votantes totais. Este voto dividiuse en só dúas candidaturas, a oficialista de Carmen Santos e a crítica. Na Coruña concorrían outras catro, en Pontevedra outras sete, mentres que en Lugo e Ourense só cadansúas tres. O sistema de primarias escollido é moi proporcional, mais agasalla aos votados nos primeiros lugares (o voto ao nº un val un, ao nº dous medio, ao número tres un terzo e así cara atrás). Velaí como con non moitos sufraxios os candidatos podemitas aproveitaron esta pluralidade no seu propio beneficio, xa que os seus adherentes votaron en bloque a algunha das súas dúas candidaturas. A concentración das opcións galeguistas e municipalistas en Lugo e Ourense, porén, non lles deixou opción nestas dúas circunscricións.
Agora ben, a reacción podemita é de pouco percorrido. Os galeguistas e municipalistas teñen o candidato á Presidencia da Xunta, manteñen o control da Coordinadora (equivalente á Executiva) do partido, a maioría dos adheridos e han redactar o programa. O proxecto galego de En Marea, certamente diferente ao de Podemos, será o que sobrancee de hoxe en diante. Asemade, Podemos Galicia -que pode achegar até un terzo dos futuros deputados-, está de feito escindido en dúas sensibilidades que moi dificilmente poderán construír xuntas.
O que non quita para que, no suposto dun resultado que non permita darlle o relevo a Núñez Feijóo, non vaian abrollar intensamente estas diferenzas, que nacen da existencia de dous proxectos diferentes. E tampouco quita para, xa postos, ir matinando no futuro algunha caste de pequenas correccións técnicas a un sistema de primarias que semella privilexiar de máis aos que participan agresivamente en clave competitiva, mesmo en prexuízo da pluralidade real.

Un pacto para gobernar

Nesta precampaña das eleccións nacionais do 25-S, Núñez Feijóo teima unha e outra vez en ofrecer unidade fronte a un suposto resultado fragmentario que deixaría moi incerta a futura gobernanza, como está a pasar no Estado dende decembro.
Non hai tal. O líder do PPdeG coñece perfectamente que se non acada maioría absoluta (só ou cos socios de Ciudadanos) En Marea, o BNG, o PSdeG e Compromiso xuntarán os seus deputados para que naza un goberno alternativo. Neste senso, non existe ningunha posibilidade que Galicia sufra da caste de parálise institucional que está a sufrir España.
Con ser isto verdade, as devanditas forzas de oposición haberían escenificar unha e outra vez que o seu pacto de goberno vai ser unha realidade. E que ese pacto non é, substancialmente, un pacto en negativo, “para botar ao PP”, senón un pacto en positivo para gobernar catro anos arredor duns sinxelos acordos programáticos, de xeito que a cidadanía entenda ben que o seu voto terá a capacidade de mudar as políticas de austeridade e pasividade ineficiente desenvolvidas ao longo de máis de sete anos de goberno da dereita do PP.
Alicerces esenciais dun acordo tan plural haberían ser a transparencia, o diálogo e a boa xestión transformadora. A gobernanza inclusiva debe ter paredes de cristal e adoptar as decisións de xeito consensuado e participativo. Canto á xestión, será precisamente o electorado das opcións alternativas o que máis esixa a súa eficiencia, sen esquecer que determinadas reformas estruturais serán obrigadas para que esa xestión transforme e non incorra nun continuísmo estéril.
No eido programático, semella que o acordo posíbel sería o acordo por máis e mellor autogoberno, como instrumento para implementar políticas de crecemento económico sostíbel e benestar social. Neste senso, pensando en catro anos, non se albiscan diferenzas substanciais canto ás políticas sociais e económicas a desenvolver e á necesidade de desenvolver e ampliar o marco do autogoberno actual e mellorar substancialmente o seu financiamento. Todo o dito é xeralmente coñecido dos candidatos, mais isto non quita para que o digan unha e outra vez, coa fin de escorrentar esa abstención que dana nomeadamente as opcións galeguistas e progresistas.

A independencia da Marea

Neste país pasou nestes últimos días algo notábel e non por acaso persoas documentadas do nível do xornalista de La Vanguardia, Enric Juliana, veñen de salientalo. En Marea definiu unha estratexia aquelada, que xorde da oportunidade do tempo político, mais tamén dunha acertada selección de candidato e da incorporación de centos de persoas vinculadas ao galeguismo e a distintas experiencias municipalistas. Das resultas deste proceso, Podemos aceptou, canda EU, o principio de autoorganización que se viña reclamando dende sectores moi plurais dende hai un ano. Deste xeito, En Marea afortala a súa independencia e alarga o seu espazo político cara o amplo centro-esquerda dende unha visión de País.
Por primeira vez en moito tempo, a tensión Galicia-Estado na construción da alternativa política resolveuse a prol do noso País como centro de decisión. Os principais axentes preferiron construír alternativa nacional a ser peóns de tácticas sucursalistas. E, polo de agora, gañaron.
O tempo político, marcado polo bloqueo político estatal, posibilitou unha construción en clave de país, claramente hexemonizada por axentes de orixe e sensibilidade galeguista, mais que ofrece un espazo para os galegos alleos a esta sensibilidade que, porén, acreditan no seu País como referencia. En realidade, dende as formulacións da nova política aténdese ao obxectivo común do galeguismo cívico dos últimos trinta anos: resolver con pragmatismo e inclusión os binomios autogoberno-benestar, identidade-xustiza social e nación-cidadanía.
Cara ás eleccións do 25-S, así e todo, En Marea ten que gañar a confianza dos centos de milleiros de galegos que queren a fin da austeridade, unha xestión transformadora e eficiente, unha sociedade máis xusta e un País dinámico e operante no estado, na Europa e no mundo. Ten que proxectar un candidato ben armado de valores de civismo e profesionalidade e superar certas minoritarias tendencias a falar moito e facer pouco.
No curto prazo, Feijóo é o máis prexudicado por esta solución en clave galega. Desmontóuselle o seu discurso das Mareas de Podemos e vai ter que confrontar con relatos de valores, cifras e feitos. Mais tamén contra PSdeG, BNG e CxG. A maioría social de galegos e galegas non adictos ao PP pode espertar.

Xogar con lume

Os hábitos democráticos haberían quitar a crise dos lumes do debate político para analisar o ocorrido e pedir as responsabilidades que procedesen tan logo rematase o perigo da vaga. Mais cúmprense nestas datas dez anos da crise de agosto do 2006. E daquela foi o propio Núñez Feijóo (“es evidente que ha habido relajación por parte de la Xunta”, dicía o entón xefe da oposición) quen usou a vaga de lumes do xeito máis partidista posíbel. A hemeroteca, tamén de fotografías, está aí para dar conta do que facía cada quen. E esta hemeroteca non é agradábel para o Presidente da Xunta.
Mais coñecendo toda a cidadanía que os lumes prenden por accións voluntarias (tamén por temeridade delitiva) en condicións de máxima temperatura e vento e mínima humidade nun territorio cheo de matogueiras, cómpre analisarmos se os sete anos do goberno de Núñez Feijóo melloraron ou non as condicións de prevención e extinción dos lumes. Neste eido, a Lei de Montes do 2012 reduciu de 100 m. a 30 m. a franxa perimetral de protección (isto é, libre de biomasa) dos espazos urbanizados. Ao tempo, o PP aplicábase na deconstrución das medidas estratéxicas do conselleiro nacionalista Suárez Canal para fixar poboación no rural e previr lumes, desmontando o Banco de Terras e as Unidades de Xestión Forestal.
No curto prazo, neste 2016, semella claro que houbo relaxación (cando non certa especulación no alcance dos recortes orzamentarios) na Xunta, que atrasou a campaña -e as contratacións na empresa pública Seaga- ao 13 de xullo, mentres os técnicos en emerxencias da Vicepresidencia anticipaban ao 1 de xullo o periodo de alto risco. Este ano faltaron os cinco avións que había nos anos pasados, ao ficar deserto o concurso. A Xunta di que os vai substituír por helicópteros, pero nesta vaga aínda non entraran en funcionamento. Mentres, agroman queixas de alcaldes pola lentidude en acudir os medios aéreos e de brigadistas de Seaga pola improvisación, falla de medios e condicións de traballo.
O Goberno do PP non ten a culpa dos lumes. Mais si é corresponsábel, dende a súa pasividade especulativa, do agravamento este ano dos seus danos. Non sempre chove en Galicia.

A alternativa plural

Núñez Feijóo é campión de dúas modalidades políticas: facerlle oposición á oposición e botarlle a culpa aos demais (antes era aos sanitarios da situación da sanidade, agora é aos concellos da situación dos socorristas nas praias e do mal estado dos Camiños de Santiago). O presidente repenica unha e outra vez a súa ladaíña: cómpre votarmos a estabilidade do PP, afastándonos deste xeito dos previsíbeis desastres dun tripartito ou cuadripartito, seica dirixido polas “Mareas de Podemos”. Se os mareantes buscan a alianza con Podemos mal porque manda o do chicho. Se afortalan (coma arestora) a autonomía do seu proxecto e do seu discurso mal tamén porque “nin se entenden entre eles”.
O PP na Galicia (o PP en xeral) pregoa unha e outra vez un relato no que a colaboración, a coalición entre as distintas forzas é manifestación de febleza. De feito un dos graves problemas que ten Rajoy para formar goberno é precisamente esta estrutura mental: dialogar e transixir é malo, impoñer dende o discurso único é o que mola. Velaí que as forzas todas da oposición ao PP (nas que evidentemente non entra Ciudadanos, definitivamente operante no ámbito da dereita dura e neocentralista) haberían amosar en público a súa vontade real de remuda no Goberno, a súa vontade de alternativa. Dun xeito definitivo, que lle faga ver a cadanseu electorado que o seu voto vai ser ferramenta de cambio.
Cal ha ser o mínimo común denominador do PSOE de Leiceaga, das Mareas de Villares, do BNG de Ana Pontón ou de Compromiso por Galicia de Xoán Bascuas? Un pacto por Galicia, baixo os eixos da rexeneración democrática, do crecemento e reindustrialización, da ampliación substancial do autogoberno autonómico e local e da ordenación do territorio e medio rural en clave de aproveitamento produtivo, sustentabilidade ecolóxica e implementación dun novo Mapa local, que desmonte as provincias e potencie o consorcio de funcións entre os concellos.
Teñan claro as forzas do cambio, quer soberanistas, quer federalistas ou autonomistas, que os eleitores están pola seguranza de que todos os seus votos van contar na alternativa ao PP. Porque o mapa electoral de Galicia está dividido case en dúas metades e a mobilización do electorado galeguista e progresista pasa por se representar a utilidade do seu voto para substituír o actual goberno do PP. Nin máis nin menos.

Candidato solvente

O maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG), Luís Villares, achega un perfil pouco común na política galega. Unha formación xurídica moi sólida (acadou a praza no TSXG como Maxistrado especialista en Dereito Administrativo), unha carreira profesional moi completa, malia a súa idade -37- e un compromiso cívico que vén de moi lonxe. Coa vocación de servizo público da xustiza (é o coordinador en Galicia de Xuíces para a Democracia), co estudo do impacto da crise nos dereitos sociais e no Estado do Benestar (Rede Armela) e coa plena normalización da lingua. Compromisos todos que o xuíz Villares, pertencente á Irmandade Xurídica Galega, desenvolveu nos seus destinos dos Xulgados mixto da Fonsagrada e do Contencioso de Lugo e agora no TSXG. Do que coñecemos até de agora do seu discurso, cómpre salientar a visión integrada do autogoberno e do benestar e a valoración da boa xestión transformadora como elemento fundamental da boa gobernanza. Pois o autogoberno non é só unha esixencia da nosa condición nacional e do noso dereito a decidir, senón que constitúe a ferramenta para acadar xustiza social e crecemento económico, tendo en conta que a economía do noso País alicérzase sobre bases que para o Estado español son prescindíbeis. Canto ao acento posto sobre a necesidade dunha boa xestión, denota implicitamente a preocupación de Villares diante de determinadas disfuncións dos gobernos locais das Mareas, canda unha decidida aposta por desputarlle a Núñez Feijóo o discurso da eficiencia. Un discurso no que o actual Presidente segue a ter certa -en devalo- credibilidade, malia os resultados tan negativos da súa xestión a respecto das clases medias e maiorías sociais ao longo destes sete anos. Mais a previsíbel escolla de Luís Villares non deixa de vir, quizais, bastante tarde. Certo é que Xulio Ferreiro non era moi coñecido na Coruña de primeiros de febreiro de 2015, mais nin o intre político é o mesmo, nin funcionan igual as locais ás nacionais nin son o mesmo 50 ca 100 días. Luís Villares terá que se enfrontar, nomeadamente, contra o descoñecemento. Mais o seu perfil abre ocos que non existían e anuncia que vai haber partido de aquí ao 25-S.

Podemos na Marea?

A recente Marea Constituínte marcou un fito moi importante no desenvolvemento desta alternativa política. A achega de alcaldes e alcaldesas varios, de centos de galeguistas con experiencia de xestión local e autonómica e de forzas municipalistas máis ou menos xurdidas á marxe de Podemos densifica a resultante e achega a nova alternativa á tradición galeguista e ao coñecemento, afastándoa dun certo adanismo presente aínda nalgúns acenos e discursos. O percorrido dende maio do 2015, abríndose a sectores en principio refractarios, cando non conscientemente apartados, favorece construír un discurso e unha ferramenta galegas e permite albiscar a posibilidade dun programa de goberno ás galegas ilusionante, transformador e realista. Con moitas dúbidas, porque parte dos problemas deste novo espazo político fican aínda sen resolver. Mais hoxe a Maré é máis potente e máis galega ca onte e ten máis posibilidades de conectar con sectores até de agora pouco interpelados polo seu discurso.
Mais está o problema de Podemos. Por moito que proclame a súa plurinacionalidade, Podemos é un proxecto español e os seus asociados partillan en grande número unha visión estatalista da axenda política. Para máis, consideran que o proceso de formación da Marea galega non remunerou a xeito a súa achega en votos. Mais vivimos tempos líquidos na política e o que valía na primavera do 2015 non val no verán do 2016. Porque hoxe a causa principal do relativo fracaso de En Marea o 26 de xuño atópase na falla de definición autónoma, no seu solapamento cun discurso estatal que, ademais, está lonxe de pular por unha mudanza real no conxunto do Estado.
Esta vocación galega da Maré non habería implicar a exclusión dos demócratas non galeguistas que acrediten no País como suxeito de decisión. Nin tampouco negar a colaboración co progresismo estatal de Podemos na rexeneración democrática ou concretas reformas sociais e económicas. Mais dende o recíproco recoñecemento como proxectos diferentes e autónomos.
Porque a nova Maré Galega só terá espazo autónomo de calquera dependencia estatal, abríndose ao conxunto das capas sociais e afirmando a súa vocación de goberno transformador. A asemblea do sábado pasado en Vigo, neste senso, foi un paso adiante. Mais cómpre dar outros moitos para facer útil este proxecto.

El bloqueo institucional y el probable nuevo referéndum en Escocia dan alas a los independentistas

Los indepes catalanes consideran que el eventual nuevo referéndum escocés y la situación de interinidad española abre nuevas posibilidades para hacer avanzar el procès. Por primera vez el Parlament asume específicamente el riesgo jurídico de desacatar conscientemente los mandatos del Tribunal Constitucional.
La aprobación por el Parlament catalán -con la mayoría absoluta de los grupos indepes CUP y Junts pel Sí- de las conclusiones de la Comisión parlamentaria sobre el proceso constituyente no es ninguna novedad en sí misma. Si bien se contempla la posibilidad de la proclamación de la independencia por la vía unilateral, no es la primera vez que se plantea esta solución, teniendo en cuenta el absoluto inmovilismo del Gobierno del Estado a lo largo de estos cuatro años. La diferencia es que es la primera vez que el Parlament catalán aprueba una resolución a sabiendas que vulnera el mandato del Tribunal Constitucional. La presidenta del Parlament, Carme Forcadell, recordó a los portavoces de ambos grupos indepes si eran conscientes de las eventuales consecuencias legales de su petición de votación de esas conclusiones. Y dichos portavoces las asumieron, como también los 72 diputados que las votaron.
Estamos pues, ante un salto cualitativo: el Parlament se considera soberano y aplica su resolución del 9 de noviembre de 2015, desconociendo toda autoridad del Tribunal Constitucional (que la anuló en su día), a sabiendas de que la represión del Gobierno del Estado será una realidad, como ya anunció la vicepresidenta Sáenz de Santamaría. La mayoría absoluta indepe asume las consecuencias de sus actos y rompe de modo pacífico con la legalidad española.
Al tiempo, se conoce una encuesta que, por primera vez desde primeros de 2015, otorga a los partidarios de la independencia la mayoría (47 vs 43%). El president Puigdemont, usualmente muy moderado en sus expresiones, dijo estos días en la Escola de Estiu de las juventudes de su partido, el PDC (la Joventut Nacionalista de Catalunya) que ni el Govern ni el Parlament esperaban ya por ningún gesto o paso desde Madrid. Se da por sentado que Madrid no moverá ficha, salvo para reprimir judicialmente el independentismo.

Viento en las velas: el Brexit y la incapacidad de formar Gobierno
Por otra parte, la decisión de la ciudadanía británica de romper con la Unión Europea ayuda a los planes independentistas, al poner otra vez bajo el foco el derecho a decidir de Escocia. La first minister escocesa, Nicola Stugeon, ha reiterado que la decisión del pueblo escocés ha sido inequívoca al apoyar con un 62% la permanencia en la Unión Europea, expresando la alta probabilidad de que se convoque un nuevo referéndum de independencia para evitar la salida de Escocia de la UE. Un referéndum que podría no ser autorizado por el Gobierno británico de Whitehall, si bien sectores próximos a la directiva del SNP, el partido nacional que gobierna en Escocia, no descartan que en su día se pudiera convocar este referéndum aún sin el plácet de Londres.
Puigdemont y su vicepresidente, Oriol Junqueras (ERC) valroran muy positivamente esta ventana de oportunidad abierta en Escocia. Mientras, confían en que la CUP apoye la moción de confianza a la que se someterá el president en septiembre y son plenamente conscientes que la interinidad en la investidura del futuro presidente del Gobierno del Estado contribuye a impulsar el procès, que parece ganar apoyos en el electorado de En Comù Podem.

Un referéndum de independencia
Otros políticos y comunicadores próximos al independentismo consideran que el procès puede sufrir de más con esta sucesión de gestos, teniendo en cuenta que el Estado, aunque debilitado, conserva una gran potencia de medios y mantiene una inestable complicidad de las instituciones europeas. Estos sectores consideran que el Parlament debería convocar a primeros de 2017 un referéndum , aún a sabiendas de su ulterior prohibición por los Tribunales españoles.
Una decisión clara a favor de la independencia en un eventual referéndum, aunque no se valide por Madrid, sería una tarjeta de visita muy poco cuestionable no sólo respecto de varios Estados de la Unión Europea (diversas instituciones danesas o de las repúblicas bálticas ya han mostrado su comprensión con el procès catalán), sino ante los propios EE UU.

La reacción de Madrid: represión y falta de diálogo
Mientras, en Madrid las reacciones unánimes entre los partidos unionistas y los medios de comunicación piden mano dura, sin darse cuenta que la represión desconectará más aún Catalunya del Estado español. Algunos de los editoriales parecen olvidar que el Parlament fue elegido democráticamente y que el procès ha intentado por todos los medios desarrollarse dentro de la Ley hasta que ha sido imposible, si bien aún en esta circunstancia se ha mantenido dentro de cauces pacíficos y democráticos. Los indepes cuentan con un sólido apoyo en la mitad de la población catalana. En este sentido, una eventual condena a Homs, Mas ou Forcadell incrementaría aún más la fuerza del independentismo.