As razóns de Catalunya

Catalunya era un país con poucos independentistas até xuño do 2010, cando o Tribunal Constitucional (TC) desfixo o novo Estatut que aprobara o pobo catalán en referéndum no 2006, dando por pechada toda solución á cuestión catalá dende o autonomismo. Asistimos en meses á conversión en indepes de sexaxenarios cidadáns federalistas votantes do PSC e de mozos barceloneses castelanfalantes fillos da inmigración murciana e andaluza. En setembro de 2012 o president Artur Mas tentou de Rajoy un pacto fiscal para acadar un concerto económico semellante ao de Euskadi e Navarra, mais Rajoy rexeitou a proposta por inconstitucional.
Dende entón -e máis dende a Diada do 11-S do 2012-, arredor da Assemblea Nacional Catalana e de Òmnium Cultural foise estruturando unha potente organización transversal e interclasista para lle dar canle á autodeterminación de Catalunya. En Madrid e outros lugares do Estado adoitan pensar que o pulo soberanista naceu do xogo politico de CDC (hoxe PdeCAT), ERC e CUP, mais o movemento soberanista trascende moito dos partidos nacionalistas, das elites e dos catalanfalantes. É un movemento social que integra toda caste de cidadáns de Catalunya.
Os Gobernos da Generalitat tentaron abondo pactar co Goberno do Estado un referéndum para que Catalunya fixese uso do dereito a decidir que deriva da conxunta interpretación do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (1966) da ONU, do artigo 96 da Constitución e da doutrina emanada da Sociedade de Nacións (antecedente da ONU) ao recoñecer determinadas nacións europeas sen Estado (como fixo coa nosa Galicia en setembro de 1933). Un dereito a decidir que máis do 70% da cidadanía catalá quere concretar nun plebiscito.
Velaí que, pechadas todas as vías de consenso, o Parlament catalán, seguindo o mandato das eleccións autonómicas de setembro de 2015, vaia aprobar esta semana a Lei do referéndum, que dará cobertura normativa ao Decreto do Govern convocando o vindeiro plebiscito do 1 de outubro. O TC suspenderá esa cobertura normativa e constataremos o confronto entre a normativa constitucional española e a emanada do mandato cidadá catalán de setembro de 2015.
Confronto de lexitimidades que non se amaña con Tribunais nin moito menos coa Garda Civil ou os tanques. E Rajoy sábeo.

A igualdade xurídica do galego

O Tribunal Superior de Xustiza valenciano vén de anular parcialmente unha normativa regulamentaria da Generalitat que privilexiaba o ensino en catalán (alí chamado oficialmente valenciano) por mor da súa grave minorización fronte ao castelán.
O Alto Tribunal aplicou unha consolidada xurisprudencia dos Tribunais Constitucional (TC) e Supremo (TS) que xorde daquela sentenza do TC de 1986 que anulou o deber de coñecer o galego, presente de primeiras na nosa Lei de Normalización Lingüística, aprobada pola unanimidade do noso Parlamento. Segundo esta xurisprudencia só existe o deber de coñecer o castelán e as demais linguas fican secundarizadas nun rango de mera cooficialidade, sen que sexa legal esixir o seu coñecemento con carácter xeral a xuíces e demais funcionarios e o seu uso obrigatorio nin sequera ás empresas concesionarias ou contratistas públicas. Velaí que o galego, o catalán e o vasco non gocen de igualdade xurídica a respecto do castelán. Esta desigualdade atenta contra a Carta Europea de Linguas Minoritarias (o galego non é polo de agora minoritario, malia estar fortemente minorizado), é dicir, contra a normativa constitucional de protección dos nosos dereitos lingüísticos. Velaí a necesidade de resolver de vez esta desigualdade, levando á Constitución ou ao Estatuto o pleno recoñecemento da igualdade de ambas as linguas oficiais, a propia e a de comunicación común co resto do Estado.
Deste xeito, o deber de coñecer o galego evitará situacións tan ilóxicas (cando non ferintes) como médicos do S­ergas que manifestan diante de doentes descoñecer o galego, freakies que piden tradución oficial de pequenos textos intelixíbeis a calquera europeo que lea, mandos da Garda Civíl que denuncian concellos por sinais de tránsito en galego ou a continua provisión de prazas de xuíces, fiscais e funcionarios sen acreditar o coñecemento abondo da lingua que nos permita aos galegofalantes gozar da plenitude dos nosos dereitos lingüísticos.
De certo que o problema do galego non se resolve só con medidas xurídicas. Mais sen acadarmos esta igualdade (negada constitucionalmente dende 1978) non serán posíbeis cousas tan sinxelas e normais como vivirmos plenamente en galego ou non nos sentir alleos no noso propio país.

Non hai terceira vía

Pablo Iglesias vén de dicir que se fose catalán non votaría no referéndum de independencia que o Parlament convocará para o vindeiro 1-O. Seica o líder rupturista denuncia a falta de “garantías” e amosa que el e máis os Comuns da Ada Colau (agás a organización catalá de Podemos, favorábel ao plebiscito) están por un “referéndum pactado co Estado”. Home, non! E todos estamos pola paz mundial…!
Do que non se decata Pablo Iglesias (porque se se decata vai moito máis aló) é que, hoxe en día, na cuestión catalá non existe terceira vía. Primeiro Artur Mas e, despois, Puigdemont, levan cinco anos tentando pactar co Goberno Rajoy, primeiro un encaixe catalán no Estado e agora unha saída pactada que recoñeza o dereito a decidir dos cataláns. Un dereito a decidir recoñecido nos Pactos Internacionais de Dereitos Civís e Políticos e Sociais, Culturais e Económicos da ONU, que integran o Dereito español como normas interpretativas no eido dos dereitos fundamentais. Un dereito a decidir que resposta á realidade nacional de Catalunya, absolutamente preconstitucional, como a de Galicia.
Mais o problema é que estamos case a mediados de xullo de 2017 e nin o Goberno do Estado nin ningunha forza política ou social, catalá ou estatal, propuxo ningunha solución de consenso, ningunha sintese, quer mellor financiamento e máis autonomía, quer dupla consulta plebiscitaria (catalá e estatal), quer calquera outra cousa. Velaí a realidade núa… non hai terceira vía. Só hai o recoñecemento ao dereito a decidir (tamén para votar “non”) que demanda máis do 70% da cidadanía catalá ou máis do mesmo.
Claro é que máis do mesmo non é que Catalunya siga igual ca antes da sentenza de xuño de 2010 do Tribunal Constitucional que coutou o novo Estatut catalá. Porque Catalunya, canda Galicia, sofriu dende entón un substancial recorte do seu autogoberno nesta enxurrada recentralizadora desenvolvida por Rajoy desque chegou ao Goberno do Estado. Os gobernos catalán e galego non mandan no réxime local dende a lei de modernización dos gobernos locais do 2013, nin poden regular as aperturas, horarios ou rebaixas do comercio interior, dende a lei de unidade de mercado. Están -e estamos- moito peor canto ao autogoberno ca no 2010.
Velaí que teña razón Xosé Manuel Beiras e non Pablo Iglesias. En Catalunya, polo de agora, non hai terceira vía.

A doutrina Parot é inconstitucional

Un principio fundamental de todas as democracias europeas, recollido na Convención Europea de Dereitos Fundamentais e, xa que logo, que define a interpretación da Constitución estatal no eido dos dereitos humanos, é que toda persoa só pode ser condenada á pena definida previamente ao delicto que cometa. O agravamento das penas, xa que logo, non pode ter nunca carácter retroactivo.
Para os delictos cometidos antes do 26 de maio de 1995 rexía o Código Penal do 1973, que permitía redimir as penas polo traballo ou polo estudo. Aos reos de múltiples delictos de asasinato ou violación, por exemplo, o límite efectivo de cumprimento da pena era de 30 anos. Mais o Tribunal Supremo definiu no 1994 que as redencións das penas por estudos ou traballos restaban dese límite de 30 anos, polo que os violadores ou asasinos que cometeran varios destes delictos restarían efectivamente tempo de prisión deses 30 anos.
No tempo do aznarato (2004) a chamada Audiencia Nacional (AN) mudou a regra con Henri Parot para atrasar a súa saída de prisión e decidiu que as redencións acadadas restarían de cadansúa pena individual, o que garantía case sempre que esta caste de delicuentes cumprirían 30 anos efectivos. O etarra recorreu e o Tribunal Supremo (TS) mudou a súa xurisprudencia confirmando a sentenza da AN. O Tribunal Constitucional (TC) rexeitaría no 2008 o recurso de Parot admitindo esta aplicación retroactiva das regras de execución das penas.
Mais no 2012 e 2013 as dúas instancias do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos decidiron en cadansúas sentenzas que a doutrina dos tres tribunais españois (AN, TAS e TC) era contraria ao devandito principio de irretroactividade na aplicación da lei penal, e xa que logo, que era inconstitucional. Isto determinou, como era previsíbel, unha enxurrada de liberdades de graves delincuentes en moi pouco tempo, o que xerou grande alarma social.
Velaí que esta alarma social fose da exclusiva responsabilidade, en último de contas, da docilidade a respecto do Goberno Aznar das Salas do Penal da AN e do TS e do propio TC no seu conxunto, ao pular por unha retroactividade penal inconstitucional e antidemocrática que veu ratificar, unha volta máis, a parcialidade dos Altos Tribunais españois.

A necesidade do referéndum catalán

A primeiros deste 2017 o xornal “La Vanguardia”, de liña editorial non independentista, publicaba unha enquisa que reflectía que o 76,6% dos cataláns querían decidir en referéndum a respecto da súa independencia ou continuidade no Estado, mentres as opcións a prol sobardaban en moi pouco ás negativas. Estes dados serían impensábeis hai once anos, cando se aprobaba pola cidadanía catalá o novo Estatuto.
O fito máis importante na modificación das actitudes a respecto da independencia foi a sentenza do Tribunal Constitucional de xuño de 2010, que, estimando o recurso do PP, declarou na práctica a inconstitucionalidade de case todos os avances en autogoberno contidos nese “nou Estatut”, malia que xa fora aprobado en referéndum e levaba plenamente vixente máis de catro anos. A labazada moveu centos de milleiros autonomistas e federalistas cara á opción independentista, ao considerar imposíbel un autogoberno digno de tal nome no seo do Estado español.
Hai un problema moi grave e os partidos unionistas non o asumen. Mais o problema só non se resolve, lonxe diso encónase, porque xera desafección cidadá en Catalunya, máis tamén unha enxurrada de anticatalanismo en Madrid e outros territorios españois.
Velaí que a única solución sería un pacto para poder levar adiante un referéndum. Pacto alicerzado no compromiso de que se respecte o decidido polos cataláns e que, no caso de sair o voto negativo non se repita esta consulta nun termo aproximado de dez ou quince anos, na liña da Lei de Clareza canadiana. A fórmula xurídica podería pasar por un referéndum consultivo, consonte co artigo 92 da Constitución, delegando o Estado ao abeiro do artigo 150.2 da Constitución na Generalitat a competencia para convocalo. O mandato catalán requiriría dunha ulterior reforma constitucional, de ser afirmativo. Unha reforma que habería pactarse previamente.
A historia europea recente amósanos que non se pode negar pacificamente o dereito a decidir. Eslovaquia, Chequia, Eslovenia, as tres repúblicas bálticas ou Irlanda son Estados membros da UE que non existían hai cen anos e moitas veces separáronse de Estados cos que seguen a partillar a Unión. As realidades mudan e o Dereito está para regular a convivencia. A convivencia, que ha ser aceptada e non imposta.

El juicio político a Mas alimenta la voluntad de millones de catalanes de decidir su futuro

Artur Mas, expresidente de la Generalitat de Catalunya, y dos de sus antiguas conselleras, se enfrentan a un juicio político desde un respaldo popular que este lunes ha sido protagonista internacional. El llamado procés gana densidad cuando se abre el tiempo crucial para su definición: el de la aprobación de la legislación transitoria que permita convocar un referéndum desde una legalidad catalana que se oponga a la legislación española. Sí, el previsto choque de trenes.
Este lunes se abrió ante el Tribunal Superior de Justicia catalán el juicio contra el antiguo President Artur Mas (2010-16), su antigua Vicepresidenta Joana Ortega y su antigua consellera (ministra) de Educación, Irene Rigau. Se les acusa de delitos de desobediencia al Tribunal Constitucional español y de prevaricación (es decir, adoptar una resolución ejecutiva groseramente contraria a la Ley siendo plenamente consciente de dicha ilegalidad) por los que se piden diez años de inhabilitación absoluta para cargos políticos a Artur Mas y nueve a cada una de sus antiguas colaboradoras.
Los independentistas llegaron al Tribunal respaldados por más de 40.000 manifestantes en lunes laborable, en el transcurso de un acto cuidadosamente planificado para causar positiva impresión en el resto del mundo. Objetivo que parece que ha sido cumplido, ya que muchos medios internacionales destacan en sus primeros análisis y, sobre todo, en sus testimonios gráficos la reactivación del llamado procés soberanista. Como dice a Mundiario un diputado independentista catalán en el Congreso de Madrid, “ninguna gasolina mejor para el procès que un juicio político.”

Una consulta no vinculante
Los hechos se remontan al domingo 9 de noviembre de 2014, cuando se celebró en Catalunya una consulta popular. La Constitución española reserva el derecho para celebrar plebiscitos vinculantes al Gobierno central, pero el Parlament catalán tiene competencias para convocar consultas no vinculantes, al amparo del Estatuto de Autonomía. Sin embargo, el acto ejecutivo de la Generalitat convocando una doble consulta no vinculante a la ciudadanía catalana (si querían que Catalunya fuese un Estado y, caso afirmativo, si querían que fuese un Estado independiente) fue suspendido por el Tribunal Constitucional el miércoles 4 de noviembre, cinco días antes de la consulta.
Artur Mas y los demás portavoces de aquel Gobierno catalán recuerdan que desde esa suspensión las Instituciones quedaron al margen y que las urnas de aquel domingo fueron gestionadas por ciudadanos voluntarios. Votaron sí a las dos preguntas más del 80% de los casi 2.350.000 ciudadanos participantes, sobre un censo electoral de 5,4 millones (43,5%, participación estimable para una consulta no vinculante que, además, había perdido su carácter oficial).

Responsabilidad penal harto dudosa
Aunque los medios madrileños coinciden en señalar que las conductas enjuiciadas resultan probadas y acreedoras de sentencia condenatoria, para un observador jurídico imparcial existen muy serias dudas jurídicas respecto de las conductas que se van a enjuiciar esta semana. La consulta catalana se celebró el domingo 9 de noviembre de 2014. Pero el 17 de noviembre la Junta de Fiscales de la Fiscalía Superior de Catalunya, por unanimidad de sus nueve miembros, acordaban no ejercitar acción penal alguna contra Mas y sus consellers. Por una parte, consideraban que ni Mas ni ninguno de sus consellers podrían haber cometido prevaricación, ya que la consulta no se había convocado mediante una resolución ejecutiva. Por otra parte, en cuanto a la desobediencia, entendían los fiscales catalanes que no se había dado al no habérsele notificado a órgano alguno de la Generalitat ningún requerimiento formal y expreso del Tribunal Constitucional imponiendo una conducta concreta en relación con la consulta del 9-N, apercibiendo de las consecuencias de su incumplimiento.
Ante esta firme actitud de la Fiscalía catalana fue el Fiscal General del Estado, Eduardo Torres Dulce, quien ordenó interponer desde Madrid la correspondiente querella criminal contra Artur Mas y sus colaboradores, a pesar de que había manifestado en principio que asumiría la opinión jurídica, en cuanto a dicha acción penal, acordada desde la Fiscalía Superior de Catalunya.
La estrategia de defensa de Artur Mas y de sus antiguas conselleras acentúa la idea de que la consulta no era oficial, ya que a su primigenio carácter consultivo y no vinculante se unió, desde la decisión del Tribunal Constitucional del 4 de noviembre, su carácter no oficial y su efectiva realización mediante voluntarios y no mediante recursos públicos. El relato de la inocuidad de la consulta fue promocionado por el propio Presidente del Gobierno central español, Mariano Rajoy, el cual manifestó el 12-N que la consulta “era un acto de propaganda”, al tiempo que se felicitaba porque “no había habido referéndum”. Sin duda un buen clavo para remachar esta línea de defensa de Artur Mas y sus conselleras. Por eso las defensas de los enjuiciados han pedido su testimonio, que ha sido rechazado por el Tribunal en una decisión probablemente inconstitucional que acentúa las dudas de muchos catalanes sobre la imparcialidad del Tribunal.

Gasolina para el procès
En cualquier caso, para millones de catalanes y para millones de observadores internacionales, los independentistas están siendo juzgados por intentar lo que quieren casi el 80% de los ciudadanos catalanes: poder decidir sobre su futuro. Ello quiere decir que este juicio constituye un significativo refuerzo para la moral del denominado procés, en parte dañada por la excesiva duración de dicho proceso.
Coincide el juicio con el pacto presupuestario entre las dos fuerzas electorales independentistas: la gubernamental Junts pel Sí (coalición formada por los centristas de la antigua Convergência -hoy PdeCat-, Esquerra Republicana de Catalunya -ERC- e independientes) y los antisistema de la Candidatura de Unitat Popular (CUP). Un pacto que garantiza la estabilidad del Govern y es antesala ante la aprobación en primavera de la llamada “Ley de transitoriedad jurídica”, aquella que permitirá convocar para el próximo septiembre referéndum vinculante y confrontar contra la legalidad española desde una legalidad catalana de transición.
La manifestación popular de hoy y el pacto presupuestario demuestran que la agenda hacia la legislación de transición y el referéndum tiene bases sólidas, con independencia de cual pueda ser la reacción del Gobierno central español.

Madrid irá al choque de trenes
Pero si el bloque independentista se rearma de razones éticas, jurídicas y políticas, el rechazo inmovilista del Gobierno central conservador (y de la actual dirección provisional socialista) a toda negociación real y a toda consulta ciudadana augura un choque de trenes. Madrid ha cancelado incluso su non nata predisposición mediática al diálogo con la Generalitat, manifestada urbi et orbe por la vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría y nunca trasladada al terreno de las propuestas concretas negro sobre blanco.
En el ámbito internacional los resultados obtenidos hasta ahora por el independentismo institucional catalán han sido modestos. Los Gobiernos de la UE no quieren oir de secesiones con el Brexit o Le Pen sobre la mesa. Pero la reciente conferencia del president Puigdemont ha demostrado el apoyo no sólo de los ecologistas y nacionalistas de la European Free Alliance, sino la comprensión de muchos diputados socialdemócratas, conservadores y liberal-demócratas, singularmente en las repúblicas bálticas y escandinavas, Flandes y otros pequeños países europeos.
Quiere esto decir que, en el contexto europeo, España no podrá tratar el llamado procés como una cuestión de orden público o de pura legalidad. La seducción de la democracia es de largo recorrido y el denominado procés catalán, con sus incoherencias y contradicciones, responde al principio democrático. Contra el argumento de querer decidir tu propio futuro hay muy pocas consideraciones políticas, éticas o jurídicas que Madrid pueda oponer en un horizonte sostenido de contraposición de ideas.

Europa como garantía do consumidor

A evolución da construción da Unión Europea nos últimos vinte anos foi substancialmente negativa. A primacía reitora dos Consellos Europeo e de Ministros (que representan aos Estados) fronte ao Parlamento Europeo ou á Comisión, que representan o interese común europeo determinou as políticas de austericidio no canto de enfrontar as políticas de crecemento que requiría a Depresión. Velaí o bloqueo do Plan Juncker, que planeou unha enxurrada de investimentos para dinamizar a economía europea e o emprego.
Mais o que tampouco pode negar ninguén é que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ten desenvolvido unha xurisprudencia que garantiu que Europa sexa unha comunidade de Dereito. Fronte ás sentenzas políticas ás que nos teñen afeitos os Tribunais Supremo e Constitucional españois o Tribunal europeo fía fino con sentenzas xurídicas que lle dan abeiro ao consumidor. Foi o Tribunal europeo o que lle deu unha reviravolta ao procedemento de execución hipotecaria español, permitindo oposicións por argumentos de fondo tradicionalmente vetadas no Dereito procesual español e impoñendo a todos os xuíces estatais o estudo de oficio de calquera cláusula abusiva nas execucións xudiciais. Foi tamén o Tribunal europeo o que declarou abusivos os avais solidarios prestados por persoas físicas que non fosen socios ou administradores das entidades avaladas (mais si, seguramente, os cónxuxes ou ascendentes daqueles).
Os efectos da sentenza do TXUE do 21 de nadal sobardan con moito a anulación da doutrina de patacón do Tribunal Supremo español que limitaba os efectos da nulidade das cláusulas de chan ao 9 de maio de 2013. O que agora dí o Alto Tribunal da UE é que calquera cláusula contractual abusiva ou calquera actuación administrativa ou empresarial que vulnere os dereitos do consumidor han ser eliminadas do mundo xurídico dende o minuto cero, de xeito que ao consumidor se lle restableza na situación da que gozaría se esas cláusulas ou actuacións non tivesen existido.
A aplicación do Dereito nos Altos Tribunais españois está inzada de parcialidades e partidismos. No TXUE rexen os criterios xurídicos e a protección dos dereitos dos consumidores. Europa, desta volta, é unha garantía.

Os límites da política institucional

O grande Jabois vén de entrevistar ao alcalde compostelán, Martiño Noriega, quen se amosou moi dubidoso a respecto de se o cambio social pode vir pola vía institucional. Velaí un tema fulcral, que latexa sempre nos procesos de cambio e que adoita ficar á marxe das reflexións dos seus actores políticos. Dicía Anxo Quintana no 2006: “chegamos ao Goberno, non chegamos ao Poder”, e esa análise non mereceu reflexións ulteriores nin na súa propia forza política. É posíbel o cambio real dende a política institucional?
As Institucións viron bastante restrinxidas as súas marxes de manobra nos últimos anos. Velaí o caso dos concellos. Coas reformas á gobernanza local impostas manu militari pola maioría absoluta de Rajoy, resúltalle moi difícil a calquera goberno local remunicipalizar un servizo público ou medrar en persoal. É dicir, resúltalle moi difícil rachar o círculo vicioso da privatización dos servizos públicos e da redución salarial ao persoal que posibilita eses servizos. Os gobernos locais progresistas resultan obrigados a xestionar con moi poucos recursos e son medidos polos parámetros da eficiencia propios das forzas conservadoras e opostas ao cambio. Os gobernos progresistas son os primeiros que han xestionar a xeito, porque se non o fan van perder o apoio, en primeiro lugar, dos sectores máis afectos ao cambio. Mais non sería xusto deixar de sinalar o paradoxo de xestionar a pobreza de recursos dacordo cun marco lexislativo imposto precisamente para evitar unha gobernanza local tendente á mellora dos servizos públicos.
No nível autonómico son patentes tamén estas limitacións. A recente morte dunha persoa en Reus (Catalunya) por mor dun lume causado polas velas que tiña que usar para se iluminar logo de sofrir o corte da luz por falla de pagamento, fixo lembrar como o Tribunal Constitucional impediu a aplicación da lexislación catalá sobre pobreza enerxética. Outro brutal paradoxo que limita substancialmente o autogoberno como solución aos problemas vitais da xente.
Un programa de cambio non pode alicerzarse só no institucional. As súas bases sociais haberían entender as limitacións da política institucional para evitar as tan comúns decepcións cos gobernos do cambio. E os seus líderes manter sempre viva a relación coa sociedade civil para evitar ese illamento tan común nos actores políticos do cambio.

El bloqueo institucional y el probable nuevo referéndum en Escocia dan alas a los independentistas

Los indepes catalanes consideran que el eventual nuevo referéndum escocés y la situación de interinidad española abre nuevas posibilidades para hacer avanzar el procès. Por primera vez el Parlament asume específicamente el riesgo jurídico de desacatar conscientemente los mandatos del Tribunal Constitucional.
La aprobación por el Parlament catalán -con la mayoría absoluta de los grupos indepes CUP y Junts pel Sí- de las conclusiones de la Comisión parlamentaria sobre el proceso constituyente no es ninguna novedad en sí misma. Si bien se contempla la posibilidad de la proclamación de la independencia por la vía unilateral, no es la primera vez que se plantea esta solución, teniendo en cuenta el absoluto inmovilismo del Gobierno del Estado a lo largo de estos cuatro años. La diferencia es que es la primera vez que el Parlament catalán aprueba una resolución a sabiendas que vulnera el mandato del Tribunal Constitucional. La presidenta del Parlament, Carme Forcadell, recordó a los portavoces de ambos grupos indepes si eran conscientes de las eventuales consecuencias legales de su petición de votación de esas conclusiones. Y dichos portavoces las asumieron, como también los 72 diputados que las votaron.
Estamos pues, ante un salto cualitativo: el Parlament se considera soberano y aplica su resolución del 9 de noviembre de 2015, desconociendo toda autoridad del Tribunal Constitucional (que la anuló en su día), a sabiendas de que la represión del Gobierno del Estado será una realidad, como ya anunció la vicepresidenta Sáenz de Santamaría. La mayoría absoluta indepe asume las consecuencias de sus actos y rompe de modo pacífico con la legalidad española.
Al tiempo, se conoce una encuesta que, por primera vez desde primeros de 2015, otorga a los partidarios de la independencia la mayoría (47 vs 43%). El president Puigdemont, usualmente muy moderado en sus expresiones, dijo estos días en la Escola de Estiu de las juventudes de su partido, el PDC (la Joventut Nacionalista de Catalunya) que ni el Govern ni el Parlament esperaban ya por ningún gesto o paso desde Madrid. Se da por sentado que Madrid no moverá ficha, salvo para reprimir judicialmente el independentismo.

Viento en las velas: el Brexit y la incapacidad de formar Gobierno
Por otra parte, la decisión de la ciudadanía británica de romper con la Unión Europea ayuda a los planes independentistas, al poner otra vez bajo el foco el derecho a decidir de Escocia. La first minister escocesa, Nicola Stugeon, ha reiterado que la decisión del pueblo escocés ha sido inequívoca al apoyar con un 62% la permanencia en la Unión Europea, expresando la alta probabilidad de que se convoque un nuevo referéndum de independencia para evitar la salida de Escocia de la UE. Un referéndum que podría no ser autorizado por el Gobierno británico de Whitehall, si bien sectores próximos a la directiva del SNP, el partido nacional que gobierna en Escocia, no descartan que en su día se pudiera convocar este referéndum aún sin el plácet de Londres.
Puigdemont y su vicepresidente, Oriol Junqueras (ERC) valroran muy positivamente esta ventana de oportunidad abierta en Escocia. Mientras, confían en que la CUP apoye la moción de confianza a la que se someterá el president en septiembre y son plenamente conscientes que la interinidad en la investidura del futuro presidente del Gobierno del Estado contribuye a impulsar el procès, que parece ganar apoyos en el electorado de En Comù Podem.

Un referéndum de independencia
Otros políticos y comunicadores próximos al independentismo consideran que el procès puede sufrir de más con esta sucesión de gestos, teniendo en cuenta que el Estado, aunque debilitado, conserva una gran potencia de medios y mantiene una inestable complicidad de las instituciones europeas. Estos sectores consideran que el Parlament debería convocar a primeros de 2017 un referéndum , aún a sabiendas de su ulterior prohibición por los Tribunales españoles.
Una decisión clara a favor de la independencia en un eventual referéndum, aunque no se valide por Madrid, sería una tarjeta de visita muy poco cuestionable no sólo respecto de varios Estados de la Unión Europea (diversas instituciones danesas o de las repúblicas bálticas ya han mostrado su comprensión con el procès catalán), sino ante los propios EE UU.

La reacción de Madrid: represión y falta de diálogo
Mientras, en Madrid las reacciones unánimes entre los partidos unionistas y los medios de comunicación piden mano dura, sin darse cuenta que la represión desconectará más aún Catalunya del Estado español. Algunos de los editoriales parecen olvidar que el Parlament fue elegido democráticamente y que el procès ha intentado por todos los medios desarrollarse dentro de la Ley hasta que ha sido imposible, si bien aún en esta circunstancia se ha mantenido dentro de cauces pacíficos y democráticos. Los indepes cuentan con un sólido apoyo en la mitad de la población catalana. En este sentido, una eventual condena a Homs, Mas ou Forcadell incrementaría aún más la fuerza del independentismo.

Non ás taxas xudiciais

A sentenza do Tribunal Constitucional (TC) anulando, por inconstitucionais, as taxas xudiciais (agás as cotas fixas por demandas civís superiores a 2.000 €, que non foron impugnadas polos deputados socialistas recorrentes) pecha un longo ciclo de argumentacións xurídicas, sociais e políticas e mobilizacións sociais contra o desaquelado, inxusto e desproporcionado tributo que gravaba o acceso á xustiza introducido ás bravas pola maioría absoluta parlamentaria do PP en novembro de 2012. Un longo ciclo no que cómpre salientar a unidade amosada pola avogacía galega, que contribuiu tamén a botar abaixo o proxecto de Gallardón que suprimía a pranta xudicial das nosas vilas cabeceiras de partido xudicial a prol das capitais de provincia.
O obxectivo que o PP perseguía coas taxas xudiciais non era, como se dixo mentireiramente, o financiamento da xustiza gratuíta. Tratábase de limitar o acceso á xustiza dos consumidores e pequenas e medianas empresas, nomeadamente en dous ámbitos: os contenciosos contra as Administracións Públicas, garantindo a inmunidade de centos de milleiros de multas e actuacións públicas arbitrarias e as reclamacións civís contra Bancos e grandes empresas por abusos. De camiño penalizábase o desenvolvemento profesional dos pequenos e medianos gabinetes de avogados, pois que as taxas ou ben impedían o acceso á xustiza ou ben minguaban os seus xa axustados honorarios profesionais.
O ministro Catalá suprimiu as taxas para persoas físicas en febreiro do 2015, coa finalidade de maquillar en ano electoral a moi lesiva xestión do PP a respecto das clases medias. Mais non se acordou a devolución das taxas aboadas, como agora tampouco se acorda na sentenza do TC. Do mesmo xeito que fixo o Tribunal Supremo nas sentenzas que negaron efectos antes de maio do 2013 a respecto da nulidade das cláusulas solo, o TC só exonera das taxas de hoxe en diante. Considera, pois, o xa pago como ben pago, disque porque o que a pagou finalmente puido acceder á xustiza e non se viu frustrado pola taxa.
A teoría xurídica do TC é teoría de a patacón en estado puro, que vén demostrar outravolta a grande influencia do Goberno do Estado na axenda e alcance das decisións dos Tribunais Supremo e Constitucional.