A reacción do nacionalismo español

Non vou ser quen negue que a vía unilateral do soberanismo catalán, encetada despois de sete anos de inmobilismo dende Madrid, non fose arriscada. Nin que sería conveniente unha maioría cidadá máis ampla ca un 48,7% de votos antes de adoptar certa caste de decisións.
Mais non se pode ser equidistante. O Govern e os partidos e organizacións cívicas soberanistas limitáronse declarar o 27-O a independencia de xeito simbólico, renunciando á desobediencia pacífica fronte ao golpe inconstitucional do 155. Nin houbo violencias nin rebelións nin sedicións. As sucesivas demostracións cidadás foron sempre pacíficas.
Máis do 70% da cidadanía catalá quería votar para decidir o seu futuro, mais o Goberno do Estado pechou, canda C’s e PSOE, todas as vías de diálogo. Certo que non se daban as condicións para un referéndum decisorio, mais o mundo soberanista tentou ese pacto até o mesmo 1-O. Ese día o Ministerio do Interior reprimiu violentamente a milleiros de pacíficos cidadáns, que querían votar, diante do mundo todo.
No 3-O o Xefe do Estado marcou o sinal do rearme españolista: nin desculpas, nin diálogo nin negociación. Dende esa data o rearme e agresividade do nacionalismo español é evidente. Vivimos tempos de “a por ellos” e non só na Catalunya ou Madrid, malia que no noso País o percebamos, por sorte, moito menos.
Dous terzos do Govern foron apreixados, canda os Jordis e o resto tivo que se exiliar. Faláronos, claro, da independencia dos Tribunais, mais a propia vicepresidenta Sainz de Santamaría, amais de defender a liquidación do soberanismo, vén de recoñecer esta falla de independencia no Supremo e na AN: cómpre agradecerlle a Rajoy o 155, porque así se conseguiu descabezar os soberanistas. Verdadeiramente ten razón, os principais candidatos de Junts per Catalunya e de ERC remanecen no cárcere ou no exilio e non poden partillar debates, encontros nin entrevistas face to face. A desigualdade de oportunidades é evidente, mentres Pep Borrell (PSC) corrixe Miquel Iceta e di que cómpre desinfectar Catalunya.
Dende o discurso de El-Rei o nacionalismo español rearmouse sen complexos, escollendo un camiño de represión e agresividade propio dos valores da extrema dereita. Mais estas exhibicións fachendosas poderían ser sinal de febleza antes ca de forza.

Cartas catalanas (VII): El independentismo catalán ganó tanto en escaños como en votos, sin alcanzar el 50%

En las elecciones de este domingo en Cataluña, las dos candidaturas independentistas ganaron al obtener en conjunto 72 sobre 135 escaños y un 47,8% de votos, frente al 39,4% del unionismo, el casi 9% de CSQEP, donde coexistían independentistas como su candidato, partidario del derecho a decidir, y el 2,5% confederalista de Unió.
Las opciones independentistas ganaron, pues, ampliamente la mayoría absoluta en escaños en las elecciones catalanas con la mayor participación de la historia (más del 77%). Junts pel Sí (coalición transversal entre Convergència y Esquerra con la aportación de sectores ciudadanos no partidarios) obtuvo 62 escaños (9 menos que la suma de los dos partidos en el 2012) con casi el 40% de los votos, mientras que las CUP, con un 8,2% aumentaron de 3 a 10. El número de escaños y de votos entre las tres fuerzas independentistas queda sustancialmente igual: suben al 47,8% desde el 47,7% del 2012, bajan a 72 diputados desde 74, con el umbral de la mayoría absoluta en 68 de los 135 escaños), a pesar del extraordinario incremento de la participación y la defección de los democristianos de Unió, tercera vía que quedó a las puertas del Parlament con menos del 2,5% de los votos.
El unionismo del PP, PSC y C´s obtuvo un 39,4% de los votos, destacando el extraordinario éxito de la formación de Albert Rivera, que sube de 9 a 25 escaños, con un 18% de votos, consiguiendo la segunda posición. Miquel Iceta salvó los muebles perdiendo solo 4 escaños (tenía 20 y tendrá 16), con un discreto 12,7% de votos que sirve de consuelo a lo que fue ganador en Catalunya en las generales del 2004 y del 2008. Pero el PP fue el grande derrotado de la noche, con 11 escaños (tenía 19) y menos del 8,5% de los votos, con parejos resultados a los de las CUP y Catalunya sí que es Pot, que obtuvo los mismos 11 escaños que el PP.
La coalición de Podemos Cat, Iniciativa per Catalunya-Els Verds (ICV) y la filial catalana de IU fue la segunda gran derrotada, al bajar dos escaños respecto a los 11 conseguidos por ICV e IU en el 2012. Consiguió poco menos de un 9% de los votos, lo que constituye un indudable fracaso para Pablo Iglesias, que debilita gravemente la posición de Podemos en el escenario preelectoral gallego y valenciano. Sin embargo, estos votos no deberían contar ni a favor ni en contra de la independencia. En dicha coalñición coexisten independentistas, federalistas y confederalistas y la coalición como tal defiende el derecho a decidir, aunque se defina en contra de una declaración unilateral de independencia.
De lo expuesto, es evidente que el independentismo gana también en votos (47,8%), frente al 39.4% del unionismo y el 11,4% (Unió y Catalunya sí que es Pot) que apuesta por el derecho a decidir y por una conformación plurinacional del Estado.
Naturalmente que la voluntad plebiscitaria sería más evidente si la suma de votos de Junts per el Sí y la CUP hubiera sobrepasado el 50%. Pero las cuentas hay que echarlas sin sumar manzanas con peras, como hoy coinciden en hacer todos los periódicos de Madrid y ayer hicieron todas las grandes cadenas estatales de radio y TV.

Catalunya: gañou o independentismo

As opcións independentistas gañaron amplamente a maioría absoluta en escanos nas eleccións catalás coa meirande participación da historia (máis do 77%). Junts pel Sí (coalición transversal entre Convergència e Esquerra coa achega de sectores cidadáns non partidarios) obtivo 62 escanos (9 menos ca a suma dos dous partidos no 2012) con case o 40% dos votos, mentres que as CUP, cun 8,1% subiron de 3 a 10. O número de escanos e de votos entre as tres forzas independentistas fica substancialmente Igual (soben ao 47,8% dende o 47,7% do 2012, 72 deputados fronte a 74, co limiar da maioría absoluta en 68 dos 135 escanos), malia o extraordinario incremento da participación e a defección dos democristiáns de Unió, terceira vía que ficou ás portas do Parlament con menos do 2,5% dos votos.
O unionismo do PP, PSC e C´s obtivo un 39,4% dos votos, salientando o extraordinario suceso da formación de Albert Rivera, que sobe de 9 a 25 escanos, cun 18% de voto, acadando a segunda posición. Miquel Iceta safou perdendo só 4 escanos (tiña 20 e terá 16), cun discreto 13% de votos que serve de consolo ao que foi gañador en Catalunya nas xerais do 2004 e do 2008. Mais o PP foi o grande derrotado da noite, con 11 escanos (tiña 19) e menos do 8,5% dos votos, partillando resultados relativos coas CUP e con Catalunya sí que es Pot, que obtivo os mesmos 11 escanos ca o PP.
A outra suposta terceira vía, a coalición de Podemos Cat, Iniciativa per Catalunya – Els Verds (ICV) e a filial catalá de IU foi a segunda grande derrotada, ao baixar dous escanos a respecto dos 11 acadados por ICV e EU no 2012. Acada pouco menos dun 9%, o que constitúe un indubidábel fracaso para Pablo Iglesias, que mesmo enfeblece a posición de Podemos no escenario preelectoral galego. Porén, estes votos non haberían contar nin a prol nin en contra da independencia, ao se definir a coalición a prol do dereito a decidir, mais en contra dunha declaración unilateral de independencia.
Velaí que o independentismo gañe tamén en votos (47,8%), fronte ao 39.4% do unionismo e o 11,4% (Unió e Catalunya sí que es Pot) que aposta polo dereito a decidir e por unha conformación plurinacional do Estado.
As cousas han mudar e moito. En Catalunya e no resto do Estado.